Yukon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaYukon
Imaxe

Lema ≪sen valor≫ Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia a Rio Yukon Editar o valor em Wikidata
Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  60°43′15″N 135°03′12″O  /  60.7208, -135.0533 Coordenadas : 60°43′15″N 135°03′12″O  /  60.7208, -135.0533
Estado Canada Editar o valor em Wikidata
Capital Whitehorse (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Escindido de Territorios do Noroeste Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Poboacion 40.232 (2021) Editar o valor em Wikidata (0,08 hab./km² )
Lingua oficial lingua inglesa
lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Parte de
Superficie 482.443 km² Editar o valor em Wikidata
Auga 1,7 % Editar o valor em Wikidata
Punto mais alto Monte Logan (5.956 m) Editar o valor em Wikidata
Punto mais baixo Oceano Artico (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos historicos
Precedido por
Creacion 1898 Editar o valor em Wikidata
Dia festivo
Organizacion politica
Forma de goberno democracia parlamentaria Editar o valor em Wikidata
Organo executivo Government of Yukon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Premier of Yukon (en) Traducir Editar o valor em WikidataSandy Silver (pt) Traducir (2016?sen valor) Editar o valor em Wikidata
Organo lexislativo Legislature of Yukon (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
PIB nominal 3.182.000.000 $ (2020) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Codigo postal Y Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2 CA-YT Editar o valor em Wikidata

Paxina web yukon.ca Editar o valor em Wikidata
Facebook: yukongov Twitter: yukongov LinkedIn: yukon-government Youtube: UCIVAbvMJHZa46JEjbDRRB3g Editar o valor em Wikidata

Yukon [ 1 ] (as veces denominaselle Yukon Territory , ≪Territorio do Yukon≫, nalguns documentos en ingles ) e o mais occidental dos tres territorios do norte do Canada . Situase ao leste do estado estadounidense de Alasca , ao oeste dos Territorios do Noroeste , e ao norte da Columbia Britanica . Ten unha poboacion de aproximadamente 31.000 habitantes. A sua capital e Whitehorse (23.272 habitantes).

A etimoloxia do seu nome proven dunha lingua aborixe local, o gwich'in , e quere dicir "rio grande". O territorio e famoso entre outras cousas por ser o escenario da febre do ouro de Klondike , un feito historico que ocorreu en 1897 e que foi de gran transcendencia para a rexion.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Prehistoria [ editar | editar a fonte ]

Atoparonse restos humanos da que foi a poboacion mais antiga e primitiva de Norteamerica , ainda que a sua datacion e bastante discutida. Unha gran cantidade de osos modificados e de trazos humanoides que foron descubertos na rexion de Old Crow, ao norte do Yukon, tenen entre 25.000 e 40.000 anos de antiguidade, segundo o estudo polo metodo do carbono-14 . [ 2 ] O centro e norte do Yukon non foron afectados polas glaciacions .

Unha erupcion volcanica en Mount Churchill, proximo a fronteira con Alasca , cubriu de cinzas o sur do Yukon. Aquel deposito de brasas e restos de magma pode apreciarse ainda ao longo da autoestrada de Klondike. As historias das Primeiras Nacions do Yukon falan sobre a morte dos animais e peixes a consecuencia deste suceso, do mesmo xeito que outras provenientes das tribos de linguas atabasca , navajo e apache , o que levou a moitos antropologos a conclusion de que a emigracion de pobos atabascanos ao que e hoxe conecido como o suroeste dos Estados Unidos puido ser consecuencia de dita erupcion. Pouco despois, as innovacions na tecnoloxia da caza favoreceron a substitucion dos lanzadardos polo arco e a frecha .

Desenvolveronse redes extensivas de comercio e intercambio entre os tlingits da costa e as "Primeiras Nacions" do interior. Crese que os primeiros intercambiaban aceite de eulacon e outros produtos do seu contorno por cobre e peles das "Primeiras Nacions".

Seculo XIX [ editar | editar a fonte ]

As incursions europeas no que mais tarde se coneceria como o Yukon deron comezo na primeira metade do seculo XIX . Os exploradores e comerciantes da Compania da Baia de Hudson , que chegaron desde os postos comerciais do rio Mackenzie , empregaron duas rutas diferentes para penetrar no territorio, creando postos comerciais por toda a ruta. A ruta do norte nacia en Fort McPherson, Territorios do Noroeste , a beira do Mackenzie, cruzaba as montanas polos rios Bell e Porcupine e chegaba ata o rio Yukon . A do sur comezaba, en cambio, en Fort Liard (Territorios do Noroeste), e dirixiase cara ao oeste polo rio Liard ata o lago Frances, seguia cara ao oeste seguindo o curso do rio Liard ata o lago Frances, e logo polo rio Pelly ata que este desembocaba no Yukon.

Tras fundar Fort McPherson, o explorador John Bell cruzou as montanas para chegar a cunca do Yukon en 1845 , e descendeu polo rio Rat (hoxe conecido como Bell) ata a sua confluencia co Porcupine. Tras organizar o comercio de peles en Fort McPherson regresou ao Bell, e seguiu rio abaixo polo Porcupine ata chegar de novo ao rio Yukon, no lugar en que mais adiante se levantaria o forte do mesmo nome (Fort Yukon). Non moito tempo despois, Alexander Hunter Murray estableceu postos comerciais en Lapierre House ( 1846 ), e en Fort Yukon ( 1847 ), na confluencia dos rios Porcupine e Yukon. Murray fixo varios debuxos das tendas de venda de pel e dos habitantes da zona, e escribiu o Journal of the Yukon, 1847-48 (Diario do Yukon), unha valiosa fonte de informacion acerca da cultura local dos gwich'in na epoca. Como o posto estaba en realidade na Alasca rusa , a Compania da Baia de Hudson continuou a sua actividade comercial ali ata que foi expulsada tras a adquisicion de Alasca polos Estados Unidos en 1869 . Un novo posto comercial, Rumpert House, foi establecido augas arriba do Porcupine, pero se demostrou que se achaba tamen dentro de Alasca. Os gwich'in, especialmente baixo o liderado de Sahneuti, enfrontaron a Compania da Baia de Hudson cos comerciantes estadounidenses da Compania Comercial de Alasca.

