한국   대만   중국   일본 
Xoan de Borbon e Battenberg - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Xoan de Borbon e Battenberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaA Sua Alteza Real Editar o valor em Wikidata
Xoan de Borbon e Battenberg

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (es) Juan de Borbon Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento (es) Juan Carlos Teresa Silverio Alfonso de Borbon y Battenberg Editar o valor em Wikidata
20 de xuno de 1913 Editar o valor em Wikidata
La Granja de San Ildefonso, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 1 de abril de 1993 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Pamplona, Espana Editar o valor em Wikidata
Causa da morte cancro de larinxe Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Cripta Real do Mosteiro do Escorial Editar o valor em Wikidata
Pretendente ao trono de Espana
15 de xaneiro de 1941 ? 14 de maio de 1977  ( Renunciation of Juan, Count of Barcelona (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Relixion Igrexa catolica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion oficial da armada Editar o valor em Wikidata
Profesores Ferran Valls i Taberner (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua catala e lingua castela Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militar Capitan Xeneral da Real Armada Espanola Editar o valor em Wikidata
Outro
Titulo Conde de Barcelona (1941?1993)
Pretendente ao trono de Espana (1941?1977)
Principe de Asturias (1933?1941)
Infante de Espana (1913?1933) Editar o valor em Wikidata
Familia Casa de Borbon-Anjou Editar o valor em Wikidata
Conxuxe Maria das Merces de Borbon-Duas Sicilias (1935?1993)
Fillos Pilar de Borbon e Borbon-Duas Sicilias , Margarida de Borbon e Borbon-Duas Sicilias , Xoan Carlos I de Espana , Afonso de Borbon e Borbon-Duas Sicilias Editar o valor em Wikidata
Pais Afonso XIII de Espana Editar o valor em Wikidata  e  Vitoria Uxia de Battenberg Editar o valor em Wikidata
Irmans Afonso de Borbon e Battenberg , Xaime de Borbon e Battenberg , Beatriz de Borbon e Battenberg , Maria Cristina de Borbon e Battenberg e Gonzalo de Borbon e Battenberg Editar o valor em Wikidata
Parentes Beatriz do Reino Unido (pt) Traducir ( avoa materna ) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxia
12 de outubro de 1935 Wedding of Infante Juan of Spain and Princess Maria de las Mercedes of Bourbon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

BNE: XX890825 WikiTree: Bourbon-76 Find a Grave: 11851805 Editar o valor em Wikidata

Xoan de Borbon e Battenberg , conde de Barcelona , nado no Palacio Real de La Granja de San Ildefonso o 20 de xuno de 1913 , e finado en Pamplona o 1 de abril de 1993 , foi o terceiro fillo varon do rei Afonso XIII e pai do rei Xoan Carlos I .

Desde o 15 de xaneiro  de 1941 ata o 14 de maio  de 1977 foi o Xefe da Casa Real espanola . [ 1 ] [ 2 ] Nese dia, nun discurso dado no Palacio da Zarzuela , renunciou oficialmente os seus dereitos sucesorios en favor do seu fillo o rei Xoan Carlos I , reservandose para si mesmo o titulo de conde de Barcelona , propio dos soberanos espanois .

Vida [ editar | editar a fonte ]

Nacemento e formacion [ editar | editar a fonte ]

Nado Juan Carlos Teresa Silverio Alfonso de Borbon y Battenberg , [ 3 ] era fillo de Afonso XIII e de Vitoria Uxia de Battenberg . Tras realizar os seus primeiros estudos en Madrid , ingresou na Escola Naval Militar de Cadiz (actualmente en Marin ). Tivo que interromper a sua formacion, que continuou na Royal Navy , ao ter que partir cara ao exilio coa proclamacion da Segunda Republica espanola .

No ano 1927 foi nomeado cabaleiro da Orde do Velaro de Ouro .

