한국   대만   중국   일본 
Xaneiro na cultura popular galega - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Xaneiro na cultura popular galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
En xaneiro, mellor carballo que castineiro , refran popular galego.

O que segue recolle diversa informacion sobre a pegada do mes de xaneiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnograficos ?xerais a toda Galicia ou localizados nun ambito xeografico mais concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Divisions [ editar | editar a fonte ]

As sortes son os primeiros doce dias do mes de xaneiro e prognostican o que vai acontecer durante cada mes do ano. Asi, o tempo que fai o dia 1 sera o tempo que fara en xaneiro, o do dia 2 correspondera a febreiro etc. As resortes son os doce dias seguintes, do 13 o 24, e serven para ratificar ou contradicir o prognostico que anunciaron as sortes. Hai quen di [ quen? ] que hai que fiarse mais do que din as resortes.

Ramon Pineiro recolleu en Lancara o costume de colocar, o primeiro dia de xaneiro, doce areas de sal sobre unha pedra e prognosticar, segundo a humidade que desprenda cada unha delas, a chuvia que caera durante o mes correspondente.

Os pechos son os dias 25 a 28 de xaneiro, e anuncian do mesmo xeito o tempo das estacions ( primavera , veran , outono e inverno , respectivamente)

Crenzas e supersticions [ editar | editar a fonte ]

A lua de xaneiro , chamada lua morta , e a mellor para mata-lo porco . A lua crecente seguinte sera a adecuada para salgalo se se quere que medre a carne na artesa, e no minguante seguinte para afumalo e curalo, se non se quere que crie vermes (Rodriguez Lopez:128; Eladio Rodriguez, s. v. lua ). Nunca debe matarse con lua chea porque o toucino se aluaria.

Tampouco se poden podar as vinas en xaneiro, segundo outros, porque a lua morta deste mes as deixaria aterecidas coa xiada (Eladio Rodriguez, s. v. lua ).

Santo Amaro , o 15 de xaneiro, e avogoso contra a reuma . En Castro Caldelas e en tal ocasion cando se proban os chourizos novos. Nesa mesma vila celebrase a Festa dos Fachos o 19 de xaneiro a vespera de San Sebastian .

Chamase fogo novo o que se prende o dia de Aninovo, utilizando a tal fin o da noite anterior (Eladio Rodriguez, s. v. fogo [ 1 ] ).

Literatura popular [ editar | editar a fonte ]

Locucions [ editar | editar a fonte ]

  • Andar a xaneira, Andar de xaneira/ de xaneiro : en sentido recto, estar unha gata en celo. Por extension, dise dos mozos que andan pola noite buscando aventuras amorosas, como os gatos en celo.
  • Andar as celeiras coma as gatas xaneiras .
  • Andar como os gatos en xaneiro .

Refraneiro [ editar | editar a fonte ]

