한국   대만   중국   일본 
Xixon - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Xixon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaXixon
Gijon (es)
Xixon (ast) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  43°31′46″N 5°40′38″O  /  43.52931, -5.67732 Coordenadas : 43°31′46″N 5°40′38″O  /  43.52931, -5.67732
Estado Espana
Comunidade autonoma Asturias
Provincia provincia de Asturias Editar o valor em Wikidata
Capital de
Capital Xixon Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Poboacion 268.313 (2023) Editar o valor em Wikidata (1.455,77 hab./km² )
Numero de fogares 122.519 (2011) Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Superficie 184,31 km² Editar o valor em Wikidata
Banado por Mar Cantabrico Editar o valor em Wikidata
Altitude 10 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos historicos
Evento clave
setembro de 1394 Siege of Gijon (en) Traducir
16 de agosto de 1936 Siege of Gijon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Santo padron Pedro Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
• Alcalde Editar o valor em WikidataCarmen Moriyon (2023?) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Codigo postal 33201?33213 e 33200 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Codigo INE 33024 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Paxina web gijon.es Editar o valor em Wikidata

Xixon [ 1 ] [ 2 ] [ 3 ] (en castelan : Gijon ; en asturiano : Xixon ; oficialmente Gijon/Xixon [ 4 ] ) e un concello e unha cidade do norte de Espana , situada a caron do mar Cantabrico , na costa do Principado de Asturias .

Cunha poboacion de 277 559 habitantes en 2011 e o concello mais poboado de Asturias , por riba do da capital. A cidade esta situada a 27 km de Oviedo e 25 km de Aviles , formando parte da grande area metropolitana do centro da comunidade, de 869 723 habitantes (2009).

Conta cun importante porto, El Musel , que alimenta e comunica a sua industria. E o sexto na clasificacion de Espana e o cuarto en explotacion.

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Sito na costa central asturiana, entre 0 e 672 metros sobre o nivel do mar ( Pena de los Cuatro Jueces ), o concello de Xixon limita ao oeste con Carreno e Corvera de Asturias , ao leste con Villaviciosa e Sariego , e ao sur con Siero e Llanera . Esta moi preto das outras duas principais cidades asturianas, Oviedo e Aviles , situadas a 28 e 21 km, respectivamente.

A cidade esta situada no treito costeiro central do concello, nunha baia dividida pola peninsula de Cimadevilla (casco antigo) que separa a praia de San Lorenzo ao oeste, do porto deportivo, praia de Poniente e praia do Arbeyal , estaleiros e porto de El Musel , ao leste.

Historia [ editar | editar a fonte ]

As primeiras testemunas da presenza do home no que hoxe se conece como concello de Xixon situanse no Monte Deva , onde existen unha serie de tumulos (primitivos soterramentos) e no Monte Areo (Carreno), onde se encontra un conxunto dolmenico neolitico considerado como o mais importante do norte de Espana .

Eloxio do horizonte de Eduardo Chillida

A dominacion romana comeza coa conquista do lugar por parte de Sesto Apuleio, a quen lle foron entregados honores polo Senado de Roma, e este coma mostra de gratitude erixiu un monumento (cerca do fondeadoiro de Torres) sinalando a sua vitoria e dedicado a Xupiter e a Augusto, sendo esta cidade conecida dende enton por Gigia .

Baixo o dominio romano a cidade seguiu florecendo, e o igual que con anterioridade logrou atraer os comerciantes cartaxineses , tamen fixo o propio cos romanos, grazas a riqueza dos minerais, a madeira, a calidade das pedras das canteiras e incluso pola manufactura dunha das bebidas mais populares do Imperio (unha mestura de vino, peixe e sal).

