Baia de Fundy
|
---|
Bay of Fundy - Baie de Fundy
|
|
Localizacion administrativa
|
---|
Estado
| Canada
Estados Unidos
|
---|
Subdivision
| Baia de Chignecto
e
enseada de Minas
|
---|
Localizacion xeografica
|
---|
Oceano / Mar
| Golfo de Maine
(
Atlantico
)
|
---|
Continente
| America
|
---|
Illa/s
| Grand Manan
,
Campobello
, Moose, Deer, Brier, Long Island, Haute e Cinco Islas
|
---|
Xeografia
|
---|
Afluentes
| Saint John
(673 km), Annapolis (120 km), Petitcodiac (129 km), Magaguadavic (130 km) e
Sainte-Croix
(102 km)
|
---|
Accidentes
|
---|
Golfos e baias
| Enseadas de Cumberland e de Annapolis; baias de Shepody, Cobequid, Passamaquoddy, Back e Cobscook.
|
---|
Cabos
| Cabo de Chignecto
|
---|
Caracteristicas
|
---|
Lonxitude maxima
| 270 km.
|
---|
Anchura maxima
| 80 km.
|
---|
Profundiade maxima
| 150 m.
|
---|
Profundidade media
| 50 m.
|
---|
Mapa
|
---|
Baia de Fundy
|
Posicion da baia de Fundy o leste do Canada.
|
|
A
baia de Fundy
e un brazo de mar situado sobre a costa
atlantica
do
Canada
, no extremo norte do
golfo de Maine
, entre as
provincias canadenses
de
Novo Brunswick
e
Nova Escocia
. Ten 270 km de lonxitude e unha media de 80 km de anchura.
O
toponimo
≪Fundy≫ data do
seculo XVI
, cando os
portugueses
a denominaban baia ≪
Rio Fondo
≫ (rio profundo). Este nome poderia vir tamen, mais probablemente, dunha mala traducion (Fundy Bay) da expresion francesa ≪
fond da Baie
≫, porque esta baia foi tamen chamada
Baie francaise
polo explorador e cartografo
Samuel de Champlain
durante a expedicion de
1604
, conducida por
Pierre Dugua
, e a finais do
seculo XVII
a colonia francesa estendiase ao ≪fond da Baie francaise≫, ata
≪a Grand'Pree≫
(sic), debido en
Grand-Pre
, preto do actual Truro (Nova Escocia).
A baia de Fundy ten a forma dun funil de 80 km de anchura na entrada e termina en duas prolongacions estreitas: a baia de Chignectou e a enseada de Minas (nome que proven do frances
bassin des Mines
que lle puxeron os
acadianos
).
[
1
]
[
2
]
Estas ultimas se subdividen en:
- Baia de Chignecto : enseada de Cumberland e baia de Shepody.
- Enseada de Minas : remata na baia de Cobequid.
A parte oeste ten catro sub-baias importantes, que son:
A baia de Fundy e relativamente pouco profunda pero o seu fondo irregular, en xeral de 50 m de profundidade, ten algunhas canles de 150 m de profundidade.
[
1
]
[
2
]
Atopanse baixios, arrecifes e illotes, particularmente na sua embocadura. A baia e o resultado dun afundimento da cortiza terrestre no momento da abertura do oceano Atlantico, hai mais de 160 millons de anos; mais tarde, as glaciacions e a erosion modificaron a sua forma. A beira e rochosa e pouco elevada en xeral, pero con alguns escarpados de 200 m de altura. Pantanos salgados e batintes de ata cinco quilometros de anchura son comuns no fondo da baia onde os lodos de
arxila
vermella son moi produtivos bioloxicamente.
A baia de Fundy e conecida mundialmente polas suas grandes
mareas
(ata 21 metros), segundo algunhas fontes as mais altas do mundo. Unha lenda
micmac
di que as mareas da baia de Fundy estan causadas por unha balea xigante que axita a auga. Os
oceanografos
explican mais cientificamente que o periodo que toma a ondada para ir dun extremo a outro da baia e o tempo entre duas mareas altas (12,4 horas) e similar. Estes dous fenomenos entran pois en resonancia e amplian a diferenza entre a marea alta e a marea baixa. Ademais, como a baia estreitase gradualmente entre a sua entrada e as estreitas baias de Chignecto e de Minas, o volume de auga vese pois forzado a cambiar de configuracion aumentando a sua altura para compensar a diminucion da anchura.
[
1
]
[
3
]
A enseada de Minas e famosa por ter as mareas mais altas do mundo, pero alguns sostenen que e a conca do
riviere aux Feuilles
(rio das Follas) na baia de Ungava do
Nord-du-Quebec
a que recibe esta marca. O Servizo Hidrografico do Canada concluiu finalmente que as duas eran estatisticamente iguais. En efecto, a media e de 16,8 m en Burntcoat Head, Nova Escocia e 17 m na enseada de Leaf. A marca da marea mais grande e de 21,6 m, do 4 ao 5 de outubro de
1869
, no momento do paso dun
furacan
, chamado “Saxby Gale”,
[
4
]
ao noroeste da baia de Fundy. Os ventos e unha marea excepcional combinaronse. Con todo, como a enseada de Leaf esta nunha rexion afastada, as estatisticas ali son recentes e pouco proporcionadas.