A verdura en xaneiro sabe a carneiro
  • A auga de xaneiro mata o usureiro [ 2 ] [ 3 ] .
  • A ferrena de xaneiro non vai ao palleiro .
  • A ferrena de xaneiro non vai ao poleiro .
  • A galina nada no xaneiro pon o ovo no colmeiro .
  • A galina no xaneiro pon no colmeiro .
  • A madeira da tua casa, en xaneiro has de cortala .
  • A perdiz no xaneiro caga pro escopeteiro .
  • A pescada en xaneiro val por carneiro [ 4 ] .
  • A raia en xaneiro sabe a carneiro .
  • A verdura en xaneiro sabe a carneiro .
  • As patacas de xaneiro van na cesta e venen no sombreiro .
  • As verzas de Fontan collense por san Sebaschan [ 5 ] .
  • As verzas por xaneiro saben a carneiro .
  • Auga de xaneiro astra a sega ten tempero [ 2 ] [ 6 ] .
  • Auga de xaneiro, cada pinga val dineiro [ 2 ] .
  • Auga de xaneiro, todo o ano ten tempereiro [ 2 ] .
  • Auga en febreiro, millor que en xaneiro [ 2 ] .
  • Cando as ras cantan no xaneiro, sinal de fame en todo o eido .
  • Cando non chove en xaneiro, non hai bo prado nin bo lameiro [ 7 ] .
  • Cantos dias pasen de xaneiro, tantos allos perde o alleiro [ 8 ] .
  • Coa lua de xaneiro, vese a formiga no carreiro .
  • Dazasete de xaneiro, San Antonio verdadeiro; dia trece de San Xoan, San Antonio mentiran [ 9 ] .
  • Dazasete de xaneiro, Santo Anton lacoeiro [ 10 ] .
  • De xaneiro a xaneiro, come carneiro .
  • Dia de Santa Ines chuvia unha soa vez [ 11 ] .
  • Dios nos libre do polvo de xaneiro e do lodo de agosto [ 12 ] .
  • En abril, augas mil, e en xaneiro come carneiro .
  • En abril, catanos no cubil; en maio, xa son bo galo; en san Xoan xa lle dou a carreira o can; en santa Marina xa vou pola cabritina; en agosto xa vou co meu pai polo rostro; en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro [ 13 ]
  • En xaneiro a faneca sabe a carneiro [ 14 ] .
  • En xaneiro, a lebre co cu no lameiro .
  • En xaneiro a raia val carneiro [ 14 ] .
  • En xaneiro, a vella saca as madeixas o turreiro .
  • En xaneiro, a verza e carneiro .
  • En xaneiro, abrigate con duas capas e un sombreiro .
  • En xaneiro bota o obreiro, antes na sebe ca na parede, non polo dia senon pola pedra que esta fria .
  • En xaneiro busca a lebre co cu no bulleiro .
  • En xaneiro, camiseiro .
  • En xaneiro media arca e medio palleiro e o porco enteiro .
  • En xaneiro, mellor carballo que castineiro .
  • En xaneiro, mete obreiro, antes na sebe que na parede .
  • En xaneiro, mete obreiro [ 8 ] .
  • En xaneiro, namoreime, en febreiro, caseime ... e amoleime .
  • En xaneiro, nin galgo leboreiro nin falcon perdigueiro .
  • En xaneiro, pon o alleiro [ 8 ] .
  • En xaneiro sabe o polbo a carneiro [ 14 ] [ 15 ] .
En xaneiro, sete lobos no carreiro
  • En xaneiro, sete lobos no carreiro .
  • En xaneiro, sete lobos polo carreiro .
  • En xaneiro, trompos o fumeiro .
  • En xaneiro, vaite o outeiro: se ves verdegar, ponte a chorar; se ves terrexar, ponte a cantar .
  • En xaneiro, verza vella val carneiro [ 16 ] .
  • En xaneiro visita o outeiro: si ves verdegar ponte a chorar, si ves terrexar, ponte a cantar .
  • En xaneiro xa a abella pon os pes no salgueiro .
  • En xaneiro, xease a auga no caldeiro .
  • En xaneiro xiadeiro non ha faguer a ovella mais pisada ca no rigueiro [ 12 ] .
  • Entre xaneiro e febreiro, inverno verdadeiro .
  • Eu son o pito caires, que naceu polo xaneiro; se o raposo me non come, hei de cantar no poleiro [ 17 ] .
  • Eu son o pito do cairo, que nacin no mes de xaneiro, se o raposo non me come, he de cantar no poleiro .
  • Gato do mes de xaneiro vale un carneiro .
  • Inda non veu xaneiro pra pone-lo pe diante do companeiro .
  • Lua, a de xaneiro, amor, o primeiro .
