Colapso do Rana Plaza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fotografia do edificio Rana Plaza derrubado

O colapso do edificio conecido como Rana Praza produciuse o 24 de abril de 2013 cando o bloque de oito pisos se derrubou en Savar, un distrito de Daca , capital de Bangladesh . Morreron 1134 persoas e outras 2437 resultaron feridas. [ 1 ] O edificio, que contina fabricas de roupa, un banco e varias tendas, derrubouse durante a hora punta da mana tras haberse ignorado as advertencias de que debia desaloxarse o edificio despois de haberse descuberto gretas o dia anterior. [ 2 ] [ 3 ] [ 4 ]

Cronoloxia dos feitos [ editar | editar a fonte ]

Antecedentes [ editar | editar a fonte ]

O edificio, conecido como Rana Praza, e propiedade dun dos dirixentes do partido gobernante Liga Awami, Sohel Ra [ 5 ] e aloxaba catro fabricas de roupa independentes que empregaban a unhas 5.000 persoas. Foi tamen sede dun gran numero de tendas e dun banco. As fabricas producian pezas de vestir para marcas como Benetton, The Children's Place, DressBarn, Mango, Monsoon, Inditex e Primark , asi como para empresas de distribucion como El Corte Ingles . [ 6 ]

Aparicion de gretas o dia 23 e derrubamento o 24 de abril [ editar | editar a fonte ]

Video da television de Banglades do desaloxo apos o derrubamento

A pesar de que se pediu o desaloxo do edificio despois de descubrir gretas de envergadura o 23 de abril de 2013, os donos das fabricas esixiron a moitos traballadores da confeccion que volvesen traballar ao dia seguinte, declarando que o edificio era seguro. [ 7 ] Alguns traballadores dixeron que as gretas eran moi graves, tan graves que a aparicion das mesmas foi noticia en varias canles de noticias locais. [ 8 ] O edificio derrubouse ao redor das 09:00 a. m., deixando so a planta baixa intacta. [ 9 ] Un bombeiro dixo que no edificio poderia haber ao redor de 2.000 persoas cando se produciu o colapso, un dos sobreviventes indicou que poderian ser ate 5.000 traballadores. Un residente do local describiu a escena coma se fose "un terremoto". [ 10 ]

Vitimas [ editar | editar a fonte ]

taboleiro con fotos de desaparecidos

Un dos sitios web da fabrica de roupa indica que mais da metade das vitimas foron mulleres , xunto cos seus fillos, que se atopaban nas instalacions de gardaria dentro do edificio. [ 11 ]

IndustriALL Global Union e a UNI Global Union logran un acordo para un plan de prevencion [ editar | editar a fonte ]

Ante a magnitude do accidente e a presion dos sindicatos IndustriALL Global Union [ 12 ] e UNI Global Union, nunha poderosa alianza con importantes ONG, a Campana Roupa Limpa e o Consorcio de Dereitos dos Traballadores, conseguiron importantes melloras para os traballadores en Banglades . [ 13 ] Polo menos 24 empresas multinacionais asinaron un acordo que, sobre o papel, preve inspeccions independentes. O gran numero de mortes e accidentados fixo reaccionar a numerosas empresas que en anteriores ocasions mostraronse indiferentes. [ 14 ]

Empresas que asinaron o acordo de prevencion [ editar | editar a fonte ]

As marcas que asinaron o acordo son as seguintes: H&M , Inditex , C&A , PVH, Tchibo , Tesco , Marks & Spencer , Primark , El Corte Ingles , jbc, Mango , Carrefour , KiK, Helly Hansen , G-Star, Aldi , New Look , Mothercare, Loblaws, Sainsbury’s, Benetton, N Brown Group, Stockmann , WE Europe, Esprit , Rewe , Next , Lidl , Hess Natur , Switcher , A&F .