Por esa mesma data, Robert Campbell, procedente de Fort Simpson, explorou boa parte do sur do Yukon e fundou Fort Frances ( 1842 ) sobre o lago homonimo na cunca do rio Liard, e Fort Selkirk ( 1848 ) na confluencia dos rios Yukon e Pelly. En 1852 , Fort Selkirk foi saqueado por guerreiros tlingit da costa, que se opuxeron violentamente a esta inxerencia na sua actividade comercial. Por mor deste incidente, Fort Selkirk quedou abandonado e non se restableceu ata 1889 .

Os misioneiros anglicanos e catolicos seguiron o ronsel do comercio de peles, sendo digno de mencion William Carpenter Bompas, que se converteu no primeiro bispo anglicano do Yukon. Pola sua banda, os misioneiros catolicos pertencian a orde dos Oblatos de Maria Inmaculada, ainda presente no territorio.

En 1859 , Robert Kennicott emprendeu unha expedicion para colleitar especimes de historia natural nos vales do hoxe chamado rio Mackenzie e do rio Yukon, e na tundra artica . Kenicott adquiriu popularidade entre os traficantes da Compania da Baia de Hudson, e incentivounos a buscar especimes de historia natural e obxectos manufacturados polas "Primeiras Nacions" e a enviar o solicitado ao Instituto Smithsoniano . En 1865 , organizouse a "Expedicion do Telegrafo da Western Union", co fin de atopar algunha ruta posible para establecer unha lina de telegrafo entre Norteamerica e Rusia a traves do Mar de Bering . Kennicott foi o xefe cientifico da expedicion, e entre o grupo de naturalistas que a integraban atopabase W. H. Dall. Lamentablemente, Kennicott faleceu dun ataque cardiaco cando remontaba o rio Yukon. Con todo, os seus esforzos deron a conecer ao mundo este territorio canadense.

A pesar dos rumores sobre a presunta presenza de ouro na rexion do Yukon, non se procedeu a grandes investigacions. Tras a compra de Alasca por parte do goberno dos Estados Unidos e o consecuente abandono de Rampart House, os comerciantes da Compania Comercial de Alasca empezaron a traballar no curso superior do rio Yukon. Tres mineiros ?Alfred Maio, Jack McQuesten e Arthur Harper? habendo oido destes rumores, unironse aos traballos da compania, ainda que o seu principal interese radicaba na procura de ouro. En 1874, Maio e McQuesten fundaron Fort Reliance, a uns quilometros rio abaixo do que seria mais tarde Dawson City . Outros mineiros e buscadores adherironse pronto a empresa, e atopouse ouro en moitas areas, ainda que raramente en cantidades suficientes como para que supuxese un bo negocio. Cara a 1885 , unha boa cantidade deste metal foi achada no rio Stewart, e McQuesten logrou convencer a compania de que empregase aos mineiros no canto de centrar a sua actividade no comercio de peles. Ao ano seguinte, atoparonse cantidades rendibles de ouro en bruto no rio Fortymile, e fundouse un novo posto comercial, chamado tamen Fortymile, na confluencia deste rio co Yukon.

Paralelamente, o Exercito dos Estados Unidos enviou ao tenente Frederick Schwatka co fin de reconecer o rio Yukon para o exercito estadounidense. Atravesando o Paso de Chilkoot, a expedicion construiu balsas e navegou polo Yukon ata o seu estuario no mar de Bering, dando nome a moitas zonas xeograficas durante ese tramo. A expedicion de Schwatka alarmou ao goberno canadense , que enviou ao seu propio grupo de expedicionarios ao mando de George Mercer Dawson en 1887. William Ogilvie, un agrimensor que saltaria a fama durante a febre do ouro de Klondike, mediu os terreos para fixar con precision a fronteira natural con Alasca.

En 1894 , preocupado pola afluencia de mineiros estadounidenses e o trafico de licor, o goberno canadense encargou ao inspector Charles Constantine da Policia Montada do Canada investigar as condicions baixo as que se atopaba o distrito do Yukon. Constantine declarou que se achegaba unha febre do ouro e reclamou, de forma urxente, a presenza dunha forza policial que fose capaz de controlar a zona. Un ano despois, regresou ao Yukon en compania de 20 homes que se atopaban ali cando comezou a Febre do ouro de Klondike , en 1897 .