  • Lua, a de xaneiro; e carino, o primeiro .
  • Lua de xaneiro non ten aparceiro .
  • Lua de xaneiro non ten companeiro, senon a de agosto, que lle da no rosto .
  • Moita chuvia en xaneiro, mala anada no cabaceiro [ 18 ] .
  • Nadal, mollado; e xaneiro, ben xiado [ 19 ] .
  • No menguante de xaneiro corta o teu madeiro .
  • No mes de xaneiro rube ao outeiro, si ves verdexar ponte a chorar, si ves negrexar; ponte a beilar [ 20 ] .
  • No mes de xaneiro sobe o outeiro. Se ves verdear ponte a chorar, se ves estercar ponte a cantar .
  • No mes de xaneiro, subete ao outeiro; se ves os teus campos verdexar, ponte a chorar; se terrexar, ponte a cantar [ 21 ] [ 22 ] .
  • No mes de xaneiro subete o outeiro, se ves terrexar botate a cantar, e se ves verdexar, botate a chorar .
  • No xaneiro busca a lebre co cu no bulleiro .
  • No xaneiro pon o sombreiro .
  • Non hai amor coma o primeiro nin lua coma a de xaneiro .
  • Non hai amor firme coma o primeiro nin lua coma a de xaneiro .
  • Non hai lua coma a de xaneiro nin amor coma o primeiro, senon a de agosto, que lle da no rostro .
  • Non hai lua coma a de xaneiro nin amor coma o primeiro .
  • O ano de xaneiro e o millor carneiro .
  • O besugo en xaneiro viste coma un cabaleiro .
  • O boi e o leiton, en xaneiro crian rinon [ 23 ] .
  • O dia de san Sebastian ceiba as moscas Satanas .
  • O madeiro pra tua casa, cortao no xaneiro .
  • O mes de xaneiro e o xeadeiro; febreiro, mulineiro; marzo, esqueiroso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoan, claro; en seitura, sol; e en agosto, mellor .
  • O pito de xaneiro, coa sua nai sobe o poleiro [ 17 ] .
  • O polo de xaneiro, no San Xoan xa esta comedeiro [ 24 ] .
  • O polo de xaneiro polo san Xoan esta comedeiro .
  • O polo de xaneiro vale carneiro .
  • O polo de xaneiro, polo San Xoan esta comedeiro .
  • O polo en xaneiro, coa sua nai sobe o poleiro [ 24 ] .
  • O que en xaneiro non cava os terrons, en agosto queima os collons .
  • O que queira comer morrina, coma carneiro en xaneiro e en maio galina .
  • O que queira comer morrina, coma en xaneiro carneiro i en maio galina .
  • O que sexa meu amigo verdadeiro, vename ver o vinte de xaneiro .
Dazasete de xaneiro, Santo Anton lacoeiro
  • O Santo Anton verdadeiro e o dazasete de xaneiro .
  • O sol de xaneiro non ten companeiro .
  • O vinte e un de xaneiro, unha hora por enteiro .
  • Obreiro en xaneiro, pan che comera e obra non fara .
  • Ollomol de xaneiro vale un carneiro [ 25 ] .
  • Os amores de xaneiro son os que enfrian primeiro .
  • Os pitos de xanerio, pouquinos van o poleiro [ 17 ] .
  • Para a tua casa o madeiro cortao no xaneiro .
  • Picoreiro subete o picouto, e se no mes de xaneiro veres verdegar, botate a chorar, e se os ves queimados, ponte a bailar .
  • Pito de xaneiro non vai coa sua nai o poleiro .
  • Pito de xaneiro, vai coa sua nai o poleiro [ 8 ] .
  • Poda en xaneiro, vindima no sombreiro [ 26 ] .
  • Polo aninovo puxome a pita un ovo, e polos Reis xa tina seis [ 27 ] '
  • Polo de xaneiro, cada pruma val dineiro [ 24 ] .
  • Polo rio abaixo vai un pexegueiro que bota pexegos no mes de xaneiro .
  • Polo santo Amaro andan os trompos polo tellado [ 28 ]
  • Polo San Anton, xa a galina pon [ 29 ] [ 30 ] .
  • Polo santo Anton xa a galina pon. Pola Candelaria, a boa e a mala .
  • Polo san Martino, trompos o camino, e polo santo Amaro, trompos o tellado .
  • Polo san Sebastian coida o teu fabal .
  • Polo san Sebastian conez o dia o pailan [ 31 ]
  • Polo san Sebastian laranxinas na man .
  • Polo san Sebastian medra o dia o paso dun can .
  • Polo san Vicente perde o inverno un dente [ 32 ] .