Estas mareas e as fortes correntes na baia xeran en certos lugares menos profundos os ascensos da auga das profundidades. Toda esta mestura permite a baia permanecer libre de xeo ao longo do ano, ainda que a temperatura da auga nunca suba a mais de 10 °C en veran e que en inverno a nieve cae en gran cantidade.
Varios proxectos de
centrais electricas
alimentadas por
enerxia maremotriz
foron propostos no curso das ultimas decadas. Construiriase un
encoro
a traves dunha das enseadas da baia, deixando pasar o fluxo e que reteria o refluxo para desvialo cara a unhas
turbinas
. Xa existe unha central en Annapolis Royal (Nova Escocia) na desembocadura do rio Annapolis. Produce 18
megavatios
de potencia e serve como proxecto piloto para observar os impactos ambientais, entre os que esta a erosion das beiras, o enareamento do rio, a retencion de metais pesados e de praguicidas polo encoro, o bloqueo imposto a fauna (como as baleas) e os efectos sobre a flora que crece na zona intermarea.
Ata de agora, a construcion de centrais mais grandes que esixirian pechar anchas baias non chegou a bo termo por mor dos problemas atopados en Annapolis Royal, asi como polos efectos descubertos sobre o aumento probable das mareas (0,2 ? 1 m) debido a esta restricion de fluxos, o que poderia causar inundacions ata sobre a costa de
Maine
.
Outros proxectos pretenden instalar
aquanators
, unha sorte de helices marinas, version acuatica dos
aeroxeradores
. Tratase dun tubo mergullado no cal atopanse seccions de turbinas que son movidas pola corrente. Estes tubos de xeradores estarian colocados en lugares onde o fluxo e acelerado por un estreitamento e non prexudicarian a circulacion xeral.
Das illas e illotes que se atopan na baia de Fundy, a mais grande e a de Grand Manan na fronteira entre Novo Brunswick e Maine. Tamen podemos mencionar a illa Campobello onde
Franklin Delano Roosevelt
tina unha residencia de veran, a illa Moose e a illa Deer na baia de Passamaquoddy na costa norte. No sur, atopamos a illa Brier e Long Island. No fondo da baia, podemos ver na baia de Chignecto a illa Haute e, na enseada de Minas, as moi pintorescas Cinco Illas. En Hopewell, na baia de Chignecto, atopamos as rochas de Hopewell con marea baixa que se converten en illotes con marea alta. E un lugar moi apreciado polos turistas e desde onde poden ver moi ben a variacion das augas.
A baia recibe varios rios, dos que o mais importante e o rio Saint John. Os rios que afluen na baia son:
Desde
Novo Brunswick
|
Desde
Nova Escocia
|
- Rio Magaguadavic
- Rio Memramcook
- Rio Petitcodiac
- Rio Saint John
- Rio St. Croix
- Rio Shepody
- Rio Tantramar
|
- Rio Annapolis
- Rio Avon
- Rio Cornwallis
- Rio Farrell
- Rio Salmon
- Rio Shubenacadie
|
As fortes mareas da baia de Fundy causan un fenomeno interesante na maioria destes rios: un investimento do fluxo das augas entre as mareas baixas e altas. Con marea baixa as augas doces dos rios desembocan na baia mentres que con marea alta, as augas salgadas da baia invaden o interior das terras. Este fenomeno e particularmente espectacular no centro da cidade de
Saint John
onde as caidas a desembocadura do rio son colmadas polo fluxo que chega da baia. Isto permite a navegacion pola parte superior este obstaculo con marea alta.
Esta caida dos fluxos e unha pendente bastante debil xeran zonas anchas e cenagosas en toda a zona intermarea sobre os rios do leste da baia. Isto resulta moi favorable para unha gran diversidade bioloxica, pero os fai a miudo impracticables para a navegacion. Outro fenomeno relacionado con estas duas condicions e o caso do
macareu
sobre alguns destes rios. Tratase dunha onda que rompe cara ao interior das terras diante da marea alta. Isto e causado pola auga que ven da baia e que debe meterse nun rio estreito e pouco profundo.
Volvemos a atopar macareus sobre o rio Shubenacadie en Truro (Nova Escocia), sobre o rio Salmon preto da mesma cidade, asi como sobre os rios Petitcodiac en Moncton e Avon preto de Windsor. Este fenomeno atrae a moitos visitantes e ata podemos facer
rafting
sobre as ondas a partir do pobo de Maitland. Con todo, a construcion de pontes-diques nos anos 1960-1970 afectou considerablemente os macareus nos dous ultimos lugares acelerando a acumulacion de area.