Febre do ouro de Klondike [ editar | editar a fonte ]

As rutas de Klondike
Campamento en Klondike

A Febre do ouro de Klondike constitue un feito crucial na historia do Yukon. Un grupo comandado por Skookum Jim Mason descubriu ouro nun afluente do rio Klondike en agosto de 1896 . Entre 30.000 e 40.000 persoas desafiaron unha infinidade de dificultades para alcanzar os campos de ouro de Klondike no inverno e a primavera de 1897-1898, logo de que o achado se fixese oficial en 1897. Coa afluencia de inmigrantes estadounidenses, o goberno canadense decidiu crear un territorio separado para controlar mellor a situacion. En 1901 , logo de que moitos regresasen aos seus fogares, o censo daba unha poboacion de 27.219 habitantes, unha cifra que non volveria alcanzarse ata 1991 . A masiva afluencia de inmigrantes na rexion estimulou a exploracion mineira noutras partes do Yukon e propiciou duas "febres do ouro" de menor importancia en Atlin (Columbia Britanica) e Nome (Alasca), asi como varias pequenas incursions. A necesidade de transporte cara aos campos de ouro levou a construcion do ferrocarril de White Pass e Yukon.

O escritor estadounidense Jack London reflectiu a vida dos buscadores de ouro en varias das suas novelas e relatos. Foi seducido, como tantos outros, pola idea de facerse rico en pouco tempo, pero logo de pasar varios meses ali enfermou de escorbuto e regresou coas mans baldeiras. Alguns dos seus mellores contos ambientados na dura vida do Norte son A fogueira ( To buil a fire , 1908), O silencio branco ( The white silence , 1899), O filon de ouro ( All gold canyon , 1905), Amor a vida ( Love of life , 1905), e as novelas A chamada da selva ( The call of the Wild , 1903) e Cairo Branco ( White Fang , 1906).

Seculo XX [ editar | editar a fonte ]

Ao termo da febre de ouro, a poboacion do territorio declinou rapidamente, alcanzando un minimo de 4.157 en 1921 e permanecendo bastante estable ata os anos 1940. Isto a pesar do desenvolvemento doutras areas mineiras, incluindo xacementos de prata en Conrad e especialmente en Mayo, de ouro na rexion do lago Kluane, e de cobre preto de Whitehorse. En Klondike, os dereitos de varios mineiros particulares foron adquiridos e consolidados, con apoio do goberno, por un reducido numero de companias, entre elas a Yukon Gold Corporation de Solomon R. Guggenheim, que utilizaba dragas flotantes. A Yukon Consolidated Gold Company ("Compania do Ouro Consolidada do Yukon") continuou dragando en busca de ouro ata a decada de 1960, gozando dun breve periodo de prosperidade durante os anos 1930 coa subida do prezo do ouro.

Cara a 1920 o consello territorial electo quedara reducido a tres membros, e Yukon pasou a ser gobernado por un Comisionado do Ouro, funcionario federal dependente do Ministerio do Interior do Canada.

O seguinte feito importante na historia do Yukon foi a construcion, durante a segunda guerra mundial , da Autoestrada de Alasca , a cal, tras a sua renovacion levada a cabo polo goberno canadense a fins da decada de 1940, abriu o territorio ao trafico por estrada. A guerra tamen foi testemuna da construcion de varios aerodromos como parte da plataforma da ruta do Noroeste. Poren, a afluencia de traballadores para as obras da autovia do sur tivo efectos devastadores para algunhas das Primeiras Nacions, que sufriron un gran numero de mortes ao verse expostas a enfermidades as que non eran inmunes.

Autoestrada de Alasca (Alaska Highway).

Nas decadas de 1950 e 1960 construironse outras autoestradas, o que tivo como consecuencia a decadencia e consecuente desaparicion dos barcos fluviais, que foran ata enton o principal medio de transporte na zona. Na segunda metade do seculo XX, a White Pass & Yukon Route (Ruta de White Pass e Yukon) iniciou os fretes de transporte intermodal en contedores. A mineria tamen resucitou, incluindo a explotacion de cobre en Whitehorse, prata e chumbo en Keno City e Elsa, e asbesto en Clinton Creek. A maior mina de cinc ao descuberto de todo o mundo abriuse en Faro a comezos dos anos 1970. A mineria do ouro regresou a Klondike e a outras zonas coa importante subida dos prezos deste metal nos anos 1970.

Curva do White Pass

Entre as decadas de 1980 e 1990, a mineria minguou e o papel do goberno aumentou considerablemente, con transferencias economicas que foron incrementando a sua importancia. En 1978 , conseguiuse establecer un goberno responsable e partidos politicos que o sustentasen. Doutra banda, as "Primeiras Nacions" comezaron a organizarse e iniciaron negociacions para facer valer os seus dereitos territoriais, que culminaron coa firma do Umbrella Final Agreement (Acordo Final de Umbrella) en 1992 . Ainda que a maioria das "Primeiras Nacions" asinaron acordos, as suas reivindicacions territoriais e de autogoberno continuan na actualidade. As "Primeiras Nacions" son consideradas actualmente un cuarto nivel de goberno, e a natureza especifica das relacions intergobernamentais e un aspecto no que se segue traballando.

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

O territorio do Yukon localizase no extremo noroeste do Canada . Escasamente poboado, destaca pola sua paisaxe natural de lagos de xeo derretido e montanas perennemente nevadas, entre as que se atopan moitas das mais altas do Canada. O clima e artico, subartico e moi seco, con longos invernos e breves verans. Con todo, as prolongadas horas de sol no estio son suficientes para o florecemento de brotes e froitos comestibles. A maior parte do territorio atopase cuberta de bosques e matogueiras boreais , sendo a tundra o tipo mais comun de paisaxe so no extremo setentrional e sobre elevacions altas. O campo de xeo non polar mais grande do mundo, o Kluane, situase maioritariamente no Yukon.