  • Polo san Vicente ten o dia unha hora mais, meta pola manan, meta polo seran .
  • Polo san Vicente perde o inverno un dente .
  • Polo san Vicente toda a auga e semente .
  • Por santo Amaro, trompos o faiado .
  • Por santo Amaro, trompos o tellado .
  • Por santo Anton, a galina pon .
  • Por santo Anton, trompos o caixon .
  • Por san Sebaschan, a laranxa na man .
  • Por san Sebastian algueira o pailan .
  • Por san Vicente da Roda medra o dia unha hora .
  • Por san Vicente pon os nabos da semente .
  • Por san Vicente, unha hora de creciente .
  • Por san Xulian medra o dia un pasino de can [ 33 ]
  • Por san Xullan adianta o dia o paso dun can .
  • Porca de xaneiro vai ca sua mai o fumeiro .
  • Porco de xaneiro vai ca sua mai o fumeiro .
  • Pra tua casa, o madeiro cortado sempre no xaneiro .
  • Pra tua casa, o madeiro cortao no xaneiro .
  • Queimemo-lo loureiro no mes de xaneiro .
  • Quen colle a aceitona antes de xaneiro, deixa o aceite no oliveiro .
  • Quen labra no xaneiro labra para o ano enteiro .
  • Quen ora en xaneiro, ora para o ano enteiro .
  • Raia en xaneiro sabe como o carneiro [ 34 ] .
  • Raia pescada en xaneiro sabe a carneiro .
  • San Antonio de xaneiro, se fai sol, bota as pipas o canteiro, e se chove botaas o fumeiro [ 12 ] [ 35 ] .
  • San Martino, trompos o camino; San Amaro, trompos o faiado [ 12 ] .
  • San Sebastian, vinte de xaneiro, cando ceiba a mosca do demo .
  • San Vicente do inverno bota unha brasa os regueiros .
  • San Vicente pequenino e un santo chirifeiro, que nos da a nosa festa o vinte e dous de xaneiro .
  • San Xulian garda o vino e garda o pan [ 36 ]
  • San Xullan, garda vino e pan .
  • Santo Anton vello e tristeiro, convida as rapazas ao rezadeiro [ 37 ] .
Se chove no dia de San Anton de xaneiro, pipas o fumeiro; e se esta claro, pipas o canteiro
  • Se chove dia de Santo Anton de xaneiro, pipas o fumeiro, i si esta claro, pipas o canteiro .
  • Se chove en Santo Anton de xaneiro, pipas o fumeiro, se non, pipas o canteiro .
  • Se chove no dia de San Anton de xaneiro, pipas o fumeiro; e se esta claro, pipas o canteiro [ 38 ] .
  • Se en xaneiro tose o neno, non tenas medo; se tose no mes da sega, pode ir pra terra .
  • Se queres ter bo alleiro, pon o allo no xaneiro .
  • Se se soubera o que sabe a galina no xaneiro, non quedaba unha no galineiro .
  • Se trona en xaneiro, sobe as cubas o fumeiro [ 39 ] .
  • Seco xaneiro, abundancia no graneiro .
  • Si se soupera o que sabe a galina no xaneiro, non quedaba unha no galineiro [ 30 ] .
  • Sol de xaneiro, porco o bulleiro [ 40 ] .
  • Tanto diran “Heilas, heilas”, que venan nas quendas xaneiras .
  • Todolos dias que pasan de xaneiro son allos que perde de da-lo alleiro .
  • Un bo dia de xaneiro e un lobo no quinteiro .
  • Un dia bo en xaneiro, mao no eido .
  • Verzas en xaneiro saben coma carneiro .
  • Xaneiro, alleiro [ 41 ] .
  • Xaneiro aneiro, e febreiro cabriteiro [ 42 ] .
  • Xaneiro arde verdadeiro .
  • Xaneiro e oveiro .
  • Xaneiro frio ou templado, pasao arroupado .
  • Xaneiro mulineiro, nin boa meda nin bo palleiro .
  • Xaneiro piardeiro [ 43 ] .
  • Xaneiro quente trae o demo no ventre .
  • Xaneiro verceiro, nin boa meda nin bo palleiro .
  • Xaneiro, xeadeiro; febreiro, grileiro .
  • Xaneiro, xeadeiro; febreiro, verceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoan, claro, valen mais estes meses cas suas mulas co seu carro .
  • Xaneiro, xiadeiro .
  • Xaneiro xiadeiro, febreiro escarabanadeiro, marzo amoroso, abril chuvioso, maio ventoso, San Xoan caloroso, que fai o ano formoso .
  • Xaneiro xiado e abril mollado enchen o faiado .

