Xurxo Lorenzo Fernandez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXurxo Lorenzo Fernandez

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 11 de febreiro de 1910 Editar o valor em Wikidata
Ourense, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 2 de abril de 1934 Editar o valor em Wikidata (24 anos)
Zaragoza, Espana Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Cemiterio de San Francisco de Ourense Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion escritor , debuxante Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
Pai Tabarra Editar o valor em Wikidata
Irmans Xaquin Lorenzo Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1613854

Xurxo Lorenzo Fernandez , nado en Ourense o 11 de febreiro de 1910 e morto en Zaragoza o 2 de abril de 1934 [ 1 ] , foi un investigador e debuxante, irman do conecido etnografo Xaquin Lorenzo , Xocas , tres anos maior ca el.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

A causa da morte do pai, o escritor e caricaturista Jose Laurentino Lorenzo Alvarez ( Tabarra ), a finais de 1923 , a nai, Joaquina Fernandez Barcia, ten que marchar a Arxentina e os irmans separanse para ir vivir Xurxo a Vigo , co avo materno, e Xaquin a Lobeira (Ourense). Xurxo pronto manifesta a sua habilidade no debuxo , asi como para tocar diferentes instrumentos musicais.

Ainda que comeza a estudar Arquitectura en Madrid , abandonou a carreira e matriculouse en 1931 , co seu irman, en Santiago de Compostela , para estudar Filosofia e Letras . Os dous irmans involucranse no movemento galeguista, no que xa participaran en Ourense, e colaboran co Seminario de Estudos Galegos , no que e nomeado Segredario de Actas en 1932 . Estas actividades rematan provocando alguns enfrontamentos cos seus profesores, polo que se ven obrigados a pedi-lo traslado a Zaragoza en 1933 , onde Xurxo morre o pouco de chegar, a consecuencia dunha septicemia .

A pesar do prematuro da sua morte, escribiu diversos traballos en distintas materias vinculadas con Galicia , como arte, historia, arqueoloxia, etnografia ou epigrafia, que publicou en Nos , no Arquivos do Seminario de Estudos Galegos e outras revistas, so ou en colaboracion co seu irman, con Florentino Lopez Cuevillas , Fermin Bouza-Brey e outros.

Exemplos destes traballos son as seguintes publicacions:

Xaquin e Xurxo Lorenzo con sua nai Joaquina Fernandez Barcia, c. 1930.
  • "Un casamento na Lobeira" ( Nos 58, 15 de outubro de 1928, 186-188)
  • "A cristianizacion do castro de Monterrei" ( Nos 94, 15 de outubro de 1931, 188-191)
  • "Notas do meu diario arqueoloxico" ( Nos nº 124-125, abril-maio 1934, 74-88)
  • "Tres estacions de arte rupestre da Serra do Leboreiro", con Luciano Farina ( Nos 115, 25 de xullo de 1933, 124-132)
  • "Blasos de Ourense" ( Arquivos do Seminario de Estudos Galegos", vol. V, 1930, 155-169; vol. VI, 1932, 259-276)
  • "Catalogo dos castros galegos. Terra de Lobeira", co seu irman Xaquin e Cuevillas ( Nos 116, 15.08.1933, 174-182; 117, 15.09.1933, 189-200; 118, 15.10.1933, 211-224)
Sepultura no cemiterio de S. Francisco .

Como debuxante, ilustrou O senor feudal , de Vicente Risco e e sua a portada de Autonomia , de Ramon Villar Ponte . Un dos seus debuxos mais reproducidos e o Xogador de porca .

Ramon Otero Pedrayo dixo del, no Libro dos Amigos , que " de ter vivido mais anos seria o mestre e o poeta da sua xeracion, cumpridor do voto e arelanza de Vicetto e de Pondal ".

En novembro de 2010 , o Museo do Pobo Galego presentou unha exposicion Debuxos de Lobeira. Plumillas de Xurxo Lorenzo e fotografias de Mark Ritchie .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Na Gran Enciclopedia Galega Silverio Canada dase o 3 de abril como data da morte.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]