Revolucion sen sangue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Revolucion sen sangue
Ficha tecnica
Titulo orixinal Revolucao sem sangue
Director Rui Pedro Sousa
Guion Rui Pedro Sousa
Amp Rodriguez
Interpretes Helena Caldeira
Diogo Fernandes
Rafael Paes
Rui Pedro Sousa
Dinarte de Freitas
Estudio Filmesdamente
Station Productions
Estrea Portugal 11 de abril  de 2024
Galicia 25 de abril de 2024 ( TVG )
Duracion 103 minutos
Orixe Portugal Portugal
Na rede
IMDB: tt18253426 Editar o valor em Wikidata

Revolucion sen sangue (en portugues : Revolucao sem sangue ) e un filme portugues de 2024 dirixido por Rui Pedro Sousa. O filme, que e o debut como director de Sousa, [ 1 ] estreouse o 11 de abril de 2024 en Portugal, [ 2 ] facendoo cadrar co 50º aniversario da Revolucion dos Caraveis , a cal se mostra no filme. [ 3 ] Malia que esta revolucion se considera en gran parte "sen sangue", o filme centrase en catro [ N 1 ] persoas que foron asasinadas durante estes eventos. [ 4 ] E por iso que o titulo, que se mostra como Revolucao sem sangue nos creditos iniciais aparece estilizado Revolucao sem sangue [ 5 ] nos creditos finais (que tamen apareceu como Revolucao (sem) sangue nalguns medios de comunicacion). [ 6 ] O filme basease en feitos reais que tiveron lugar entre o 24 e o 26 de abril de 1974 en Lisboa . [ 7 ]

Estreouse en galego o 25 de abril de 2024 a traves da TVG , [ 8 ] cadrando co dia que se produciu a Revolucion dos Caraveis . Tamen estivo disponible so por ese dia na plataforma dixital AGalega . [ 9 ]

Sinopse [ editar | editar a fonte ]

Joao Arruda e un estudante dos Azores na Universidade de Lisboa e esta interesado no marxismo e a filosofia politica. Fernando Giesteira traballa de camareiro coa esperanza de estudar despois. Fernando Reis e un soldado que chega a Lisboa por uns dias. O camino dos tres mozos, esperando mais liberdade no pais, levaos diante da sede da Policia Internacional e de Defensa do Estado (PIDE), en Lisboa, o dia 25 de abril de 1974 . Ali, Antonio Lage traballa como funcionario, pero os seus escrupulos volvense insoportables ao presenciar a tortura dunha moza (Ines) e decide abandonar o seu posto. Mentres a radio informa de que na cidade se esta a producir unha concentracion crecente da poboacion apoiada polo exercito, o director da PIDE decide queimar documentos comprometedores e deixar que Ines sexa liberada pola mana. Pero pola noite volve entre a multitude, acompanada da sua filla pequena, para sumarse as manifestacions e berrar a sua rabia ante a sede da PIDE. Dende as fiestras do edificio, a PIDE comeza a disparar contra a multitude. Ines e alcanzada por unha bala pero Fernando Reis consegue arrastrala inconsciente fora do campo de tiros. Joao Arruda e Fernando Giesteira son fusilados, mentres que Fernando Reis recibe un disparo accidental por outro soldado mentres intentaba atrapar a Lage, que se rendera pero tamen recibe un disparo mentres esta fuxindo. Morren os catro homes; o destino de Ines non esta claro.

Personaxes [ editar | editar a fonte ]

  • Lucas Dutra como Fernando Giesteira
  • Rafael Paes como Joao Arruda
  • Diogo Fernandes como Fernando Reis
  • Manuel Nabais como Antonio Lage
  • Teresa Vieira como Ines
  • Helena Caldeira como Rita, moza de Fernando Giesteira

Producion [ editar | editar a fonte ]

A rodaxe do filme produciuse en Lisboa . [ 1 ] [ 10 ] Produciuse coa axuda de familiares das vitimas. [ 11 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. O numero oficial de vitimas e 5.

Referencias [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 " " Revolucao (Sem) Sangue" lembra os cinco mortos no 25 de Abril" . SIC Noticias (en portugues ) . 2024-04-12 . Consultado o 2024-04-14 .  
  2. " " Revolucao (sem) Sangue": chega aos cinemas o filme sobre os mortos no 25 de abril" . RTP Cinemax (en portugues ) . Consultado o 2024-04-14 .  
  3. Antunes, Andre Filipe. "Cravos, sangue e uma “saraivada de tiros”: o cinema e a televisao contam a historia dos mortos do 25 de Abril" . Observador (en portugues ) . Consultado o 2024-04-15 .  
  4. " ' Revolucao (Sem) Sangue': Filme conta historia menos conhecida dos mortos do 25 de Abril" . www.cmjornal.pt (en portugues ) . Consultado o 2024-04-15 .  
  5. Lusa, Agencia. "Estreia hoje nos cinemas filme sobre os que morreram na Revolucao de 74" . DNOTICIAS.PT (en portugues ) . Consultado o 2024-04-17 .  
  6. "Caras | Famosos reunem-se na antestreia do filme "Revolucao (Sem) Sangue " " . Caras (en portugues ) . 2024-04-17 . Consultado o 2024-04-17 .  
  7. Renascenca (2024-04-04). "Revolucao (sem) Sangue" . Radio Renascenca (en portugues ) . Consultado o 2024-04-14 .  
  8. @AntRubal (ed.). "Revolucion sen sangue en galego na TVG" . Consultado o 27 de abril de 2024 .  
  9. @TVGalicia (ed.). "Revolucion sen sangue en galego en AGalega" . Consultado o 27 de abril de 2024 .  
  10. "Visao | 25 Abril/50 anos: Filme vai contar historia dos que morreram na revolucao" . Visao (en portugues ) . 2023-10-07 . Consultado o 2024-04-15 .  
  11. Portugal, Radio e Televisao de (2024-04-13). " " Revolucao sem sangue". Filme relata morte de jovens no 25 de Abril" . "Revolucao sem sangue". Filme relata morte de jovens no 25 de Abril (en portugues ) . Consultado o 2024-04-14 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]