William Moulton Marston

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWilliam Moulton Marston

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 9 de maio de 1893 Editar o valor em Wikidata
Saugus, Massachusetts, Estados Unidos de America (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte 2 de maio de 1947 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Rye, Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Causa da morte Cancro de pel Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Ferncliff Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade Harvard Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Psicoloxia e historieta Editar o valor em Wikidata
Ocupacion guionista de comics , escritor , psicologo , guionista Editar o valor em Wikidata
Empregador American University (pt) Traducir
Universidade Tufts Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Conxuxe Elizabeth Holloway Marston
Parella Olive Byrne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Nai Annie Dalton-Marston (Moulton) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0551376 BNE: XX5429088 WikiTree: Marston-589 Find a Grave: 6649140 Editar o valor em Wikidata

O doutor William Moulton Marston , nado o 9 de maio de 1893 e finado o 2 de maio de 1947 , conecido polo pseudonimo de Charles Moulton , foi un psicologo, teorico, inventor e autor de comics que creou o personaxe Wonder Woman .

Marston tina unha relacion amorosa coas psicologas Elizabeth Holloway Marston e Olive Byrne , vivia simultaneamente con ambas e tivo varios fillos con elas. Ambas mulleres influiron na creacion da personaxe.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

En 1915, Marston casou coa sua companeira Elizabeth Holloway, en 1925 comezou unha relacion con Olive Byrne, unha estudante de psicoloxia alumna sua; a relacion tina a aprobacion da sua muller e, de feito, a moza foi vivir co matrimonio. Entre 1928 e 1933 Marston tivo dous fillos coa sua esposa e tres fillos con Byrne. Para manter a aparencia, a parella de Marston adoptou legalmente os fillos de Byrne. Cara ao exterior presentaronse como unha familia convencional cunha coidadora. Os nenos non souberon a verdade ata 1963, cando Holloway lles revelou que o seu pai adoptivo era o seu pai bioloxico.

Despois da sua morte, as suas duas mulleres seguiron vivindo xuntas. Olive estivo na casa coidando os nenos mentres Elizabeth traballaba como profesora universitaria; a convivencia durou ata a morte por causas naturais de Olive Byrne en 1985.

Educacion e carreira [ editar | editar a fonte ]

Estudou na Universidade de Harvard , licenciouse en 1915 e foi master en dereito en 1918. En 1921, completou os seus estudos de doutoramento no campo da psicoloxia. Despois de ensinar na American University en Washington DC e na Universidade de Tufts , Massachusetts , Marston viaxou a Universal Studios , en California, en 1929 onde traballou durante un ano como director de servizos publicos.

Ao rematar os seus estudos investigou os conceptos de ≪vontade≫ e ≪poder≫ e os seus efectos na personalidade e no comportamento humano, tamen estudou a conciencia as cores, as emocions primarias e os sintomas corporais. Os seus descubrimentos foron unha valiosa contribucion ao campo da psicoloxia.

Detector de mentiras [ editar | editar a fonte ]

Marston e o creador do primeiro dispositivo funcional para detectar mentiras , grazas a sua adaptacion de instrumentos para medir a presion arterial no corpo e outros cambios corporais. A sua invencion e a base do poligrafo desenvolvido por John Augustus Larson .

O modelo teorico DISC [ editar | editar a fonte ]

William Moulton Marston fixou o seu interese psicoloxico nas persoas ≪normais≫ ou tipicas. Estaba interesado nos retos diarios das persoas comuns. Non lle interesaba a conduta psicotica ou a enfermidade mental , queria desenvolver unha unidade de medida da ≪enerxia mental≫, e dicir ≪entender e describir o comportamento humano normal≫ de acordo a como cada persoa distribue, manexa, exterioriza esta enerxia mental en 4 ≪direccions≫:

  1. Dominio.
  2. Influencia.
  3. Submision.
  4. Conformidade.

Pronto se daria conta de que o comportamento das persoas correspondia a unha destas categorias e de que as relacions humanas atravesaban este patron. Mais adiante suma un quinto eixo, o do Autocontrol emocional, relacionado co ≪Equilibrio entre Emocion e Racionalidade≫, moi asociado ao que hoxe conecemos como a Intelixencia emocional .

En 1928 publicou Emotions of Normal People e ainda que escribira acerca do modelo DISC catro anos antes, foi neste libro onde presentou formalmente a Teoria DISC . En 1931 publicou un segundo libro acerca da teoria, Integrative Psychology . A Teoria DISC foi un dos primeiros intentos de aplicar psicoloxia a persoas ordinarias, fora dun ambito puramente clinico.

Historietista de Wonder Woman [ editar | editar a fonte ]

En 1941, Marston, baixo o pseudonimo de Charles Moulton, creou o comic Wonder Woman para DC Comics : unha princesa amazona que era a protagonista do seu propio comic e non a parella do heroe.

Marston atopabase convencido de que as mulleres eran mais honestas e mais confiables que os homes e de que podian traballar mais rapido e con maior precision. Ao longo da sua vida, avogou pola causas das mulleres da epoca, postulou que hai unha nocion masculina de liberdade que, e inherentemente anarquica e violenta, e unha nocion feminina oposta baseada no ≪encantamento amoroso≫ que leva a un estado ideal de submision en que se ama a autoridade.

A sua vision critica de certos estereotipos de xenero na cultura popular e expresado nun artigo de 1944 publicado en American Scholar :

Nin sequera as mulleres queren ser mulleres mentres o noso arquetipo de femineidade careza de forza, fortaleza e poder… O remedio obvio e crear un personaxe feminino con toda a forza de Superman mais todo o encanto dunha muller bela e boa (Marston, 1944). [ 1 ]

Cinema [ editar | editar a fonte ]

En 2017 a etapa da sua vida na que creou Wonder Woman foi levada ao cinema na pelicula Professor Marston and the Wonder Women , o papel protagonista foi interpretado por Luke Evans .

A pelicula trasladanos ao campus universitario feminino de Radcliffe (que mais tarde se integrou en Harvard) a principios dos anos vinte, onde o profesor Marston ensinaba a recentemente incorporada materia de psicoloxia mentres a sua muller, Elizabeth, igual de brillante que el, tinase que conformar con traballar ao seu lado sen dereito a unha praza propia por culpa da discriminacion de xenero.

Unha das mais famosas frases do profesor Marston tamen esta incluida na pelicula, case a modo de epilogo: ≪Se o home ten unha natureza anarquica e violenta e a muller carinosa e protectora, enton elas deberian gobernar o mundo≫. [ 2 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Wonder Woman: Mitologia, feminismo y ¿'bondage'?" . ELMUNDO (en castelan ) . 2016-03-23 . Consultado o 2019-04-29 .  
  2. Martinez, Beatriz (2018-02-08). "Asi fue la vida poliamorosa del creador de Wonder Woman" . El Pais (en castelan ) . ISSN   1134-6582 . Consultado o 2019-05-16 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]