Wikipedia : Como escribir un bo artigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A concepcion, creacion e desenvolvemento dun bo artigo pode resultar nunha actividade gratamente satisfactoria se finalmente pasa a ser dos mellores da Wikipedia . Ainda asi, con todo, para que un artigo atinxa este nivel e necesario moito traballo. Algunhas pautas e ideas moi sinxelas poden axudar a volver mais doada a escrita dun artigo de calidade.

Se valente [ editar a fonte ]

Artigo principal : Wikipedia:Edita con afouteza .

Queremos que os novos usuarios escriban artigos. E non te preocupes dos erros; podense corrixir! Ainda que non esteas seguro do que vas facer, adiante, faino. Busca un tema que che guste, do que saibas, e escribe un artigo sobre el ou completa a informacion que xa habia.

Realiza unha procura para descubrir os artigos relacionados que xa existen. Fai pescudas adicionais noutras wikipedias ou en motores de busca como o Google. As enciclopedias tradicionais tamen son un bo xeito de sacar unha idea sobre aqueles puntos nos que o artigo se debe centrar.

Os bos artigos deben ser verificables mediante fontes fiables , como libros ou artigos de publicacions, que acrediten a certeza do que di. As bibliotecas estan inzadas de fontes de onde tirar toda esta informacion.

A credibilidade dos artigos da Wikipedia reside na cita destas fontes. Pola contra, aqueles artigos que non conten con fontes fiables estan suxeitos a seren borrados. Se outros wikipedistas cren que aquilo que fixeches non cumpre coas nosas politicas, os textos seran modificados ou mesmo retirados.

O wiki formao unha comunidade de galipedistas, dispostos arranxar e mellorar artigos, asi que non tenas medo de contribuir na Galipedia!

Escribe, dalle ao teclado...! [ editar a fonte ]

O artigo debe comezar cunha breve introducion, acorde coa extension do artigo, que describa de xeito claro o tema, referindo os puntos mais importantes a tratar mais adiante. O lector debe construir unha idea sobre o asunto e mais o contido sen ler mais que a introducion. Compre ter en mente que ainda que o editor estea familiarizado co que trata o artigo, os demais lectores da Wikipedia poden non o estar, e polo tanto e importante clarificar o contexto.

E boa idea separar en seccions os distintos apartados do artigo. Con isto conseguese unha mellor estrutura de modo que a informacion se poida atopar mais rapidamente. E intente non cometer erros gramaticais nin erros ortograficos; a Wikipedia non ten corrector, pero existen moitos na rede que che han servir para depurar o texto antes de pegalo na caixa de edicion.

Ao final do artigo deben aparecer as referencias utilizadas, e ao longo do mesmo debe haber citas nas afirmacions feitas, especialmente naquelas que carrexen controversia ou susciten dubidas.

...mais evita [ editar a fonte ]

Paxinas de autopromocion
Artigos sobre ti mesmo. Se es merecedor dunha mencion na enciclopedia, deixa que outra persoa o faga por ti. Escribir sobre os teus amigos na enciclopedia pode parecer unha simpatica sorpresa ou unha broma graciosa, pero eses artigos moi posiblemente seran borrados de inmediato . Por favor, evita iso para non ferir os sentimentos de ninguen.
Publicidade
Non promociones o teu produto ou empresa. Non insiras ligazons externas cara a paxina web da tua empresa a non ser que de verdade mereza estar no artigo. Existen artigos sobre produtos ou grandes empresas como Intel , pero se escribes sobre un produto ou empresa, asegurate de escribilo desde un punto de vista neutral .
Ensaios persoais ou investigacion orixinal
Na Wikipedia escribese sobre conecemento humano existente ; este non e un lugar para publicar novos traballos. Non escribas artigos onde se presenten as tuas teorias orixinais, opinions ou pensamentos que non poidan ser contrastados por fontes acreditadas.
Artigos redundantes
Antes de crear un artigo, e unha boa idea buscar un artigo xa existente sobre o mesmo tema. Algunhas veces un artigo simplemente ten un nome diferente do que pensabas. Tamen ten en conte que o artigo que queres escribir pode ser parte dun artigo mais xeral (por exemplo, se queres escribir sobre o Triangulo equilatero deberias buscalo primeiro en Triangulo ). Se o artigo xa existe, encontralo aforrara un dobre esforzo, o que che permitira dirixir a tua enerxia a expandir o artigo existente ainda mais. Podes axudar aos editores e lectores xerando redireccions desde o artigo que querias escribir ata o artigo que encontraches se son sinonimos ou falan do mesmo, por exemplo.
Paxinas con contidos minimos
Os artigos da Wikipedia necesitan mais ca unha soa lina de texto ou non ser so unha referencia a outro sitio. Rexeita os que son so definicions. Intenta ampliar os contidos que achegas canto poidas de acordo coa relevancia do artigo. As paxinas curtas de mais seran borradas. Trata de escribir un bo paragrafo sobre un tema que diga algo. Os bos esbozos de artigos son benvidos, xa que serven como base para escribir bos artigos. Mais se non tes suficiente material para iniciar un bo bosquexo, probablemente non deberias crealo. As definicions de dicionario pertencen a outro proxecto, o Galizionario .

...e ten coidado con [ editar a fonte ]

Copiar cousas
Non violes os dereitos de autor ! Para estares seguro, non copies mais dunha oracion dun mesmo lugar, e sempre dandolle unha nova formulacion. Por suposto, lembra documentar calquera referencia que empregues. Esta permitido copiar material que se encontre no dominio publico , pero ainda asi compre referenciar este material no dominio publico. Decatate de que a gran maioria das paxinas que hai na internet non estan no dominio publico; de feito, a maioria dos textos escritos desde 1976 estan automaticamente baixo dereitos de autor mesmo cando non tenan unha nota sobre dereitos de autor ou un sinal que o indique.
Material polemico
Non escribas artigos que tenan un punto de vista en particular sobre politica, relixion ou calquera outra cousa. Comprende o que queremos dicir con punto de vista neutral antes de empezar a escribir sobre un tema. Achega por igual todas as perspectivas sen apoiar ningunha, outorgando mais relevancia a aqueles aspectos que o merezan.

Vexase tamen [ editar a fonte ]

Outros artigos [ editar a fonte ]


Frecha. Volver a paxina de axuda .