Seibu Dome

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas : 35°46′07″N 139°25′14″L  /  35.7685, 139.4205

MetLife Dome
Datos
Localizacion Tokorozawa , Xapon
Nomes antigos Estadio Seibu Lions (1979?1997)
Seibu Dome (1998?2004)
Invoice Seibu Dome (2005?2006)
Goodwill Dome (2007)
Seibu Dome (2008?2015)
Seibu Prince Dome (2015?2017)
Construcion
Construcion 1 de xullo de 1978
Inauguracion 14 de abril de 1979
Renovacion 2007?2008
Ampliacion 1997?1999 (construcion do teito)
Arquitecto Yoshiro Ikehara (estadio)
Corporacion Kajima (teito)
Estadio
Superficie Cespede artificial
Dimensions Left Field ? 100 m (328,1 ft)
Center Field ? 122 m (400,3 ft)
Right Field ? 100 m (328,1 ft)
Capacidade 33.556 espectadores
Propietario Ferrocarris Seibu
Operaradora Seibu Lions
Localia Saitama Seibu Lions (1979? )

O Seibu Dome ( 西武ド?ム Seibu D?mu ? ) , conecido por motivos de patrocinio como MetLife Dome ( メットライフド?ム Mettoraifu D?mu ? ) , e un estadio de beisbol situado en Tokorozawa , Saitama ( Xapon ). Inaugurado o 14 de abril de 1979 , foi erixido como campo local dos Saitama Seibu Lions da Liga do Pacifico da Liga Xaponesa de Beisbol Profesional ( NPB ). O estadio esta cuberto por unha cupula ao igual que outros moitos estadios do Xapon , mais dispon dunha separacion entre a mesma e as bancadas para que o aire circule polo recinto. Isto fai posibel que os home runs poidan sair do estadio, algo que non se pode nos estadios totalmente cubertos. E, xunto o T-Mobile Park de Seattle , Washington ( Estados Unidos ), o unico estadio de beisbol do mundo con esa caracteristica. [ 1 ]

Historia [ editar | editar a fonte ]

O estadio, comezado a construir en 1978 , foi inaugurado o 14 de abril de 1979 , sen o teito e co nome de Estadio dos Seibu Lions ( 西武ライオンズ 球場 Seibu Raionzu Ky?j? ? ) . Desde a sua inauguracion foi o estadio local dos Seibu Lions , que chegaban a Tokorozawa desde Fukuoka ese mesmo ano. A instalacion da cuberta levouse a cabo en duas fases: a primeira despois da temporada de 1997 e a segunda fase despois da temporada de 1998. Tras a finalizacion da obra o estadio mudou de nome a Seibu Dome ( 西武ド?ム Seibu D?mu ? ) .

O 1 de marzo de 2005 , o estadio foi nomeado Invoice Seibu Dome ( イン ボイス西武ド?ム Inboisu Seibu D?mu ? ) debido ao patrocinio por dous anos da compania de comunicacions Invoice. Apos o vencemento do contrato, o 1 de xaneiro de 2007 o nome foi mudado a Goodwill Dome ( グッド ウィルド?ム Guddowiru D?mu ? ) , [ 2 ] para reflictir o patrocinio do Grupo Goodwill. O contrato dos dereitos de nome do Grupo Goodwill Group durou cinco anos. Esta mudanza non afectou ao nome oficial do estadio, que seguia a ser Seibu Dome, mais o medios de comunicacion utilizaron case en exclusiva o nome patrocinado. A finais de 2007 o estadio recuperou o seu nome oficial debido aos problemas de negocios ilegais de Goodwill. Entre 2015 e 2017 o estadio tivo o nome de Seibu Prince Dome ( 西武プリンスド?ム Seibu Purinsu D?mu ? ) , e apartir dese ultimo ano o de MetLife Dome ( メットライフド?ム Mettoraifu D?mu ? ) .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Morse, Burden e Morse. "Beer, Brats and Grasshoppers: The Sports Tourists Rank Baseball's Cathedrals" .  
  2. "「グッドウィルド?ム誕生」" . Goodwill . 5 de decembro de 2006. Archived from the original on 10 de decembro de 2006 . Consultado o 23 de maio de 2019 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]