Yukon ten unha forma similar a dun triangulo rectangulo, limitando co estado de Alasca ao oeste, cos Territorios do Noroeste ao leste, e coa provincia da Columbia Britanica ao sur. Comprende unha superficie aproximada de 482.443 km 2 , dos cales 474.391 km 2 son terra e 8.052 km 2 , auga.

O Yukon esta delimitado polo paralelo 60º de latitude no sur. A sua costa norte achase sobre o mar de Beaufort , e a sua ribeira occidental circunscribese aos 141 graos oeste de lonxitude . O seu limite leste (algo desemparello) segue a division do curso fluvial que subxace entre a conca do rio Yukon e o estuario do Mackenzie ata a cadea montanosa do mesmo nome. A totalidade do Yukon situase ao oeste de Vancouver , polo que alberga as comunidades mais occidentais do Canada.

Orografia [ editar | editar a fonte ]

Mapa do Yukon, os seus limites e accidentes xeograficos.

Excepto pola chaira costeira do mar de Beaufort ( oceano Artico ), o resto do territorio forma parte das Montanas Rochosas . O terreo inclue cadeas montanosas , mesetas e vales fluviais.

O suroeste atopase dominado polos campos nevados de Kluane ( Kluane National Park and Reserve ). As montanas de Saint Elias, tamen nesta zona, representan a cinco das mais altas elevacions canadenses. Un bo numero de glaciars emerxen destes campos, entre os que destacan o Logan, o Hubbard e o Kaskawulsh.

Asi mesmo, o permafrost e moi frecuente, sobre todo no norte e no centro (onde se acha mais estendido). O sur, en cambio, carece de grandes concentracions deste fenomeno, so vendose en carazos xeados bastante illados.

Duas grandes fallas , a de Denali e a de Tintina, foron as responsables da creacion de vastos vales denominados trincheiras: Shakwak e Tintina. A primeira separa as cordilleiras de Kluane doutras montanas do norte. Tanto a via de Haines como a de Alasca, no punto setentrional da interseccion Haines, foron construidas sobre esta trincheira. A de Tintina rodea ao Yukon de noroeste a sueste, e as suas beiras son ricas en depositos minerais, como os xacementos de ouro de Klondike ou os de chumbo e cinc preto de Faro.

Fontes: Precisions xeoloxicas do Yukon en Yukon Geoprocess File User Guide (arquivo PDF , 1.2MB)

Cordilleiras [ editar | editar a fonte ]

As montanas de Saint Elias forman parte do relevo costeiro que se estende desde o sur da Columbia Britanica ata Alasca, abarcando ao sueste do Yukon. Mentres que estas son as mais elevadas, existe outra boa cantidade de montes como, por exemplo, as Montanas Britanicas ben ao norte, que componen a cordilleira de Brooks; as Montanas Mackenzie e Richardson ao leste; as de Cassiar ao sueste; as de Pelly no centro; e as Ogilvie no Yukon nordico, pasando Dawson City pola via de Dempster.

As cordilleiras do Yukon incluen (co seu nome orixinal en ingles):

  • Brooks Range (principalmente no norte de Alasca)
    • British Mountains, Yukon
  • Cassiar Mountains, Columbia Britanica e Yukon
  • Dawson Range
  • Mackenzie Mountains, Territorios do Noroeste e Yukon
    • Logan Mountains, Yukon
    • Richardson Mountains, Yukon
    • Selwyn Mountains, Yukon
      • Hess Mountains, Yukon
      • Nadaleen Range, Yukon
      • Bonnet Plume Range, Yukon
      • Wernecke Mountains, Yukon
      • Knorr Range, Yukon
  • Miners Range
  • Nisling Range
  • Ogilvie Mountains, Yukon
  • Cordilleira do Pacifico, de Mexico ata Alasca
    • Coast Mountains, tamen na Columbia Britanica e na Alaska Panhandle
    • Saint Elias Mountains, sur de Alasca, Yukon e Columbia Britanica
      • Kluane Ranges, Yukon
  • Pelly Mountains, Yukon
    • Anvil Range
    • Big Salmon Range
    • Glenyon Range
    • St. Cyr Range
  • Ruby Range

Puntos mais elevados [ editar | editar a fonte ]

Montanas mais altas do Yukon
Montana Altura (metros) Altura ( pes ) Posto
Mount Logan 5.959 19.550 A mais alta do Canada
Mount Saint Elias 5.489 18.008 #2 No Canada e nos Estados Unidos
Mount Lucania 5.226 17.147 #3 no Canada
King Peak 5.173 16.971 #4 no Canada
Mount Steele 5.073 16.644 #5 no Canada
Mount Wood 4.842 15.885 #7 no Canada
Mount Vancouver 4.812 15.787 #8 no Canada
Mount Slaggard 4.742 15.557 #10 no Canada
Mount Macaulay 4.690 15.387
Mount Hubbard 4.577 15.015
Mount Walsh 4.507 14.787
Mount Alverstone 4.439 14.565
McArthur Peak 4.389 14.400
Mount Augusta 4.289 14.070

Hidrografia [ editar | editar a fonte ]

Ponte sobre o rio Yukon, en Carmacks (Yukon)

A maior parte do territorio atopase na conca do rio homonimo , que desemboca no Mar de Bering . O sur do Yukon e abundante en lagos glaciares, angostos e alpinos, que fluen, en gran medida, cara ao sistema do Yukon. Os mais grandes son: Teslin, Atlin, Tagish, Marsh, Laberge, Kusawa, e Kluane. O lago Bennett, onde se deu a febre do ouro, e de menor tamano e morre no Tagish.