Trala caida do Imperio romano e as posteriores invasions a civitas xixonesa foi abandonada, mais non se conecen as causas do seu despoboamento no transcurso da Alta Idade Media , periodo no que escasean as noticias sobre Xixon, que revive para a Historia no intre no que o soberano Afonso X lle outorga , o 12 de maio de 1270 , a condicion de pobra , feito que e reflectido en documentos de San Vicente de Oviedo. Non obstante, esa reaparicion historica vese ensombrecida polos acontecementos que seguiron a morte do rei Afonso XI , na seguinte centuria; Xixon serve, enton, de escenario a un enfrontamento entre partidarios do rei lexitimo Pedro I e Henrique de Trastamara (de Trans Tamaris, mais ala do rio Tambre ). No seculo XIV gobernou Xixon Rodrigo Alvarez Asturias , quen gobernaba os condados de Xixon e Norena . Foi titor de Henrique de Trastamara , fillo bastardo de Afonso XI, o que Xixon apoiou nos seus enfrontamentos co seu medio irman Pedro I. Henrique de Trastamara] deu ao seu fillo, Afonso Enriquez, os condados de Xixon e Norena, rebelandose contra o rei Xoan I , e facendose forte en Xixon, en 1383 , para rematar derrotado e feito prisioneiro. Escapa posteriormente a Francia e deixa o mando da vila a sua esposa Isabel, quen en 1395 incendia a cidade antes de abandonala. Enton, o rei toma a determinacion de que Xixon se incorpore a Coroa .

A repoboacion da vila comeza no seculo XIV e en 1480 os Reis Catolicos dan a sua autorizacion para que en Xixon se construa un porto e que se lle dean os medios para levalo a cabo. Dende enton a historia de Xixon aparece vencellada estreitamente ao desenvolvemento do seu porto. No seculo XV crease o primeiro peirao de mar, complementado en 1552 cun peirao de terra. Xixon comeza a sua actual fisionomia no seculo XVII ao estenderse sobre o areal e a lagoa que puna cerco ao seu antigo asentamento. O Real Decreto de 1765 e o Regulamento de 1778 foron duas disposicions que permitiron ao porto de Xixon o libre comercio coas colonias americanas, o que levou a vila a conecer un moderado crecemento urbano, cuxo ordenamento contemplouse no Plan de Melloras para a cidade desenado por Jovellanos e aprobado polo Concello en 1782 .

En maio de 1809 e ocupada polas tropas napoleonicas, para ser definitivamente abandonada polas mesmas en xaneiro de 1812 .

O auxe da explotacion do carbon na conca central asturiana favoreceu as comunicacions da cidade co ferrocarril Sama-Xixon en 1856 e a construcion en 1893 do novo porto de El Musel .

Xixon pasou a ser efemera capital de Asturias tras ganar maioritariamente (64% dos votos) as eleccions de 1936 o Frente Popular . Dende o comezo da guerra civil sufriu bombardeos, tanto aereos (principalmente, Lexion Condor ) como maritimos ( cruceiro Almirante Cervera ), ata que o 21 de outubro de 1937 foi ocupada polas tropas de Franco . [ 5 ]

A partir da ditadura franquista chegou o engalaxe dos sesenta coa creacion da factoria siderurxica de Uninsa ( 1971 ), a ampliacion de El Musel e a inauguracion da autoestrada Y (A-66) en 1976 , que mellorou as comunicacions con Oviedo e Aviles .

Panoramica do porto deportivo, co barrio de Cimadevilla ao fondo.

Demografia [ editar | editar a fonte ]

Evolucion demografica de Xixon

Economia [ editar | editar a fonte ]

Vista da praia artificial de Poniente de Xixon.

Cidade tradicionalmente industrial, a economia de Xixon sufriu grandes cambios a partir das duras reconversions do sector industrial desde a decada dos setenta.

A engalaxe economica de Xixon iniciouse a finais do seculo XIX , debido a confluencia de varios factores:

  • A explotacion do carbon das concas hulleiras do interior de Asturias (principalmente en Mieres e Langreu ). A construcion do ferrocarril de Langreu , terceiro ferrocarril espanol, en 1856 , fixo de Xixon o porto de embarque da maior parte da producion mineira asturiana, estimulando o comercio e a industria local.
  • A repatriacion de capitais antillanos, como consecuencia da independencia de Cuba , que propiciaron a creacion de novas industrias e investimentos inmobiliarios.

O modelo industrial xerado, tipico da primeira Revolucion Industrial , constaba xa que logo dun forte sector secundario, con gran presenza da industria metalica, siderurxica, ceramica, vidro e textil. O sector terciario, ademais da actividade comercial xerada pola cidade, incluiu a incipiente actividade turistica do Xixon da epoca, que tamen aspirou a converterse nunha gran estacion balnearia. Con todo non chegou a prosperar o esperado debido ao tardio enlace ferroviario que conectou Asturias coa meseta .