Atopamos na baia mais de 800 especies de
invertebrados
,
[
2
]
unha gran variedade de peixes entre os que estan o
bacallau comun
, o
arenque
, a
platixa
, a
pescada
vermella, a pescada prateada, o
fogoneiro
, o
escarapote
, a
xarda
, o burro (
melanogrammus aeglefinus
), o
fletan
,
raias
e
quenllas
. A produtividade da rexion e excepcionalmente elevada, particularmente a entrada da baia. Alberga pois un abundante ecosistema marino, o
krill
, presente en gran cantidade nestas augas frias, tamen atrae
baleas
de especies diversas e outros
cetaceos
. De xuno a outubro, producense concentracions importantes de
toninas
comuns,
[
5
]
rorcuales comuns
, rorcuales enanos, baleas chepudas e de rorcuales boreais aparecen na baia. A baia externa e utilizada como area de desenvolvemento pola balea franca glacial, unha especie en vias de desaparicion; podemos ver ali a maioria das veces parellas nai-baleato e inmaturas. As
focas
comuns residen na rexion e atopanse por todas partes.
A rexion e de grande importancia como escala migratoria para millons de aves,
[
2
]
pero tamen como area de descanso e de invernada para varias especies:
gaivotas
, carrans,
corvos marinos
,
arao romeiro
,
araos de as brancas
,
araos comuns
e de
patos
de mar. Atopanse tamen mais de 34 especies de aves ribeiregas no outono; as concentracions mais grandes (que poden alcanzar 1,5 millons de individuos) atopanse nos extremos rochosos do fondo da baia. A rexion reviste unha importancia particular para o
Pilro semipalmado
,
[
6
]
xa que entre o 42 e o 74 por cento da poboacion mundial fai escala aqui cada ano.
O porto de Saint John (Novo Brunswick)) e un dos de mais trafico en
America do Norte
, especializado nas principais industrias de Novo Brunswick:
madeira
e
pasta de celulosa
. Tamen esta ali a
refinaria
mais grande do Canada, a Irving Oil. Por outra banda a familia Irving, a mais influente da provincia e unha das mais ricas no pais, ten ali o seu cuartel xeral.
Outros portos de importancia son:
- Hantsport (Nova Escocia), sobre o rio Avon, grazas a sua fabrica de pasta e papel e a exportacion de
xeso
a granel.
- Bayside (Novo Brunswick)
- Eastport (Maine)
Hai varios servizos de
transbordadores
, dos que un atravesa a baia desde Saint John cara a Digby (Nova Escocia) (operado por
Bay Ferries Limited
) e varios entre o continente e as illas:
- Illa Grand Manan cara a Blacks Harbour e cara a White Head Island (Novo Brunswick) (por
Coastal Transport Limited
)
- Illa Deer cara a Letete (polo departamento de transportes de Novo Brunswick)
- Illa Campobello cara a illa Deer e Eastport (Maine) cara a illa Deer (por
East Coast Ferries Limited
)
- Westport (Nova Escocia) (illa Brier) cara a Freeport (Nova Escocia) (illa de Long Island) e Tiverton (Nova Escocia) (Long Island) cara a East Ferry (Nova Escocia) (polo departamento de transportes e obras publicas de Nova Escocia)
Todo este trafico maritimo de transbordadores, buques de carga e flotillas de pesca en varios pequenos portos fan da baia un lugar moi frecuentado. As colisions coas baleas, particularmente as baleas negras (ou baleas francas) estan en aumento. En 2003, a Garda costeira canadense redefiniu as vias maritimas na baia de Fundy tratando de evitar as zonas onde se atopan estes mamiferos que estan na lista de especies ameazadas.
- ↑
1,0
1,1
1,2
"Marees geantes de la Baie de Fundy"
. Hopewell Rock. 6 de agosto de 2007. Arquivado dende
o orixinal
o 13/05/2008
. Consultado o 20/03/2008
.
(en frances)
- ↑
2,0
2,1
2,2
2,3
"Le Plan de reseau des aires marines nationales de conservation du Canada: Baie de Fundy"
.
Aires marines nationales de conservation du Canada
.
Parcs Canada
. 11 de novembro de 2006. Arquivado dende
o orixinal
o 18/01/2012
. Consultado o 20/03/2008
.
(en frances)
- ↑
Parcs national du Canada Fundy (26 de xaneiro de 2007).
"Les marees geantes de la baie de Fundy"
.
Parcs Canada
. Arquivado dende
o orixinal
o 27/09/2005
. Consultado o 20/03/2008
.
(en frances)
- ↑
Alan Ruffman (1999).
A Multi-disciplinary and Inter-scientific Study of The Saxby Gale: an October 4-5 1869 hybrid hurricane and record storm surge
.
CMOS Bulletin (Societe canadienne de meteorologie et d'oceanographie), volume 27, numero 3
. pp. 67?75.
(en ingles)
- ↑
Baie de Fundy, site de Parc Canada (2006)
Arquivado
17 de febreiro de 2005 en
Wayback Machine
. (en frances)
- ↑
Fiches d'informations sur les Oiseaux : Le becasseau semipalme
Arquivado
27 de maio de 2020 en
Wayback Machine
. par
Flore et Faune du pays
(en frances)