Mercedes Docampo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMercedes Docampo
Biografia
Nacemento 7 de abril de 1906 Editar o valor em Wikidata
Ourense, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 23 de maio de 1978 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Vigo, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion mestra , politica Editar o valor em Wikidata
Partido politico Partido Galeguista Editar o valor em Wikidata

Mercedes Docampo de la Fuente , nada en Ourense o 7 de abril de 1906 e finada en Vigo o 23 de maio de 1978 , foi unha mestra e politica galega .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Filla de Manuel do Campo Lopez e Corona de la Fuente Iglesias. Matriculouse en 1922 na Escola Normal de Ourense, compaxinando os estudos coa colaboracion na Escola Obreira da Inmaculada Concepcion dirixida por Blanca Calvo. [ 1 ] En 1926 rematou brillantemente os estudos de maxisterio. [ 2 ] Comezou a exercer en 1927 no colexio Concepcion Arenal cos companeiros Angel Martinez Doval e Eleuterio Gonzalez Salgado . Solicitou entrar nas listas de interina en 1933 e obtivo praza na escola de Cerdeira ( San Xoan de Rio ). O 16 de marzo de 1934 foi destinada a Cusanca ( O Irixo ) e en novembro desde ano fois traslada a escola de Soutopenedo ( San Cibrao das Vinas ). Nestes anos comezou a sua implicacion co galeguismo sendo unha das fundadoras do Grupo Feminino do Partido Galeguista de Ourense constituido en setembro de 1933. Mercedes foi a secretaria de agrupacion.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi denunciada, acusada polo parroco de Soutopenedo de ser socialista e de apoiar a Fronte Popular. Foi sancionada pola comision depuradora do maxisterio co desterro a Manzaneda . Xubilou en 1965 e trasladouse a Vigo para vivir coa sua irma Rosa. Finou en 1978 e foi soterrada en Tui .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. La Region , 31-5-1923, p. 1.
  2. La Zarpa , 2-6-1926, p. 1.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]