Cantigueiro [ editar | editar a fonte ]

Naquela banda do rio/ ten meu pai un castineiro,/ da castanas en agosto,/ uvas brancas no xaneiro
  • Ano novo ai nos ven,/ Dios nolo traia con ben,/ Dios nos dea tantas ovellas/ como no ceo hai estrellas [ 44 ] .
  • Ano novo con ben venas,/ como o sol entre as estrelas,/ os cabritos coas cabras/ e os anos coas ovellas [ 45 ] .
  • Chamacheme pito cairo/ Porque nacin en xaneiro;/ Deixame chegar a maio,/ xa cantarei no poleiro [ 46 ] .
  • Chamachesme pita choca/ porque nacin en xaneiro;/ inda tu non e-lo galo/ que canta no meu poleiro [ 47 ] .
  • Chamachesme pito cairo/ porque nacin no xaneiro,/ tu no has de se-lo galo/ que cante no meu poleiro [ 48 ] .
  • Chamachesme pito louco/ ala no mes de xaneiro;/ se me a raposa non come/ hei cantar no teu poleiro .
  • Chamasteme pito cairo / porque nascin en xaneiro; / se non me come o raposo / inda che hei d’ir o poleiro .
  • De ise outro lado do rio/ ten meu pai un castineiro/ que da peras no San Xoan,/ uvas blancas no xaneiro [ 49 ] .
  • Do outro lado do rio/ ten meu pai un castineiro/ que da castanas e noces/ i aceitunas no xaneiro [ 50 ] .
  • Meu divino san Vicente,/ ollinos de lagarteiro,/ moito me alegras, meu santo,/ o vintedous de xaneiro .
  • Meu santino San Anton,/ San Anton o cacholeiro,/ caseime por San Anton,/ volvin a casa solteiro . [ 51 ] .
  • Mina rosa do canizo,/ meu caravel do fumeiro,/ tanto tes no mes de maio/ como no mes de xaneiro [ 52 ] .
  • Naquela banda do rio,/ ten meu pai un castineiro,/ bota castanas no outono/ uvas no mes de xaneiro .
  • Naquela banda do rio/ ten meu pai un castineiro,/ da castanas en agosto,/ uvas brancas no xaneiro .
  • No alto de aquela serra/ ten meu pai unha tapada/ que da uvas no xaneiro/ e llas non queima a xiada [ 53 ] .
  • Polo mar abaixo, polo mar arriba,/ polo mar abaixo vai unha sardina,/ vai unha sardina, vai un pexegueiro/ que leva pexegos no mes de xaneiro [ 54 ] .
  • San Vicente de Marantes/ e un santo moi galanteiro/ quere que lle fagan a festa/ o vintedous de xaneiro [ 55 ] .
  • ¡Vallame dios! o arado/ cal si labra dianteiro,/ tanto ten no mes de maio,/ como no mes de xaneiro .