Outra gama de rios e regatos desembocan no oceano Pacifico ou directa ou indirectamente no Artico . A drenaxe do Alsek-Tatshenshini segue o seu curso cara ao Pacifico desde o suroeste territorial, e os dous rios principais do Yukon, o Liard e o Peel, fluen cara ao Mackenzie e terminan nos Territorios do Noroeste (sueste e nordes respectivamente).

Clima [ editar | editar a fonte ]

Cans seppala, medio de transporte alternativo fronte ao duro inverno do Yukon

O clima predominante e o subartico, caracterizado por invernos profundos e breves verans tepedos. A pista de aterraxe de Snag, 25 quilometros ao leste de Beaver Creek, sobre a fronteira con Alasca, experimentou a temperatura mais baixa rexistrada na historia de Norteamerica, -63,0 °C (-81,4 °F ) o 3 de febreiro de 1947 . A costa do oceano Artico posue un clima polar . A media yukoniana e o dunha constante seca, de poucas precipitacions, e lixeiramente humido no sueste. As choivas son mais abondosas nas montanas, e o xeo comeza a derreterse no veran, propiciando as caidas intensas de auga nos meses de xullo e agosto.

Temperatura media representativa
Zona Media anual Media diaria alta en xullo Media diaria baixa en xaneiro Media de nevadas Media de precipitacions
Norte (Old Crow) -9,0 °C 21 °C -36 °C 129 cm 144 mm
Central (Dawson City) -4,4 °C 23 °C -31 °C 160 cm 200 mm
Sur (Whitehorse) -0,7 °C 21 °C -22 °C 145 cm 163 mm
Sueste (Watson Lake) -2,9 °C 21 °C -29 °C 197 cm 255 mm

Fonte: Environment Canada, Temperaturas normais promedio do Canada 1971-2000 Arquivado 05 de marzo de 2008 en Wayback Machine .

Ecoloxia [ editar | editar a fonte ]

Bosque de Taiga, na chaira

A tundra predomina en case todo o Yukon. De acordo coas definicions da ecozona de Environment Canada , o sur e centro do territorio representan a "Ecozona da Cordilleira Boreal", mentres que o bosque do norte constitue a "Ecozona da Cordilleira de Taiga". O sector do rio Peel no nordes forma parte da chaira de Taiga, e o litoral artico, da "Ecozona do Artico meridional".

Flora [ editar | editar a fonte ]

Herba de lume Epilobium angustifolium , a flor territorial do Yukon, e picea branca ( Picea glauca ) no sur, proximo a "Via de Klondike"

A picea negra ( Picea mariana ) e a branca ( Picea glauca ), o chopo ( Populus tremuloides ) e o chopo balsamico ( Populus balsamifera ) estan presentes ao longo de todo o territorio. Ainda que pouco comun, o bidueiro de Alasca ( Betula neoalaskana ) pode atoparse tamen no panorama vexetal do Yukon. Unha variedade de conifera ( Pinus contorta ) alcanza o seu extremo setentrional e central-meridional, mentres que o alerce ( Larix laricina ) remontase ao sueste, e o abeto subalpino ( Abies lasiocarpa ) as elevadas alturas da rexion sur.

Fauna [ editar | editar a fonte ]

Os mamiferos mais grandes son: o reno ( Rangifer tarandus , de baldio e de bosque), o alce ( Alces alces ), o lobo ( Canis lupus ), o oso pardo ( Ursus arctos horribilis ) e o oso negro americano ( Ursus americanus ). Na altura podense ver ovellas ( Ovis dalli ) e, no sur, a cabra das neves ( Oreamnos americanus ). Os osos polares ( Ursus maritimus ) penetran na costa artica. O Odocoileus hermionus e o seu predador, o puma ( Felis concolor ), volveronse moi populares no sur, e os coiotes ( Canis latrans ) ganaron terreo no norte. O uapiti ( Cervus elaphus ) e o bisonte foron introducidos tardiamente.

Hai un gran numero de roedores , incluindo esquios , esquios de terra, lemmings , pikas , castores , varias ratas de campo , ourizos cachos , ratas almiscreiras etc. Os mustelidos son tamen moi representativos: gluton ( Gulo gulo ), marta ( Martes americana ), furon ( Mustela erminea ), donicela ( Mustela nivalis ), vison americano ( Mustela vison ), e lontra de rio ( Lontra canadensis ). Outros pequenos carnivoros son: o lince canadense ( Lynx canadensis ), o raposo vermello ( Vulpes vulpes ) e o raposo polar ( Alopex lagopus ) no litoral norte.

Corvo comun

Mais de 250 especies de aves sobrevoan o Yukon. O corvo comun ( Corvus corax ) e o ave mais estendida. Entre outros paxaros autoctonos atopamos a aguia calva ( Haliaeetus leucocephalus ), a aguia real ( Aquila chrysaetos ), o xerifalte ( Falco rusticolus ) e o falcon peregrino ( Falco peregrinus ), e cinco tipos de pita do monte (da picea, azul, gorguera, ptarmigano, e o ptarmigano de cola branca). Moitas aves migratorias apareanse e crian no Yukon, como ocorre no perimetro norte do Pacifico.

Ademais do burbot e o lucio norteno , moitos dos peixes que habitan as augas do Yukon son salmonidos. Catro especies de salmon viven nos rios e concas do Yukon, e nos lagos do oceano Pacifico . O rio Yukon ten a corrente de auga mais fresca para o habitat de calquera salmon; o chinook nada rio arriba uns 3.000 quilometros desde a sua boca no Mar de Bering ata Whitehorse, onde deposita as suas ovas. Tamen hai salmons "sockeye" e troitas arco da vella en lagoas interiores.

