Xigante gasoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xupiter ; o maior dos dous xigantes gasosos do sistema solar .
Saturno , o segundo xigante gasoso do sistema solar.

Un xigante gasoso e un planeta xigante composto esencialmente de gas , isto e hidroxeno e helio . No sistema solar hai dous, Xupiter e Saturno .

Historia do nome [ editar | editar a fonte ]

O termo apareceu por primeira vez [ 1 ] no relato de James Blish "Solar Plexus", na version que apareceu na antoloxia de 1952 Beyond Human Ken . Orixinalmente era sinonimo de "planeta xigante", pero na decada de 1990, estableceuse que Urano e Neptuno pertencian a unha clase distinta de obxectos, diferente da que formaban parte Xupiter e Saturno . Os dous primeiros planetas estan compostos principalmente de elementos volatiles mais pesados que o hidroxeno e o helio como auga , metano e amoniaco , o que se denomina en planetoloxia xeado , polo tanto agruparonse na categoria de xigantes xeados.

Estrutura / composicion [ editar | editar a fonte ]

Xupiter e Saturno consisten principalmente de hidroxeno e mais helio, os elementos mais pesados representan so entre o 3% e o 13% da sua masa [ 2 ] . A sua estrutura interna formaa unha capa externa de hidroxeno molecular gasoso, que pasa a se converter en liquido coa profundidade, comprimindo unha capa de hidroxeno metalico liquido rodeando, probablemente, un nucleo de rocha e xeo. A capa externa, e dicir, a atmosfera caracterizase pola presenza de varias bandas nubosas compostas principalmente de auga e amoniaco. A capa de hidroxeno metalico representa o "corpo" destes planetas, e o nome de metalico ven do feito de que se situa nunha zona onde a presion e tal que o hidroxeno se comporta como un condutor electrico. O nucleo central consistiria pola sua parte nunha mestura de elementos mais pesados (especialmente rocha ou metal) a temperaturas ( 20 000 K ) e presions tales que as suas propiedades son pouco conecidas [ 2 ]

Recreacion artistica de 79 Ceti b, o primeiro xigante gasoso extrasolar descuberto cunha masa menor a de Saturno.

Xigantes gasosos extrasolares [ editar | editar a fonte ]

Ata 2014 por mor das primeiras tecnicas existentes para detectaren planetas extrasolares , todos os que se atopaban eran dunha escala comparable a dos xigantes gasosos do sistema solar. O mais pequeno tina 17 veces a masa da Terra, e moitos tinan unha masa varias veces a de Xupiter. Alguns planetas extrasolares estan moito mais proximos as suas estrelas respectivas e, polo tanto, son mais quentes cos xigantes gasosos do sistema solar, facendo posible que alguns destes planetas sexan dun tipo que non se atopa no noso sistema solar. O limite superior de masa dun xigante gasoso e teoricamente aproximadamente 70 veces a de Xupiter (0,08 veces a masa do Sol ). Por riba dese punto, a intensa calor e presion ao nucleo do planeta comenzan a provocar unha fusion nuclear e o planeta convertese nunha anana vermella . A partir de 2014 [ 3 ] coa confirmacion dos descubrimentos de planetas grazas as melloras na tecnica que trouxo consigo a mision Kepler, fixose comun o descubrimento de planetas mais pequenos, mesmo ananos gasosos [ 4 ] .

Clasificacion [ editar | editar a fonte ]

Segundo a clasificacion de David Sudarsky [ 5 ] os gasosos extrasolares dividense en cinco clases: clase I: nubes de amoniaco; clase II: nubes de auga; clase III: desanubrados; clase IV: metais alcalinos e clase V: nubes de silicato.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Steven J. Dick (2013) Discovery and Classification in Astronomy: Controversy and Consensus Cambridge University Press, p. 56
  2. 2,0 2,1 T. Guillot et al., "The Interior of Jupiter" in France Bagenal, Timothy E. Dowling e William B. McKinnon (2004) Jupiter : The Planet, Satellites and Magnetosphere . Cambridge University Press
  3. Johnson, Michele; Harrington, J.D. (26 de febreiro de 2014). "NASA's Kepler Mission Announces a Planet Bonanza, 715 New Worlds" . NASA . Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2014 . Consultado o 26 February 2014 .  
  4. "Earth-mass exoplanet is no Earth twin ? Gaseous planet challenges assumption that Earth-mass planets should be rocky" . Nature . 6 de xaneiro de 2014.  
  5. Sudarsky, D.; Burrows, A.; Hubeny, I. (2003). "Theoretical Spectra and Atmospheres of Extrasolar Giant Planets" (PDF) . The Astrophysical Journal 588 (2). pp. 1121?1148. Bibcode : 2003ApJ...588.1121S . arXiv : astro-ph/0210216 . doi : 10.1086/374331 .