Os Reises [ editar | editar a fonte ]

  • Ano novo ai nos ven,/ Dios nolo traia con ben,/ Dios nos dea tantas ovellas/ como no ceo hai estrellas [ 56 ] .
  • Ano novo con ben venas,/ como o sol entre as estrelas,/ os cabritos coas cabras/ e os anos coas ovellas [ 57 ] .
  • Aqui non nos deron/nin miga de cousa/De hoxe nun ano estean/debaixo da lousa .
  • Cantamosche os Reises/ guedella de cabra/ cantamosche os Reises/ non nos deche nada .
  • Cantamoslle os Reis/ guedellos de cabra;/ cantamoslle os Reis/ e non diches nada .
  • De lexos chegamos/ os que aqui estamos/ se nos dan licencia/ os Reises cantamos .
  • Deannos os Reises,/ senores, por Dios,/ deannos os Reises/ e queden con Dios .
  • Dianno-los reises/ un vaso de vino,/ algo do fumeiro/ i os ovos do nino [ 58 ] .
  • Dianno-los reises:/ figos, chourizos e vino/ e tamen algun dineiro/ para merca-lo pantrigo [ 59 ] .
  • Diano-los reises/ anque sean poucos:/ un toucino e medio/ i a mitai do outro [ 60 ] .
  • Esta casa esta faiada,/ faiadina de loureiro;/ que por moitos anos vivan/ os senores que estan dentro [ 61 ] .
  • Moitos anos viva/ a ama da casa/ pois no aguinaldo/ nunca foi escasa .
  • Os senores desta casa/ estan todos na cocina;/ hoxe, que e dia de Reises,/ hannos dar unha carnina [ 62 ] .
  • Pandeira de catro esquinas/ ben pudera ser de seis/ ben pudera esta menina/ conmigo canta-los Reis [ 63 ] .
  • Pra leva-los reises/ traguemos un saco,/ dianno-los cartos/ pra mercar tabaco </ref> Xaquin Lorenzo Fernandez 1973, 136. No orixinal: levalos, diannolos .</ref>.
  • Pra leva-los reises/ vena ise fardel,/ levades ben cousas,/ podendes comer [ 64 ] .
  • San Jose e mais Maria/ ambos van para Belen,/ iles van cantar os reises,/ cantemolos nos tamen [ 65 ] .
  • Traemos a bota/ para levar o vino/ pa levar os ovos/ o noso cestino .
  • Vena logo o aguinaldo/ que nos queremos marchar,/ que temos que ir a outras casas/ tamen os reises cantar [ 66 ] .
  • Vena logo unha copina,/ que a noite esta de xiada;/ escorrentemo-lo frio/ i en honor do Neno vaia [ 67 ] .
  • Vena o aguinaldo logo,/ figos, vino e lacos:/ somos bos de conformar,/ non somos nada lapos [ 66 ] .
  • Venan pra eiqui tres durinos,/ que nesta casa hai fartura/ e nos comemos no ano/ moitas veces bica dura [ 66 ] .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Indica que tal costume se segue " en varias comarcas gallegas ", pero non concreta cales. Engade que esta cerimonia "se realizaba y aun se realiza con cierta solemnidad en las casas que mantienen viva la tradicion
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. auga .
  3. No orixinal: i-auga (ERG).
  4. Lino Lema Bouzas, 2.
  5. Fontan e lugar de Sada . San Sebastian e o 20 de xaneiro.
  6. No orixinal: hastr'a, ten (ERG).
  7. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. chover .
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. xaneiro .
  9. Elixio Rivas Quintas (1978). San Anton verdadeiro e San Anton Abade , o lacoeiro e protector dos animais; e San Anton mentiran e San Antonio de Padua , o de Lisboa, o casamenteiro.
  10. O libro do porco , 36.
  11. E dicir, chovera todo o dia. Santa Ines celebrase o 21 de xaneiro. Fonte: Marcial Valladares Nunez (1884). No orixinal: dia, Sta. Ines, sola .
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Elixio Rivas Quintas (1978).
  13. Son as fases da vida do lobo .
  14. 14,0 14,1 14,2 Lino Lema Bouzas, 4.
  15. Clodio Gonzalez Perez, 142.
  16. Esta preferencia polas verzas de xaneiro obedece a que os frios deste mes, as xeadas das noites de xaneiro, curten as verzas e fannas mais saborosas. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. xaneiro . No orixinal: berza .