A familia dos salvenilus componse de troitas de lago, presentes en gran parte das lagoas do Yukon, asi como de troitas autoctonas (Dolly Varden, touro e do Artico). O peixe agrisado polar e ubicuo, mentres que os lagos posuen varios coregonos e inconos.

Non hai reptiles no territorio, salvo por unhas poucas ras . [ 3 ]

Recursos naturais [ editar | editar a fonte ]

Explotacion actual de ouro nas minas de Klondike, Yukon

O Yukon posue abundantes fontes minerais, sendo a mineria o principal alicerce da sua economia ata hai pouco tempo. Non en balde, o ouro atopado en Klondike provocou a febre deste metal en 1897. Actualmente atopase ouro en moitos arroios e rios, habendo industrias que se dedican a sua explotacion activa.

Outros minerais que se acharon en maior ou menor medida son: cobre na rexion de Whitehorse, chumbo e cinc , en Faro, e estes dous ultimos mais alguns agregados de prata , en Mayo e Kenik. Descubrironse ademais asbestos en Clinton Creek, e cobre, ouro, e carbon na zona de Carmacks. O xacemento de tungsteno mais grande do mundo atopase en Macmillan Pass, nas montanas Mackenzie, proximo a fronteira cos Territorios do Noroeste . Os minerais non metalicos incluen ao xade e a baritina .

A venda de peles fora o sosten economico das tribos das Primeiras Nacions, pero a baixa de prezos e o crecemento das criticas por parte do sector defensor dos animais terminaron por por fin a devandita actividade.

O Yukon dispon de tres centrais hidroelectricas : unha en Schwatka Lake, en Whitehorse, outra preto de Mayo e unha terceira en Aishihik Lake.

Mentres que os bosques predominan na paisaxe, a maioria das arbores son pequenas e de lento crecemento a consecuencia do clima frio seco. Practicase a silvicultura a pequena escala, sendo no sur onde se perciben as achegas industriais mais frutiferas debido a sua lixeira humidade. Con todo, a distancia que existe respecto ao mercado e os elevados prezos resultaron nunha empresa pouco proveitosa.

Unha pequena cantidade de gas natural producese no sueste, ainda que pouco se explorou noutros puntos do territorio. Crese que pode haber grandes reservas de gas na area de Eagle Plains sobre a via de Dempster Highway, e posiblemente en zonas achegadas a Whitehorse, pero, unha vez mais, a distancia desde o gasoduto obstaculizou a investigacion.

Cuestions ambientais [ editar | editar a fonte ]

O quentamento global esta afectando mais ao norte que a calquera outro punto do planeta, e o Yukon non e a excepcion. Ainda que e certo que os seus residentes recibirian con entusiasmo unha boa tempada de calor, os efectos colaterais de tal fenomeno son desconecidos. A subida das temperaturas incorreria no aumento da evaporacion e na seca dun ambiente que e de seu arido, provocando incendios forestais e reducindo a produtividade bioloxica dos bosques boreais, cuxo crecemento vese mais limitado a falta de humidade que a dunha temperatura favorable.

O territorio e ademais o branco da contaminacion proveniente doutros sectores do mundo, sobre todo de orixe organica, polo que o consumo de animais salvaxes e de peixe xa non e aconsellable.

Localmente, a demanda mineira e a sua correspondente explotacion son causantes da aparicion de acido nos confins do seu campo laboral, custando centos de millons de dolares en reparos e limpeza.

Nun intento por incentivar a investigacion de recursos naturais, en 2005 o Partido do Yukon, liderado por Dennis Fentie , suspendeu a proteccion de areas que se achaban anteriormente apoiadas polo goberno do Partido Democrata, e sinalou a sua intencion de non crear parques restrinxidos adicionais.

A tribo gwich?in de Old Crow depende do caribu de Porcupine para autoabastecerse con comida e abrigo, como outras tantas da contorna. Esta especie trasladase as chairas da costa para aparearse no "Refuxio Salvaxe Nacional do Artico" ( Arctic National Wildlife Refuge ) en Alasca . Esa manda adoita ser seriamente castigada pola actividade petroleira do ambiente.

Xeografia humana [ editar | editar a fonte ]

De escasa poboacion, e con preto de 30.000 habitantes nun territorio case tan extenso como Espana ou Suecia , Yukon ten unha densidade de 0,06 persoas por km² . Preto de tres cuartas partes da poboacion concentranse na zona de Whitehorse , e o resto vive noutras pequenas comunidades. Todas elas, excepto por Old Crow, son accesibles por estrada.

A capital, Whitehorse, e tamen a sua cidade mais grande e poboada; a segunda en importancia e Dawson City (1.800 hab.), que foi a primeira en poboacion ata 1952 .

Tradicionalmente, o Yukon estaba habitado por tribos atabascas das Primeiras Nacions , que estableceran fortes redes de comercio cos tinglits do Pacifico. Estimase que o 20% da sua poboacion actual e de orixe indixena. Os inuit que habitaban nas costas do Artico extinguironse por mor dunha epidemia.

O seguinte cadro presenta a poboacion de moitas comunidades territoriais. E importante especificar que o censo de 2001 comprende a todos aqueles que residen entre os limites comunitarios, mentres que o Departamento de Estatisticas do Yukon ( Yukon Bureau of Statistics YBS) inclue a todo cidadan con direccion de correo postal. Comunmente, moitas persoas viven nos arredores dos polos urbanos, por iso e polo que haxa mais rexistros no YBS.

