Jose Moreno Torres (sindicalista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJose Moreno Torres
Biografia
Nacemento 4 de marzo de 1904 Editar o valor em Wikidata
A Coruna, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 1937 Editar o valor em Wikidata (32/33 anos)
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion politico Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata
Familia
Pai Jose Moreno Bello Editar o valor em Wikidata

Jose Moreno Torres , Comandante Moreno , nado na Coruna o 4 de marzo de 1904 e finado en 1937 , foi un sindicalista e militar galego.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Naceu no barrio corunes de Viono, fillo do militante anarquista Jose Moreno Bello , fundador da Union Campesina . Comezou a sua militancia anarquista na emigracion en Nova York , en contacto coa colonia anarquista galega. Traballou na fabrica Singer. Coa proclamacion da II Republica , volveu da emigracion e comezou a militar na CNT galega, participando en mitins e ocupando cargos como o de secretario da Federacion Local Obrera da Coruna, membro do Comite Regional da organizacion, e director de Solidaridad Obrera . Panadeiro de oficio, foi un dos creadores da Federacion Regional de Industria del Ramo de la Alimentacion de la CNT. A partir de 1932 integrouse na faccion mais radical da CNT, responsable de varios intentos insurreccionais en 1933. Representou a sindicatos coruneses no Congreso de Zaragoza da CNT en maio de 1936.

Monumento en Oza os ocupantes da embarcacion "La Libertaria", obra de Jorge Pastor .

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou nos intentos de resistencia na Coruna, falou no mitin da praza de touros para organizar a resistencia e encabezou unha comision que se dirixiu ao Goberno Civil para pedir que os cuarteis foran asaltados antes de que os militares sairan as ruas. Cando A Coruna caeu nas mans dos sublevados escondeuse nos arredores, intentando coordinar os grupos de militantes dispersos que non foran capturados. Grazas a este traballo, en colaboracion cos militantes do Sindicato El Despertar Maritimo, logrou fuxir da Coruna a principios de xaneiro de 1937 , na embarcacion La Libertaria , coa que chegaron ao porto de Xixon o 7 de xaneiro de 1937 .

En Asturias asumiu postos de responsabilidade a fronte dos anarquistas galegos, participando na fundacion da Agrupacion Confederal Galaica. En febreiro de 1937 ingresou no Batallon Galicia co rango de Tenente, e ascendeu posteriormente a Comandante, en substitucion de Jose Penido , en xullo de 1937. Foi ferido nun pe na ofensiva de febreiro de 1937.

Despois escapou cara Galicia cun grupo de dezaseis anarquistas do Batallon Galicia. A noite do 29 ao 30 de outubro de 1937 chegaron ao porto do Acevo, nos limites de Asturias e Galicia. Ali fixeron noite en dous grupos en duas tabernas. O grupo de nove que durmia na taberna mais internada en Galicia foi sorprendido por falanxistas e gardas civis da zona, que os capturaron e executaron sumariamente. O outro grupo, alertado polos disparos, non foi sorprendido; enfrontaronse aos atacantes e mataron a un falanxista a unha da madrugada do dia 30 de outubro. Despois dun breve tiroteo, Moreno e o resto de componentes deste grupo escaparon pola parte posterior da casa e internaronse no monte.

Jose Moreno e outro dos membros do grupo retrocederon cara Asturias, refuxiandose dias despois nunha casa en Monteserin Pequeno, no concejo de Grandas de Salime . Ali foron capturados por falanxistas e gardas civis. Moreno foi conducido a taberna de Carolo da que escaparan, onde estivo detido ata a sua execucion. Desconecese a data exacta do seu asasinato, pero sabese que outros catro milicianos do Batallon Galicia, foron detidos e executados o domingo 31 de outubro de 1937. Eran canteiros orixinarios de Forcarei , e un deles, Manuel Bugallo Lois, sobreviviu ata o 4 de novembro, cando foi enterrado no cemiterio da Fonsagrada .

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]