Bueu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBueu
Imaxe

Localizacion
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
  42°19′30″N 8°47′09″O  /  42.3249, -8.7859 Coordenadas : 42°19′30″N 8°47′09″O  /  42.3249, -8.7859
Estado Espana
Comunidade autonoma Galicia
Provincia Provincia de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Capital Bueu Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Poboacion 11.922 (2023) Editar o valor em Wikidata (386,95 hab./km² )
Xeografia
Parte de
Superficie 30,81 km² Editar o valor em Wikidata
Banado por ria de Pontevedra e Oceano Atlantico Editar o valor em Wikidata
Altitude 239 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organizacion politica
• Alcalde Editar o valor em WikidataFelix Juncal Novas Editar o valor em Wikidata
Eleccions municipais en Bueu Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Codigo postal 36930 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Codigo INE 36004 Editar o valor em Wikidata

Paxina web concellodebueu.gal Editar o valor em Wikidata

Bueu e un concello da provincia de Pontevedra , pertencente a comarca do Morrazo . O concello ten unha poboacion de 12.189 habitantes ( 2016 ), [ 1 ] unha superficie de 30,8 km² (26,3 km² continentais e 4,5 km² insulares) e unha densidade de poboacion de 401,04 hab./km². O seu xentilicio (vexase no Galizionario) e bueues . [ 2 ]

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

O concello de Bueu atopase na beira sur da ria de Pontevedra , no Atlantico . Limita coa ria de Aldan polo oeste, coa de Pontevedra polo norte, co concello de Marin polo nordeste, co de Moana polo sueste e co de Cangas polo sur. O seu territorio esta repartido en cinco parroquias: Beluso , Bueu , Cela , Ermelo e A Illa de Ons , adscrita a este concello desde 1844 xunto coas unidades menores do seu arquipelago. A capital municipal esta situada en Bueu.

Historia [ editar | editar a fonte ]

No concello atoparonse pezas do Paleolitico , e conservanse restos de poboados castrexos da Idade de Bronce na illa de Ons, Castrillon (Meiro), Bon (Beluso) e A Civida. Trala romanizacion de Galicia houbo asentamentos en Pescadoira e Meiro, con aras dedicadas aos lares viais.

No seculo XVIII a zona viviu un desenvolvemento economico pola instalacion de industrias dedicadas a salgadura e ao envasado de conservas, especialmente da sardina . Estas industrias, fomentadas principalmente por empresarios catalans e italianos, supuxeron unha revolucion nas artes de pesca. Actualmente existe na vila o Museo Masso , onde se amosa a historia da industria pesqueira e envasadora. As tres principais fabricas conserveiras existentes no seculo XX (Hermanos Masso, Jesus Alonso e Attilio Gaggero), todas situadas na fronte maritima da vila de Bueu, desapareceron absorbidas polo desenvolvemento urbanistico. Jesus Alonso, que comercializa a conecida marca Palacio de Oriente, continua coa actividade industrial no poligono industrial de Castineira, situado na parte alta da parroquia de Bueu.

Bueu constituiuse como concello en 1821 , incluindo, amais das parroquias actuais, as de Aldan e O Hio , que en 1862 pasaron ao concello de Cangas . En 1856 foille concedido o titulo de vila.

En Bueu editaronse tres periodicos: El Relampago (1899), La Voz de Bueu (1904-1906) e El Adelanto (1912-1913).

Cultura [ editar | editar a fonte ]

Dende 2008 celebrase en setembro, no Centro Social do Mar, o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu .

Praias [ editar | editar a fonte ]

O concello ten un total de 24 praias, das que 3 se atopan nas illas Ons [ 3 ] , pertencentes ao Parque Nacional das Illas Atlanticas .

Poboacion [ editar | editar a fonte ]

Censo total 2015 12.251 habitantes
Menores de 15 anos 1.692 (13.81 %)
Entre 15 e 64 anos 8.018 (65.45 %)
Maiores de 65 anos 2.541 (20.74 %)
Evolucion da poboacion de Bueu   Fontes: INE e IGE .
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
7.233 9.150 10.177 11.961 12.483 12.368 12.348 12.373 12.375 12.352 12.251 12.189
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Bueu na literatura popular [ editar | editar a fonte ]

  • Dame un bocado de pan/ pola nai que te pareu,/ que che hei de dar un xurelo/ cando vena de Bueu [ 4 ] .
  • Se vou a Bueu nun bou, vou, / e, se non vou a Bueu nun bou, non vou

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Vexa o artigo principal en: Galeria de imaxes de Bueu

Parroquias [ editar | editar a fonte ]

Plano da vila de Bueu
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Bueu

Beluso (Santa Maria) | Bueu (San Martino) | Bueu (San Martino de Fora) | Cela (Santa Maria) | Ermelo (Santiago) | A Illa de Ons (San Xoaquin)

Lugares de Bueu [ editar | editar a fonte ]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Bueu vexa: Lugares de Bueu .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Ficha municipal do IGE" . Arquivado dende o orixinal o 17-10-2019 . Consultado o 27-06-2017 .  
  2. Costas Gonzalez , Xose-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF) . Vigo: Universidade de Vigo . p. 43. ISBN   978-84-8158-706-7 .  
  3. http://www.concellodebueu.gal/ Concello de Bueu
  4. No texto: Dam'un , pol-a , ch'hei , xurelo , Bueu .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]


Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre concellos de Galicia e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.