Poboacion do Yukon
Comunidade 2001
Censo
1996
Censo
Xuno 2005
YBS
Whitehorse (aglomeracion) 23.272 23.272 23.608
Whitehorse 19.157 19.058 23.272
Dawson City 1.251 1.287 1.826
Watson Lake 2 1.138 1.148 1.522
    Pobo de Watson Lake soamente 912 993 n/d
Haines Junction 531 574 817
Carmacks 431 466 378
Marsh Lake 1 400 n/d 336
Mt. Lorne 1 379 399 n/d
Mayo 366 324 378
Ross River 337 352 345
Pelly Crossing 328 238 281
Ibex Valley 1 315 322 n/d
Faro 313 1.261 381
Old Crow 299 278 259
Teslin 3 267 309 417
Tagish 206 164 187
Carcross 4 201 292 444
Beaver Creek 88 131 120
Burwash Landing 68 58 89
Destruction Bay 43 34 59
Total do Yukon 28.674 30.766 31.222

Notas:
  1 Parte de Whitehorse (aglomeracion)
  2 Inclue ao pobo e aos establecementos das Primeiras Nacions de Upper Liard e "Two and One-half mille Village".
  3 Inclue tanto a vila como a sua reserva india
  4 Inclue a localizacion e a sua reserva lindeira

Demografia [ editar | editar a fonte ]

Poboacion do Yukon desde 1901 :

Ano Poboacion Cinco anos
 % mudanza
Cinco anos
 % mudanza
Posto entre provincias
e territorios
1901 27.219 n/d n/d 10
1911 8.512 n/d -68,7 10
1921 4.157 n/d -51,1 11
1931 4.230 n/d 1,8 11
1941 4.914 n/d 16,2 11
1951 9.096 n/d 85,1 12
1956 12.190 34,0 n/d 12
1961 14.628 20,0 60,8 12
1966 14.382 -1,7 18,0 12
1971 18.390 27,9 25,7 12
1976 21.835 18,7 51,8 12
1981 23.150 6,0 25,6 12
1986 23.505 1,5 7,6 12
1991 27.797 18,3 20,0 12
1996 30.766 10,7 30,9 12
2001 28.674 -6,8 3,2 12

Fonte: Statistics Canada [1]

Transporte [ editar | editar a fonte ]

Antigamente, o principal medio de transporte era a rede fluvial do rio Yukon , tanto antes como logo da Febre do Ouro . Os tinglits da costa comerciaban coa xente atabasca empregando caminos montanosos.

Desde a febre do ouro ata os 1950, as embarcacions navegaron polo Yukon, principalmente entre Whitehorse como punto de concentracion e Dawson City, alguns ata chegando a Alasca e ao mar de Bering, mentres que outros o facian polo rio principal (o Yukon) e os seus afluentes (rio Stewart etc).

Moitos barcos pertencian a compania de navegacion do Yukon britanico, unha extension das rutas do White Pass (e Yukon), que operaba asi mesmo nunha area reducida entre Skagway (Alasca) e Whitehorse. O ferrocarril deixou de funcionar na decada de 1980 coa primeira clausura da mina de Faro. Hoxe en dia so e utilizado como medio de transporte e traslado de turistas durante o veran, e non na totalidade do territorio.

Ruta de Dempster

En tempos actuais, o principal medio de comunicacion terrestre representao, sen ningunha dubida, a Autoestrada de Alasca, que atravesa Whitehorse. A ruta de Klondike comprende o tramo que vai desde Skagway, pasando pola capital yukoniana ata chegar a Dawson City; a de Haines estendese desde a cidade do mesmo nome en Alasca ata Haines Junction, Yukon; e a de Dempster faio desde a ruta de Klondike ata Inuvik , nos Territorios do Noroeste. Todas estas estradas, fora da ultima, achanse pavimentadas. Outros caminos menos transitados son o Campbell, que comunica Camaracks con Watson Lake, na via de Alasca; e o "Silver Trail" que se une coa ruta de Klondike sobre a ponte do rio Stewart para unirse as vellas comunidades mineiras de prata en maio, Elsa e Keno City. A case totalidade dos municipios do Yukon son accesibles por estrada, sendo o transporte aereo a unica forma de chegar a remota comunidade de Old Crow no extremo norte.

O aeroporto internacional de Whitehorse serve de conexion con outras rexions proximas, entre elas Vancuver , Calgary , Edmonton , Fairbanks , Juneau e Frankfurt (no veran). Cada comunidade posue un aeroporto, e a empresa de voo esta esencialmente ao servizo do turismo e as prospeccions mineiras.

Administracion e goberno [ editar | editar a fonte ]

No seculo XIX , Yukon foi parte primeiro do Territorio do Noroeste administrado pola Compania da Baia de Hudson , e logo dos Territorios do Noroeste gobernados polo Canada. Conseguiu certo nivel de autogoberno so en 1895, cando se converteu nun distrito separado dos Territorios do Noroeste. En 1898 converteuse nun territorio separado, co seu propio Comisionado e Consello Territorial.

Antes de 1979 , Yukon era administrado por un Comisionado nomeado polo Ministro federal de Asuntos Indixenas e Desenvolvemento do Norte. Este comisionado presidia e xogaba un certo papel no nomeamento dun Consello executivo, cuxas competencias eran unicamente consultivas. En 1979, o goberno federal e o comisionado delegaron parte do seu poder nunha asemblea territorial que, nese ano, adoptou un sistema de partidos de goberno responsable. Este tramite foi efectuado a traves dunha carta acreditativa expedida polo ministro Jake Epp, mais que por un procedemento lexislativo.

