Eurozona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Zona euro ≫)
Eurozona
Tipo Union monetaria
Data de fundacion 1 de xaneiro de 1999
Na rede
http://www.eurozone.europa.eu e https://ec.europa.eu/info/business-economy-euro/euro-area_en
editar datos en Wikidata  ]
      Paises da Eurozona       Paises da ERM II       outros membros da UE       paises fora da UE que adoptaron o euro unilateralmente

A eurozona ou zona euro e unha rexion europea que agrupa os paises da Union Europea que tenen como moeda oficial o euro (€). O Banco Central Europeo e o responsabel da politica monetaria na zona euro, e o eurogrupo e o organo politico que reune os representantes dos paises que utilizan esta moeda.

Os 20 paises membros da zona euro son, dende 2023, Alemana , Austria , Belxica , Chipre , Croacia , Eslovaquia , Eslovenia , Espana , Estonia , Finlandia , Francia , Grecia , Irlanda , Italia , Letonia , Lituania , Luxemburgo , Malta , Paises Baixos e Portugal . [ 1 ]

Historia e caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

A eurozona foi creada en 1999 por 11 paises da Union Europea, mais os billetes e moedas non comezaron a circular ate o 1 de xaneiro de 2002. Posteriormente incorporaronse Grecia o 1 de xaneiro de 2001 [ 2 ] (entrando en circulacion xunto cos anteriores), Eslovenia o 1 de xaneiro de 2007 , [ 3 ] Malta [ 4 ] e Chipre [ 5 ] o 1 de xaneiro de 2008 , Eslovaquia o 1 de xaneiro do 2009 , [ 6 ] Estonia o 1 de xaneiro de 2011 [ 7 ] , Letonia o 1 de xaneiro de 2014 [ 8 ] e Lituania o 1 de xaneiro de 2015 . [ 9 ] Respecto dos territorios dos Estados da Union que non pertencen a propia UE, utilizan o euro as colectividades de ultramar francesas de Saint-Pierre-et-Miquelon , San Bartolomeu, as Terras Antarticas e Austrais Francesas e a illa de Clipperton, asi como as bases soberanas britanicas de Acrotiri e Dekhelia situadas na illa de Chipre. [ 10 ]

Ademais destes 20 paises existen outros fora da Union Europea que tamen tenen o euro como moeda unica. Entre eles estan Monaco , San Marino , Cidade do Vaticano (que emiten os seus propios euros grazas a que tenen acordos legais coa Union Europea), Andorra (ten acordos legais coa Union Europea pero non emite euros propios). Kosovo e Montenegro utilizana sen acordos legais coa Union Europea.

Os paises da Union Europea que non estan na eurozona pero tenen a obriga de adoptalo son Bulgaria , Suecia , Hungria , Polonia , Republica Checa e Romania . Outros como Dinamarca gozan dunha clausula de exclusion que lles permite continuaren a utilizar as suas moedas nacionais indefinidamente. [ 11 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Comision Europea (3 de outubro de 2022). "zona euro" . https://ec.europa.eu/info/index_en . Consultado o 3 de outubro de 2022 .   Ligazon externa en |paxina-web= ( Axuda )
  2. Comision Europea (1 de xaneiro 2002). "incorporacion de Grecia a eurozona" . Consultado o 10 de outubro de 2022 .  
  3. Comision Europea (1 de xaneiro de 2007 ). "incorporacion de Eslovenia a eurozona" . Consultado o 2022 .  
  4. Comision Europea (1 de xaneiro de 2008 ). "incorporacion de Malta a eurozona" . Consultado o 10 de outubro de 2022 .  
  5. Comision Europea (1 de xaneiro de 2008 ). "incorporacion de Chipre a eurozona" . Consultado o 10 de outubro de 2022 .  
  6. "Slovakia and the euro" . economy-finance.ec.europa.eu (en ingles ) . Consultado o 2023-01-13 .  
  7. Union Europea (1 de xaneiro de 2011). "Incorporacion de Estonia a eurozona" . Consultado o 10 octubro de 2022 .  
  8. Union Eupopea (1 de xaneiro 2015). "Incorporacion de Letonia a eurozona" . Consultado o 10 de xaneiro 2022 .  
  9. Union Europea, ed. (1 de xaneiro de 2015). "Incorporacion de Lituania a eurozona" . Consultado o 10 de ouctubro de 2022 .  
  10. titulo= zona euro
  11. titulo= zona euro