한국   대만   중국   일본 
Xoan I Tzimisces - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Xoan I Tzimisces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXoan I Tzimisces

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (el) Ιω?ννη? ≪Τσιμισκ??≫ Κουρκο?α? Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento c.   925 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Morte 10 de xaneiro de 976 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (50/51 anos)
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Causa da morte doenza Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Emperador bizantino
11 de decembro de 969 ? 10 de xaneiro de 976
←  Niceforo II ? Basilio II  → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Imperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion gobernante Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 969 Editar o valor em Wikidata - 976 Editar o valor em Wikidata
Lingua Grego antigo Editar o valor em Wikidata
Familia
Familia Dinastia macedonica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Conxuxe Teodora
Fillos Theophano Kourkouas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Xoan I Kourkouas , chamado Tzimisces (en grego : Ioannes "Tzimisces" Kourkouas, escrito Ιωάννης ≪Τζιμισκής≫ Κουρκούας), viviu c. 925 - 10 de xaneiro de 976 e foi emperador bizantino desde o 11 de decembro de 969 ata a sua morte.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Nacera cara a 925; o seu pai era da familia Kourkouas e a sua nai dos Focas . Ambas eran distinguidas familias de Capadocia , de orixe posibelmente armenia , e contabanse entre as mais destacadas da emerxente aristocracia militar de Asia Menor . Varios dos seus membros serviran en altos cargos militares, entre eles o irman da sua nai, Niceforo Focas .

As fontes contemporaneas describen a Xoan como unha persoa de pouca estatura fisica pero forte, cos cabelos louros avermellados, barba e ollos azuis, que resultaba moi atractivo. Parece que entrou no exercito sendo moi novo, primeiro baixo o mando do seu tio materno Niceforo, o cal e considerado tamen o seu instrutor na arte da guerra. En parte debido as suas conexions familiares e en parte grazas as suas habilidades persoais, Xoan ascendeu con rapidez. Obtivo o mando politico e militar da provincia de Armenia antes de cumprir os vinte e un anos.

Na epoca en que o Imperio estaba en guerra co seu vecino oriental, o califato abasida , Armenia era a fronteira entre ambas potencias, e Xoan logrou defender con exito esta provincia. El coas suas tropas unironse ao corpo principal do exercito que loitaba contra o inimigo baixo o mando de Niceforo Focas. Niceforo significa "portador da vitoria", e este xustificou o seu nome cunha serie de vitorias que lle permitiron estender a fronteira cara ao leste coa toma dunhas 60 cidades fronteirizas, entre elas Alepo . Cara a 962 , os abasidas pediron un tratado de paz favorabel aos bizantinos, que aseguraba as suas fronteiras durante varios anos. Xoan distinguiuse durante a guerra tanto en accions xunto ao seu tio como no mando dos seus propios corpos de exercito. Era bastante popular entre as suas tropas, e ganouse a reputacion de tomar a iniciativa no campo de batalla, logrando cambiar o curso dalgunhas batallas. Por todo iso, considerabaselle unha especie de heroe militar.

O 15 de marzo de 963 , o emperador Romano II morreu inesperadamente a idade de vinte e seis anos. A causa da sua morte resulta dubidosa: tanto as fontes contemporaneas como os historiadores posteriores opinan que o novo emperador esgotou a sua saude cos excesos da bebida e da sua vida sexual, mentres que outros sospeitan que a sua esposa, a emperatriz Teofano (c. 941 - logo de 976 ), o envelenou. Teofano xa enton se ganou unha reputacion como muller intelixente e ambiciosa, posteriormente estenderiaa a sua falta de escrupulos para conseguir os seus fins. Antes da sua morte, Romano coroara como coemperadores aos seus dous fillos: os futuros emperadores Basilio II e Constantino VIII . Pero enton, Basilio so tina cinco anos e Constantino tres, e por iso non podian asumir os deberes propios dos seus titulos. Teofano, xa que logo, foi nomeada rexente.

Pero non se lle permitiu gobernar soa. Xose Bringas , un eunuco e alto funcionario de palacio, que chegara a ser conselleiro principal de Romano, mantivose no seu posto. Segundo as fontes contemporaneas, Bringas pretendeu conservar nas suas mans o poder decisorio para os asuntos de importancia, no canto de que este recaese na xove emperatriz. Tamen tratou de facerse con parte do poder que estivera en mans de Niceforo Focas: o vitorioso xeral fora aceptado como o xeneral en xefe do exercito e mantina intensas conexions coa aristocracia. Bringas temia que Niceforo puidese reclamar o trono co dobre apoio do exercito e da aristocracia. As intrigas de Bringas durante os meses que seguiron fixeron que Teofano e Niceforo se aliasen na sua contra: sen que este o soubese, a emperatriz nai e o xeneral comezaran a negociar entre eles.

Tras apoiar ao seu tio materno para que este ascendese ao trono como Niceforo II e para recuperar as provincias orientais do Imperio, Xoan perdeu o seu poder por mor dunha intriga, por iso aliouse con Teofania, a esposa de Niceforo, para asasinalo.

Elixido gobernante no seu lugar, para xustificar a sua usurpacion Xoan concentrou todas as suas forzas na loita contra os invasores estranxeiros do Imperio. Nunha serie de campanas contra a recentemente establecida potencia rusa de Kiiv ( 970 - 973 ), expulsou os inimigos de Tracia , atravesou o monte Haemus e asediou a fortaleza de Dorystolon no Danubio . Tras varias batallas derrotou aos rusos de tal modo que o consideraron senor dos bulgaros orientais.

Ademais reforzou a sua fronteira setentrional levandose a Tracia algunhas colonias de bogomilos sospeitosos de proximidade aos sarracenos do leste. En 974 volveuse contra o Imperio abasida e recuperou con facilidade alguns territorios do interior de Siria e un tramo medio do Eufrates .

Morreu repentinamente en 976, retornando da sua segunda campana contra os sarracenos. O seu sobrenome parece derivarse do armenio tshemshkik , que significa "bota vermella".


Imperio Bizantino

Segue a:
Niceforo II
Xoan I Tzimisces
( 969 - 976 )

Precede a:
Basilio II
Dinastia Macedonia