Ama de leite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Ama de cria ≫)
Lois XVI coa sua ama de leite.

Unha ama de leite , [ 1 ] ama de cria [ 2 ] ou nutriz [ 3 ] e unha muller que aleita a un lactante que non e o seu fillo. Hoxe en desuso na meirande parte de Occidente, o emprego de amas de cria foi comun ata o seculo XIX para alimentar a nenos cuxas nais non podian ou non desexaban facelo. [ 4 ]

Servizos [ editar | editar a fonte ]

O recurso dunha ama de leite podia estar motivado por razons fisicas, coma no caso de producion insuficiente de leite , en partos multiples nos que unha soa persoa non pode satisfacer os requisitos da lactacion, ou sociais; a profesionalizacion da lactacion permitia a nai dedicarse a outras ocupacions, como era o caso, por exemplo, das elites romanas. Por outra banda, permitia acurtar o periodo entre embarazos , xa que o sistema endocrino inhibe normalmente a concepcion mentres a nai esta aleitando. Ademais, tamen permitia librarse dunha tarefa socialmente percibida como pouco axeitada polas clases superiores.

Noutras sociedades, a tarefa non estaba restrinxida as profesionais, senon que era parte do coidado dos meninos compartido entre todalas nais do grupo. A profesionalizacion da cria, en termos socioloxicos , foi un dos medios que permitiu as mulleres adineiradas liberarse do rol de coidado domestico que caracteriza o sexo feminino nas sociedades patriarcais .

A creacion de formulas mais completas de leite en po, adaptado o aparello dixestivo do neno, levou a desaparicion da figura da ama de leite nos paises desenvolvidos.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ama de leite .
  2. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ama de cria .
  3. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nutriz .
  4. Cabrera Espinosa, Manuel (2012). "La lactancia como profesion. Una mirada al oficio de nodriza". En Manuel Cabrera Espinosa, Juan Antonio Lopez Cordero. IV Congreso Virtual sobre historia de las mujeres . Jaen: Asociacion de Amigos del Archivo Historico Diocesano.