Empresas que non asinaron o acordo de prevencion [ editar | editar a fonte ]

Fast Retailing e a empresa xaponesa que fabrica artigos de roupa e complementos para as firmas de moda Uniqlo e Theory. GAP e Wal-Mart tampouco asinaron o acordo comun de prevencion e indican que asumiran de forma unilateral a prevencion de accidentes. [ 15 ] [ 16 ]

Unha das sobreviventes do Rana Plaza

Causas da pobreza e de accidentes laborais en Banglades [ editar | editar a fonte ]

Para Vicenc Navarro o problema maior que ten Bangladesh -segundo as estatisticas internacionais o pais mais pobre do mundo xunto con Haiti- non e a falta de recursos, senon o control sobre estes recursos. Navarro sinala que Banglades non pode considerarse un pais pobre, ainda que a inmensa maioria dos seus habitantes o sexa. O problema e que a oligarquia terratenente -o 16% dos propietarios de terra controlan o 60% de toda a terra-, produce alimentos que exportan aos paises chamados desenvolvidos consolidando unha estrutura agricola que provoca un numero importante de poboacion miserrima que acaba emigrando do medio rural as cidades onde e explotada -en condicions economicas, laborais e de seguridade penosas- nas distintas manufacturas e industrias urbanas, entre elas a textil. O poder politico responde unicamente aos intereses dos terratenentes rurais e os empresarios urbanos, sectores que producen segundo as demandas exteriores sen atender as necesidades da poboacion de Banglades. [ 17 ]

Segundo Navarro, a desgraza do Rana Praza, situado a 29 quilometros de Daca , e un mais dos accidentes que se producen en Banglades. Desde 2005 morreron mais de setecentos traballadores soamente provocados por incendios en fabricas, o ultimo incendio produciuse na fabrica textil de Tazreen o 24 de novembro de 2012. O edificio Ra Praza e propiedade de Sohel Ra, un dos dirixentes do partido gobernante Liga Awami. Poucos dias despois do colapso da fabrica, 20.000 traballadores de fabricas proximas a que se derrubou manifestaronse en protesta. Foron duramente reprimidos. [ 17 ]


Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Ya son mas de mil los muertos por el derrumbe de Banglades. El Rana Plaza se incendio y desplomo el pasado 24 de abril con 3.122 personas en su interior, Publico, 10/5/2013
  2. Mullen, Jethro (24 de abril de 2013). "Bangladesh building collapse kills at least 80" . CNN . Consultado o 24 de abril de 2013 .  
  3. Bangladesh y la explotacion de los trabajadores. Dossier, Jorge Yabkowski, Deborah Orr, Maha Rafi Atal, Vijay Prashad, Sin permiso, 6/6/2013
  4. "Desabamento em Bangladesh revela lado obscuro da industria de roupas" . BBC News Brasil (en portugues ) . 2013-04-29 . Consultado o 2022-04-10 .  
  5. "80 dead, 800 hurt in Savar high-rise collapse" . bdnews24.com. 24 de abril de 2013. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2013 . Consultado o 24 de abril de 2013 .  
  6. Saenz de Ugarte, Inigo (27 de abril de 2013). "La maldicion de Banglades empieza en las tiendas de Europa y EE. UU." . Consultado o 9 de maio de 2013 .  
  7. Zain Al-Mahmood, Syed (24 de abril de 2013). "Bangladesh building collapse kills at least 76 garment workers" . Consultado o 24 de abril de 2013 .  
  8. Alam, Julhas (24 de abril de 2013). "At least 87 dead in Bangladesh building collapse" . Consultado o 24 de abril de 2013 .  
  9. "Bangladesh Dhaka building collapse leaves 80 dead" . BBC News. 24 de abril de 2013.  
  10. "At least 100 killed and many more hurt in Bangladesh factory collapse" . 24 de abril de 2013 . Consultado o 24 de abril de 2013 .  
  11. Nelson, Dean (24 de abril de 2013). "Bangladesh building collapse kills at least 82 in Dhaka" . Consultado o 24 de abril de 2013 .  
  12. ¡Lo logramos! ? Avance mundial al firmar las marcas de minoristas el Acuerdo sobre seguridad de las fabricas en Banglades, IndustriALL global union , 16/5/2013 (en castelan)
  13. Bangladesh: Mango y El Corte Ingles , Juan Hernandez Zubizarreta, naiz, 16/5/2013
  14. Inditex, El Corte Ingles y Mango apuestan ahora por la seguridad en Banglades , Infolibre , 16/5/2013
  15. Uniqlo esquiva el pacto por la seguridad en Banglades , InfoLibre, 28/5/2013
  16. "Advertencia de los inversores: los compradores de riesgo se apartan ante la actitud de GAP respecto al acuerdo sobre seguridad de Banglades" . IndustriAll Global Union. 21-5-2013.  
  17. 17,0 17,1 Lo que no se dice de Banglades , Vicenc Navarro , Publico, 23 de maio de 2013]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]