Herdeiro dos dereitos dinasticos [ editar | editar a fonte ]

Como terceiro fillo varon de Afonso XIII, non estaba destinado a herdar a coroa. Con todo, o primoxenito, Afonso, renunciou a coroa para poder casar cunha persoa que non pertencia a realeza en 1933 . O segundo, Xaime de Borbon , foi obrigado a renunciar porque era xordomudo (ainda que mais tarde arrepentiuse e quixo recobrar os seus dereitos). Tamen utilizouse como argumento, que reforzaria a renuncia de Xaime, a sua ligazon cunha muller que, ainda que nobre, non pertencia a realeza. A continuacion vinan as suas duas irmas mais vellas (Beatriz e Maria Cristina) sobre as que tivo preferencia por ser mulleres, o que converteu a Juan en herdeiro dos dereitos dinasticos da Casa de Borbon .

Coa proclamacion da Republica numerosos monarquicos espanois, como Jose Calvo Sotelo , perseguiron a abdicacion do seu pai e o nomeamento de don Xoan como xefe da Casa Real espanola. Ao tempo, pretendiase unificar na figura de don Xoan a todos os monarquicos espanois, escindidos entre afonsinos e carlistas . Con todo, a negativa de Afonso XIII a renunciar ao trono e a desconfianza dos carlistas acabaria por imposibilitar a operacion. [ 4 ]

Guerra Civil [ editar | editar a fonte ]

O comezo da Guerra Civil espanola , co apoio do seu exiliado pai Afonso XIII, pretendeu unirse aos sublevados contra a Segunda Republica . O 1 de agosto de 1936 cruzou a fronteira espanola por Dancharinea escoltado por un grupo de navarros monarquicos. Pasou coa identidade falsa de Juan Lopez e traballador do Hotel "La Perla" de Pamplona . Chegou ao hotel pola mana onde foi saudado polo director e puxose unha funda azul co simbolo da falanxe e unha boina vermella que lle regalaron. Ao asomarse a unha das xanelas foi reconecido por carlistas que estaban no proximo "Circulo Tradicionalista" e recriminaronlle o uso do seu simbolo. Estes denunciarono e el partiu inmediatamente cara a Burgos para evitar ser conecido e que isto impedise a sua incorporacion. Pola noite, cando ceaba no parador de Aranda de Duero , telefonoulle o xeneral Fidel Davila , que transmitia ordes do xeneral en xefe do levantamento militar, Emilio Mola , no que dispuxo que retornase, algo que fixo, pasando a fronteira o 2 de agosto . [ 5 ]

Renuncia de Afonso XIII [ editar | editar a fonte ]

Monumento a Juan de Borbon en Madrid

Desde a renuncia de Afonso XIII como xefe da Casa Real espanola o 15 de xaneiro de 1941 (apenas un mes antes da sua morte), Juan foi o pretendente ao trono de Espana e encabezou a defensa da causa monarquica contra a ditadura de Franco , ligando o proxecto de restauracion da monarquia a unha concepcion politica liberal e democratica ( Manifesto aos espanois , 1945 ), liderando parte da oposicion ao franquismo. En 1946 instalouse en Estoril , Portugal coa sua familia e desde ali, asesorado por un consello privado, despregou un paciente labor diplomatico en favor da sua propia causa.

No ano 1956 sufriu un duro golpe que afectou a sua familia: a morte accidental do seu fillo mais pequeno, o infante Afonso, de 15 anos, mentres xogaba cun revolver co seu irman Xoan Carlos. O irman mais vello de Xoan e tio de Xoan Carlos I, Xaime de Borbon , arrepentido de renunciar aos seus dereitos sucesorios, solicitaria mais tarde unha investigacion en profundidade, ao considerar que tal suceso podia afectar a lina sucesoria.

