한국   대만   중국   일본 
Wilmington, Delaware - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Wilmington, Delaware

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaWilmington, Delaware
Imaxe

Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  39°44′54″N 75°33′05″O  /  39.7483, -75.5514 Coordenadas : 39°44′54″N 75°33′05″O  /  39.7483, -75.5514
Estado Estados Unidos de America
Estado federado Delaware
County of Delaware (en) TraducirCondado de New Castle Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboacion
Poboacion 70.898 (2020) Editar o valor em Wikidata (1.615,68 hab./km² )
Numero de fogares 29.708 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Situado na entidade territorial estatistica Vale do Delaware (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata (Poboacion:6.245.051) Editar o valor em Wikidata
Superficie 43,88125 km² Editar o valor em Wikidata
Auga 35,6531 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Altitude 28 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creacion 1638 Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
• Xefe do goberno Mike Purzycki (2017?) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Codigo postal 19801-19810, 19850, 19880, 19884-19887, 19889-19899 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefonico 302 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Paxina web ci.wilmington.de.us Editar o valor em Wikidata

A cidade de Wilmington e a maior do estado de Delaware , nos Estados Unidos de America , e atopase localizada onde o rio Christina e o regato de Brandywine desembocan no Delaware . E a capital do condado de New Castle, e un dos conos urbanos mais extensos da area metropolitana do val de Delaware. Foi fundada polo propietario Thomas Penn para o seu amigo Spencer Compton, conde de Wilmington, quen foi a sua vez o primeiro ministro durante o reinado de Xurxo II de Gran Bretana .

Historia [ editar | editar a fonte ]

A area que se conece hoxe como Wilmington foi atopada por colonizadores suecos e finlandeses cara a 1638 , establecendo o seu emporio en Nova Suecia . En 1655 , os neerlandeses arribaron e fixeronse coas colonias destes. Logo, en 1664 , comezaria a colonizacion inglesa , e a urbe rexeriase polas leis britanicas, con grande influencia de comunidades desertoras, garantindose o seu estatuto municipal en 1739 polo rei Xurxo II. Este ultimo cambiou o nome de Willington ?en honra a Thomas Willing, o primeiro "promotor" do lugar e que organizaria unha cuadricula similar a aquela do barrio norte de Filadelfia ? a Wilmington, posiblemente facendo mencion a Spencer Compto, conde de Wilmington.

O maximo crecemento que experimentou a cidade foi durante a Guerra Civil Americana . Delaware, ainda que era oficialmente un Estado da Union, foi dividido en reclamo de Confederados e soldados da Union; a rexion setentrional do estado constituiu unha grande Union, mentres que a zona sur foi ocupada con intereses confederados. O enfrontamento belico demandou unha gran cantidade de bens e materiais. As vellas localizacions expandironse, e moitas industrias emerxentes foron atraidas polo corazon urbano. Wilmington comezou a fabricar barcos, automobiles, polvora, calzados, carpas, uniformes, mantas e outros produtos manufacturados do mesmo uso. Por 1868 , a cidade estaba producindo mais botes de ferro que o resto do pais no seu conxunto, e proclamouse primeira na producion de polvora e segunda en carruaxes e coiro. A prosperidade que trouxo a guerra aos comerciantes e fabricantes da cidade, favoreceu o crecemento cara ao oeste, con enormes residencias ao longo de ruas circundadas por verdes arbores. Este movemento foi incitado pola aparicion do primeiro tranvia , que se instalaria en 1864 ao longo de Delaware Avenue.

A finais do seculo XIX tivo lugar a aparicion de parques naturais. William Bancroft, un exitoso home de negocios de Wilmington, liderou o esforzo de crear zonas verdes na metropole e foi enormemente influenciado polo traballo de Frederick Law Olmsted. O Rockford Park e o Brandywine Park deben a sua manutencion as suas xenerosas doazons de terra e man de obra.

En 1860 habia 21.250 persoas vivindo na cidade, e por 1920 a cifra ascendera a 110.168.

Ambas as duas Guerras Mundiais estimularon o seu crecemento industrial. Producions vitais para tal empresa, como estaleiros, fundicions de aceiro, maquinaria e elaboracions quimicas, operaban nunha base de vinte e catro horas. Outras industrias produciron bens como automobiles, manufacturas en coiro e textiles.

O periodo de posguerra volveu incidir no expansionismo global de Wilmington. Na decada de 1950 apreciouse un longo crecemento nos suburbios do norte e unironse para o ensanche da cidade.

O estilo de vida cotian fixose posible pola construcion de amplas avenidas, estradas, pontes e a autovia interestatal 95, que acurtou a franxa que existia entre moitos dos mais estables vecinanzas de Wilmington, o que a longo prazo terminou por ocasionar algunhas perdas de poboacion. Novos proxectos de innovacion urbana a mediados do pasado seculo, emparellaron bloques enteiros de vivendas no centro e leste da cidade. Os disturbios e o malestar civil tras o asasinato en 1968 do reverendo Martin Luther King, Jr. tamen motivaron a emigracion urbana. O enton gobernador Charles Terry, Jr. despregou a garda nacional na cidade, a pesar de protestas por parte do alcalde, e mantivolles ali ata que culminase o seu mandato, en xaneiro de 1969 . O fenomeno migratorio logrou tranquilizarse, e Wilmington foi capaz de manter unha poboacion duns 70.000 habitantes nas ultimas decadas.

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Segundo o Departamento de Estatistica e Censo de Estados Unidos , a cidade ten unha area estimada de 44,1 km² : 28,1 km² dos cales e terra e 16,0 km² de auga (36,25%).

A tan so 25 millas ao suroeste de Filadelfia , Pensilvania , achase proxima a unha das cidades mais grandes do pais. A estacion de ferrocarril de Wilmington e unha das ultimas paradas do sistema de transporte SEPTA de Filadelfia, e e adxacente a trixesima terminal en Amtrak . E o cruzamento da Interestatal 295 (Delaware-Nova Jersey-Pensilvania), sendo o seu fin Trenton, Nova Jersey , asi como e unha das maiores concentracions da Interestatal 95.

Estas conexions de transporte e a sua proximidade xeografica fan de Wilmington un dos puntos caracteristicos dunha cidade dormitorio. Poren, a sua historia como a principal cidade de Delaware, o seu significante cono urbano, e o seu valor independente como un destino empresarial fan que lla considere un pequeno pero autonomo centro de poboacion da area metropolitana de Filadelfia, ou como os locais perfieren chamarlle, do Val Delaware.

Demografia [ editar | editar a fonte ]

Segundo as estimacions da Oficina do Censo dos Estados Unidos , residian 70.166 habitantes en xullo de 2019, o que supon unha contracion dun 1% con respecto os datos de 2010. Destes, o 58,3% e negro ou afroamericano, o 35,6% branco, o 10,2% hispano ou latino, o 1,2% asiatico, o 0,2% nativo americano e o 1,4% ten duas ou mais razas. A vecinanza que non e cidada dos Estados Unidos supon o 6%. O 22,7% ten menos de 18 anos e os maiores de 65 suponen o 12,9%. O 26% dos habitantes viven na pobreza [ 1 ] .

Cidades irmas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]

  1. "U.S. Census Bureau QuickFacts: Wilmington city, Delaware" . www.census.gov (en ingles ) . Consultado o 2021-01-23 .