A seguinte etapa de gran crecemento economico de Xixon produciuse a finais da decada dos sesenta, debido a construcion da factoria de Uninsa ( Ensidesa ) e a actividade do porto e dos estaleiros.

Tras unha dura crise e reconversion nos anos oitenta, na actualidade, o sector terciario e o mais importante da economia xixonesa, seguido do sector secundario (industrias siderurxicas e metalicas). O peso do sector primario na economia do municipio e practicamente irrelevante.

O Concello de Xixon ten unha debeda publica de 140,145 millons de euros [ 6 ] , sendo o municipio do Principado mais endebedado en datos absolutos, e o terceiro en termos relativos (505 €/habitante) tras Carreno (644 €/hab) e Oviedo (603 €/hab). [ 7 ]

Porto de Xixon [ editar | editar a fonte ]

El Musel e o primeiro porto espanol de mercadorias a granel, o sexto na clasificacion xeral de portos espanois e o cuarto en resultados de explotacion. O Porto de Xixon esta equipado coas mais modernas instalacions, aptas para manipular todo tipo de traficos. [ 8 ]

Porto do Musel desde a Campa de Torres.

Lugares de interese [ editar | editar a fonte ]

Casa do concello
Igrexa de San Lorenzo
  • Cerro de Santa Catalina, coa escultura de Eduardo Chillida "Elogio del Horizonte". Na parte sur do cerro asentase o barrio de Cimadevilla, conxunto historico artistico.
  • Palacio Revillagigedo.
  • Termas romanas.
  • Castro de Campa Torres.
  • Edificios de arquitectura modernista.
  • Museo Casa Natal de Jovellanos.
  • Teatro Jovellanos
  • Universidade Laboral de Xixon.
  • Xardin Botanico Atlantico.
  • Parque Isabel A Catolica.
  • Museo Evaristo Vale.
  • Feira Internacional de Mostras de Asturias (FIDMA).
  • Museo Etnografico do Pobo de Asturias.
  • Casino de Asturias.
  • Acuario de Xixon.
  • Balneario de Talasoterapia "Talasoponiente"

Praias [ editar | editar a fonte ]

Praia de San Lorenzo e Cimadevilla

Festas [ editar | editar a fonte ]

  • San Xoan e San Pedro. Celebrase do 23 ao 29 de xuno, destacando a fogueira e os fogos artificiais do 23. O dia 29 a cidade celebra ao seu patron (San Pedro) cunha misa solemne e a bendicion das augas.
  • Festas de Nosa Senora de Begona. Festa grande da cidade, oficialmente nomeada coma Semana Grande, prolongase ao longo duns 10 dias no transcurso dos cales ten lugar a feira taurina e varios concertos, chegando ao seu punto alxido na noite do 14 de agosto cos fogos artificiais. O dia 15 celebrase unha xornada adicada a virxe cunha misa solemne, a que segue o baile da enxebre danza prima asturiana e o lanzamento dunha traca conecida coma 'Restallon'.

No contexto da Semana Grande, o primeiro domingo de agosto ten lugar unha xira popular ao cerro de Santa Catalina conecida coma Dia de Asturias en Xixon, que outrora remataba cun grande desfile de carrozas polo centro da cidade.

Cidades irmandadas [ editar | editar a fonte ]

Xixon esta irmandada coas seguintes cidades: [ 9 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xixones .
  2. Anair Rodriguez Rodriguez, Montserrat Davila Ventura. Area de Normalizacion Linguistica da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dubidas linguisticas (PDF) . p. 101. ISBN   84-8158-266-2 .  
  3. Benigno Fernandez Salgado (edicion) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega . Editorial Galaxia. p. 1296. ISBN   9788482887524 .  
  4. O toponimo oficial do concello e Gijon e da cidade Gijon/Xixon .
  5. Documentacion '1936 Xixon 1937' acompanante a exposicion "Gijon bajo las bombas/Xixon so les bombes", Antigo Instituto Jovellanos, Xixon 2019
  6. "Ministerio de Economia y Hacienda" (PDF) . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de novembro de 2015 . Consultado o 06 de novembro de 2010 .  
  7. Carreno e Oviedo, os municipios que mais debeda acumulan por habitante
  8. Autoridade Portuaria de Xixon
  9. Concello de Xixon

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]