Varias entrevistas co xeneral Franco convencerono de que non tina intencion de devolverlle o Trono; pero consentiu en que o seu fillo Xoan Carlos fose educado en Espana baixo a tutela do ditador e en que este o nomease sucesor co titulo de rei na Xefatura do Estado ( 19 de xullo de 1969 ). Este feito distanciou durante alguns anos a pai e fillo. De feito, non se pode considerar rei a Xoan Carlos I segundo a tradicion borbonica ata que Juan de Borbon abdicou na persoa do seu fillo en 1977, unha vez que comprobou as conviccions democraticas do seu fillo, que o propio Juan de Borbon puxera en dubida tras aceptar a proposta de Franco de aceptar a Xefatura do Estado a sua morte. Conseguiuse asi a reinstauracion da monarquia borbonica, ainda que a custa de renunciar as suas propias aspiracions a Coroa, pois foi Xoan Carlos I quen fora proclamado rei de Espana , o 22 de novembro de 1975 segundo desexo do xeneral Franco, que esperaba que mantivese o rexime imperante. Ate o 9 de marzo de 1976 non tivo o primeiro encontro co seu fillo tras a sua proclamacion como rei. Para iso fixo unha viaxe a Madrid desde Lisboa , volvendo o mesmo dia.

Renuncia ao trono e morte [ editar | editar a fonte ]

O 14 de maio de 1977 , nunha sinxela e breve cerimonia celebrada no Palacio da Zarzuela , Juan de Borbon renunciou oficialmente aos seus dereitos dinasticos, cedendo ao seu fillo, o xa rei Xoan Carlos I desde 1975, a xefatura da Casa Real espanola. Desde enton mantivo o titulo de conde de Barcelona, que xa usara durante o seu exilio.

No ano 1978 foi nomeado Almirante Honorario da Armada Espanola . O goberno ascendeulle o 4 de decembro  de 1988 a Capitan Xeneral da Armada.

No ano 1980 diagnosticouselle no Memorial Hospital de Nova York un cancro de larinxe , enfermidade que lle provocou a morte o 1 de abril  de 1993 , aos 79 anos de idade, na Clinica Universitaria de Navarra . Foi soterrado no Mosteiro de San Lorenzo de El Escorial , con honores de rei de Espana.

Descendencia [ editar | editar a fonte ]

Juan de Borbon casou coa sua prima a princesa Maria das Merces de Borbon-Duas Sicilias o 12 de outubro de 1935 na basilica d'Os Anxos en Roma , tiveron catro fillos:

  • S.A.R. a infanta Pilar de Borbon e Borbon-Duas Sicilias , duquesa de Badaxoz ( Maria del Pilar Alfonsa Juana Victoria Luisa Ignacia de Todos los Santos ) (n. 1936), quen casou con Luis Gomez-Acebo e Duque de Estrada, Vizconde da Torre.
  • S.M. o rei Xoan Carlos I ( Juan Carlos Alfonso Victor Maria de Todos los Santos ) (n. 1938), quen casou coa princesa Sofia de Grecia e Dinamarca , hoxe raina consorte de Espana.
  • S.A.R. a infanta Margarida de Borbon e Borbon-Duas Sicilias , duquesa de Soria e de Hernani ( Margarita Maria de la Victoria Esperanza Jacoba Felicidad Perpetua de Todos los Santos ) (n. 1939), quen casou co doutor Carlos Zurita y Delgado.
  • S.A.R. o infante Afonso ( Alfonso Cristino Teresa Angelo Francisco de Asis y Todos los Santos ) (1941?1956)

Antepasados [ editar | editar a fonte ]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
8. Francisco de Asis de Borbon, rei consorte de Espana
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
4. Afonso XII, rei de Espana
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
9. Isabel II, raina de Espana
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Afonso XIII, rei de Espana
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
10. Arquiduque Carlos Fernando de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Arquiduquesa Maria Cristina de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
11. Arquiduquesa Isabel Francisca de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Xoan de Borbon, conde de Barcelona
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
12. Principe Alexandre de Hesse-Darmstadt
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
6. Principe Henrique de Battenberg
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
13. Condesa Xulia von Hauke, princesa de Battenberg
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Vitoria Uxia de Battenberg
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
14. Alberte de Saxonia-Coburgo, principe consorte do Reino Unido
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
7. Princesa Beatriz do Reino Unido
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
15. Vitoria I, raina do Reino Unido e de Irlanda e emperatriz da India
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Afonso de Borbon e Battenberg

Principe de Asturias [ 6 ]

1933 - 1941
Sucesor:
Xoan Carlos de Borbon e Borbon-Duas Sicilias

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]