A Yukon Act , aprobada o 1 de abril de 2003 , formalizou os poderes do goberno do Yukon e engadiu unha serie de competencias adicionais de indole territorial ao goberno do territorio (por exemplo, o control sobre a terra e os recursos naturais). Desde 2003, excepto en materia de persecucions criminais, o Yukon dispon case dos mesmos poderes que os gobernos provinciais, algo que tamen estan buscando os outros dous territorios (Noroeste e Nunavut ). Hoxe, o papel do Comisionado e analogo ao dun Tenente-Gobernador provincial; no entanto, a diferenza destes ultimos, os comisionados non representan a raina do Canada, senon que son empregados do goberno federal.

En prevision do goberno responsable, organizaronse partidos politicos e postularonse candidatos para a Asemblea Lexislativa do Yukon por primeira vez en 1978 . Os Conservadores Progresistas ganaron as eleccions e constituiron o primeiro goberno de partido en xaneiro de 1979. O Novo Partido Democratico do Yukon mantivose no poder desde 1985 ata 1992, baixo o mandato de Tony Penikett, e de novo en 1996 , con Piers McDonald, ata a sua derrota no 2000 . Os conservadores regresaron ao poder en 1992 da man de John Ostashek, tras cambiar o seu nome polo de Partido do Yukon. O goberno de Pat Duncan, do Partido Liberal do Yukon, foi derrotado nas eleccions de novembro de 2002 fronte a Dennis Fentie do Partido do Yukon, quen foi nomeado "premier".

Ainda que se presentaron debates ao redor de se o Yukon puidese ser considerado como a undecima provincia do Canada, adoitase por de relevo a sua escaseza de poboacion, razon mais que suficiente para desmerecer devandita categorizacion. Como resultado, o goberno da Columbia Britanica propuxo en gran cantidade de ocasions o facerse cargo da sua administracion.

A nivel federal, o territorio esta representado no Parlamento do Canada por un deputado e un senador. A diferenza do que sucede cos Estados Unidos, todolos membros do Parlamento tenen o mesmo valor, e os residentes en Yukon gozan dos mesmos dereitos que outros cidadans canadenses. Un dos representantes do Yukon no Parlamento ?Eric Nielsen? foi o deputado primeiro ministro durante o goberno de Brian Mulroney, mentres que outro ?Audrey McLaughlin? foi o lider do Novo Partido Democrata.

O Yukon foi unha das nove xurisdicions do Canada en propor o matrimonio entre homosexuais antes da aprobacion da Lei de Matrimonios Civis canadense, xunto con Ontario , Columbia Britanica , Quebec , Manitoba , Nova Escocia , Saskatchewan , Terra Nova e Labrador e Novo Brunswick .

Gobernos das Primeiras Nacions [ editar | editar a fonte ]

A gran maioria da poboacion forma parte das Primeiras Nacions . En 1991 asinouse un acordo territorial entre 7.000 representantes de catorce pobos indixenas diferentes e o goberno federal; desde enton, cada "nacion" de forma particular debe negociar as suas reclamacions especificas de terras e de autogoberno. En novembro de 2005 , 11 de 14 "Primeiras Nacions" asinaron acordos co goberno. A continuacion ofrecese unha lista das 14 Primeiras Nacions:

  • Primeiras Nacions de Carcross/Tagish ? en Carcross.
  • Primeiras Nacions de Champagne e Aishihik ? en Haines Junction.
  • Primeira Nacion de Na-cho Nyak Dun ? en Mayo.
  • Primeira Nacion de Kluane ? en Burwash Landing.
  • Primeira Nacion de Kwanlin Dun ? en Whitehorse.
  • Primeira Nacion de Liard ? en Watson Lake.
  • Primeira Nacion de Little Salmon/Carmacks ? en Carmacks.
  • Consello de Ross River Dena ? en Ross River.
  • Primeira Nacion de Selkirk ? en Pelly Crossing.
  • Consello de Ta'an Kwach'an ? en Whitehorse.
  • Consejo de Teslin Tlingit ? en Teslin.
  • Tr’ondek Hwech’in ? en Dawson City.
  • Primeira Nacion de Vuntut Gwitchin ? en Old Crow.
  • Primeira Nacion de White River ? en Beaver Creek.

O territorio tivo unha vez un establecemento inuit , localizado en Herschel Island sobre a costa do Artico . O mesmo foi desmantelado en 1987 e os seus habitantes trasladados aos Territorios do Noroeste . Como consecuencia do Acordo Final Inulaviut, a illa e hoxe un parque territorial e conecese oficialmente como Qikiqtaruk, o nome da illa en lingua inuktitut .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Anair Rodriguez Rodriguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dubidas linguisticas (PDF) . Area de Normalizacion Linguistica da Universidade de Vigo. p. 104. ISBN   84-8158-266-2 .  
  2. J. Cinq-Mars Sobre o significado dos osos de mamut modificados de Beringia do Leste O mundo dos elefantes - Congreso Internacional, Roma 2001.
  3. "Medioambiente do Canada, Zonas ecoloxicas do Pacifico e o Yukon" . Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2005 . Consultado o 05 de abril de 2008 .  

Bibliografia e ligazons [ editar | editar a fonte ]

Lecturas complementarias [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]