The Hours (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Hours
Ficha tecnica
Titulo orixinal The Hours
Director Stephen Daldry
Produtor Scott Rudin
Robert Fox
Guion David Hare
Interpretes Meryl Streep
Julianne Moore
Nicole Kidman
Ed Harris
Miranda Richardson
Musica Philip Glass
Fotografia Seamus McGarvey
Montaxe Peter Boyle
Estrea 2002
Duracion 114 minutos
Orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Xenero Drama
Orzamento $25,000,000
Na rede
http://www.miramax.com/movie/the-hours
IMDB: tt0274558 Filmaffinity: 530432 Allocine: 29157 Rottentomatoes: m/hours Mojo: hours Allmovie: v272631 TCM: 439834 Metacritic: movie/the-hours TV.com: movies/the-hours Netlix: 60025007Editar o valor em Wikidata

The Hours e un filme baseada na novela de Michael Cunningham , a cal leva o mesmo nome. Tratase dunha pelicula independente , de baixo orzamento e ganadora do Oscar a mellor actriz por Nicole Kidman no ano 2003 que trata sobre tres mulleres en diferentes tempos e xeracions, cuxas vidas son interconectadas coa novela de Virginia Woolf Mrs. Dalloway . Toda a pelicula sucede o longo dun mesmo dia, que cambiara as vidas das tres coprotagonistas.

Sinopse [ editar | editar a fonte ]

The Hours e a historia de tres mulleres de diferentes epocas e lugares unidas polos seus anhelos e temores. Virginia Woolf (Nicole Kidman) vive nun suburbio londiniense a principios dos anos 20, onde loita contra a demencia mentres empeza a escribir a sua novela Mrs. Dalloway .

Laura Brown ( Julianne Moore ), e unha esposa e nai dos Anxeles de finais da segunda guerra mundial que lendo Mrs. Dalloway empeza a considerar a posibilidade de dar un cambio a sua vida. Clarissa Vaughan ( Meryl Streep ) e unha "senora Dalloway" do seculo XXI , vive en Nova York e esta namorada do seu amigo Richard ( Ed Harris ), que esta morrendo de SIDA , a pesar de manter unha relacion lesbica con Sally ( Allison Janney ). Finalmente, as historias das tres mulleres entrelazanse e atopanse nun sorprendente momento de reconecemento compartido.

Enfoca o lesbianismo e o seu impacto social en tres epocas diferentes da historia. Para Virginia Woolf ter inclinacion homosexual era algo impensable e horrendo; para Laura, ama de casa e seguidora fiel dos canons sociais da etapa da posguerra, foi unha decision dificil aceptar que era lesbiana, pero non se escandaliza cando a sua amiga llo fai saber; e xa na epoca de Clarissa, o lesbianismo e algo normal e esta muller convive coa sua parella sen chamarlle a atencion a ninguen.

Nicole Kidman interpreta a Virginia Woolf.

Premios [ editar | editar a fonte ]

Oscar 2002 [ editar | editar a fonte ]

Categoria Persoa Resultado
Mellor pelicula Candidato
Mellor director Stephen Daldry Candidato
Mellor guion adaptado David Hare Candidato
Mellor actriz Nicole Kidman Ganadora
Mellor actor secundario Ed Harris Candidato
Mellor actriz secundaria Julianne Moore Candidata
Mellor vestiario Ann Roth Candidata
Mellor montaxe Peter Boyle Candidato
Mellor banda sonora Philip Glass Candidato