  17. 17,0 17,1 17,2 Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. pito .
  18. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. chuvia .
  19. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. Nadal .
  20. Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.
  21. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. xaneiro . No orixinal: o outeiro , velos .
  22. Xose Luis Franco Grande (1972).
  23. O libro do porco , 38.
  24. 24,0 24,1 24,2 Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. polo .
  25. Lino Lema Bouzas, 7.
  26. Refraneiro do vino , 54.
  27. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. pita .
  28. Santo Amaro, 15 de xaneiro.
  29. Juan Antonio Saco y Arce: Literatura popular de Galicia , 1881. Ed. De J. L. Saco, Ourense.
  30. 30,0 30,1 Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. galina .
  31. Alude o crecemento dos dias que a esas alturas a o nota calquera.
  32. San Vicente, 22 de xaneiro.
  33. San Xian ou Xulian, 9 de xaneiro.
  34. Lino Lema Bouzas, 8.
  35. O canteiro son os madeiros sobre os que se colocan os bocois nas adegas.
  36. Porque ainda queda moito inverno por diante. Este Xulian ten que ser San Xian de Antioquia, que se celebra o 9 de xaneiro; hai outro San Xian, o 28 de agosto, o que non pode referirse o refran.
  37. Eladio Rodriguez Gonzalez.
  38. Refraneiro do vino , 36.
  39. Refraneiro do vino , 36. No orixinal: sube .
  40. O libro do porco , 41. Bulleiro e terra chea de lama .
  41. ¿Erro por aneiro ?
  42. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. '' xaneiro .
  43. Lino Lema Bouzas, 9.
  44. Gran Enciclopedia Galega , s. v. Ano vello .
  45. Gran Enciclopedia Galega , s. v. ano .
  46. Real Academia Galega, s. v. cairo . No orixinal: chamacheme, por que, janeiro, deixame, mayo, ja .
  47. Xaquin Lorenzo Fernandez: Cantigueiro popular da Limia Baixa , 1973, 62. No orixinal: tu, no-elo .
  48. Xaquin Lorenzo Fernandez: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 62. No orixinal: tu, selo )
  49. Xaquin Lorenzo Fernandez: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 68.
  50. Xaquin Lorenzo Fernandez: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72.
  51. O libro do porco , 46. San Anton cacholeiro ?outras veces lacoeiro- recibe este nome porque coida do porco na sua confraria.
  52. Xaquin Lorenzo Fernandez: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 101.
  53. Xaquin Lorenzo Fernandez: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 108.
  54. Fermin Bouza Brey (1929), 189. No orixinal: pol-o .
  55. San Vicente de Marantes e unha parroquia do concello de Santiago de Compostela.
  56. Gran Enciclopedia Galega , tomo III, s. v. Ano vello .
  57. Gran Enciclopedia Galega , tomo III, s. v. ano .
  58. Dada a epoca na que se cantan os reises, ese algo do fumeiro son chourizos e castanas. Fonte: Xaquin Lorenzo Fernandez 1973, 70. No orixinal: diannolos .
  59. Xaquin Lorenzo Fernandez 1973, 70. No orixinal: diannolos, mercalo .
  60. Xaquin Lorenzo Fernandez 1973, 70. No orixinal: dianolos .
  61. Xaquin Lorenzo Fernandez 1973, 76.
  62. Xaquin Lorenzo Fernandez 1973, 126. No orixinal: de esta .
  63. Xaquin Lorenzo Fernandez 1973, 128. No orixinal: cantalos .
  64. Xaquin Lorenzo Fernandez 1973, 136. No orixinal: levalos .
  65. Xaquin Lorenzo Fernandez 1973, 141. No orixinal: e mais .
  66. 66,0 66,1 66,2 Xaquin Lorenzo Fernandez 1973, 161.
  67. Xaquin Lorenzo Fernandez 1973, 161. No orixinal: escorrentemolo, neno .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]