Wikipedia : Civismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O civismo e parte das normas de conduta da Wikipedia, que a sua vez forman parte dos cinco piares , e describe o comportamento esperado dos usuarios fornecendo indicacions de como tratar as disputas que poidan darse na Wikipedia. Explicado de forma sinxela, os editores deberian tratarse sempre con consideracion e respecto os uns aos outros, co proposito principal de mellorar a enciclopedia mentres mantenen un ambiente de edicion agradabel, para o que se require un comportamento amable, calmado e razoable.

A politica de civismo aplica a todolos editores en todalas interaccions da Wikipedia, incluindo as conversas nos artigos, paxinas de conversa de usuarios , resumos de edicion , votacions e calquera outra conversa con ou sobre outros editores.

Cooperacion e civismo [ editar a fonte ]

As diferentes opinions son inevitables nos proxectos colaborativos. Ao discutir estas diferenzas alguns editores poden semellar demasiado severos, cando en realidade so intentan ser sinceros. Outros poden reaccionar de forma desproporcionada cando se discute a sua opinion. A conversa escrita non transmite por enteiro os matices da conversa verbal, o que pode levar a interpretacion incorrecta dos comentarios dun editor. Unha afirmacion non civica pode escalar unha conversa animada nunha rifa persoal lonxe da discusion obxectiva do problema orixinal. A resolucion destas disputas deben facerse de forma civica, e posible estar en desacordo sen chegar a ser desagradable.

Esperase que os editores sexan razoablemente cooperativos , sen facer ataques persoais , actuando de acordo coas politicas e normas e respondendo as preguntas de boa fe . Compre ser especialmente amable e paciente cos usuarios novos que contribuen de forma construtiva.

Carencia de civismo [ editar a fonte ]

O incivismo consiste en ataques persoais , comentarios maleducados e descorteses. Cando isto ocorre de forma agresiva provoca a hostilidade de outros editores e perturba ao proxecto introducindo estres e conflito. Malia que os casos illados de incivismo non son necesariamente unha preocupacion, un patron continuo de falta de civismo e inaceptable. En casos de acoso repetido ou ataques persoais graves, o usuario en cuestion pode chegar a ser bloqueado . En casos extremos de falta de civismo que incluan abuso verbal, insultos ou ameazas a outro editor, pode darse o bloqueo do usuario en cuestion ainda sendo unha unica ocorrencia.

Tratamento do incivismo [ editar a fonte ]

  1. Primeiro de todo, considera se o caso e so un malentendido. Clarifica e pide clarificacion.
  2. Considera a posibilidade de que algunha das tuas accions ou comentarios puidesen provocar unha resposta defensiva ou irada. Preparate para pedir desculpas por calquera cousa que poidas ter feito ou dito mellor. (Nota: se moitos editores semellan parecer frustrados contigo, o problema podes ser ti mesmo.)
  3. Se ainda te sentes ofendido, tenta estar calmado e razoable na medida do posible na tua resposta. Ata que haxa unha evidencia clara do contrario, asume que a ofensa non foi intencionada. Tenta non responder o incivismo de forma incivica tamen, e explica claramente o que consideras incivico.
  4. Se todo isto non funciona, procura a axuda doutros editores para que medien no conflito ou deixa unha mensaxe no taboleiro dos administradores para que revisen o conflito en cuestion.

Resolucion de disputas [ editar a fonte ]

Perante un caso de incivismo, o primeiro e decidir se compre facer algo ao respecto. Enfrontarse a alguen por un incidente menor, particularmente se e un malentendido, pode producir mais estres e drama que o propio incidente.

En orde ascendente de seriedade, as vias de resolucion de disputas que se poden usar se a propia conversa e insuficiente son as seguintes:

  • Paxina de conversa do usuario . De requirir unha accion, primeiro considera discutilo na paxina de conversa do usuario en cuestion, tentando non escalar a situacion e explicando claramente a obxeccion.
  • A Taberna . O foro da taberna pode empregarse para pedir a asistencia e mediacion dun terceiro usuario non involucrado na disputa en cuestion.
  • Taboleiro dos administradores . O taboleiro esta indicado para informar sobre incidentes graves de incivismo que precisen a intervencion dos administradores.

Ameazas de violencia [ editar a fonte ]

As ameazas violentas contra outros ou contra si mesmo, incluindo ameazas de morte en xeral e de suicidio en particular, deben reportarse de forma inmediata por correo electronico a Fundacion Wikimedia na direccion emergency@wikimedia.org. En caso de ameazas legais, ataques persoais intolerantes ou outros tipos de discurso de odio que requiran accion, use o Taboleiro dos administradores para que eles revisen o caso e tomen as accions pertinentes.

Pedir desculpas [ editar a fonte ]

As disputas e malentendidos poden levar a situacions nas que unha das partes se sinta ofendida pola outra. Non hai perda de respecto por pedir desculpas. Todo o mundo pode ter un erro ou dicir algo incorrecto, e todo o mundo ten malos momentos persoais. Se pensas que lle debes unha desculpa a alguen, ofrecea, as desculpas non fan dano a ninguen. Poren, non se debe esixir unha desculpa doutra persoa, xa que iso adoita levar a que a desculpa nunca tena lugar ou que non sexa sincera, sendo sempre recomendable ser o primeiro en desculparse.

Bloqueos por incivismo [ editar a fonte ]

Os bloqueos por falta de civismo son posibles cando o incivismo cause problemas de rotura de edicion . Poren, esta politica non esta pensada para ser empregada coma arma e o bloqueo non deberia ser a primeira opcion na maioria dos casos.

  1. Ten en conta todo o historial relevante. Evita os xuizos rapidos sen conecer antes toda a informacion relevante a situacion.
  2. Pensa polo miudo as vantaxes dos outros metodos de actuacion antes de proceder ao bloqueo. O bloqueo so debe ter lugar como ultima medida, sendo normalmente mais axeitado aplicalos apoiandose en normas mais concretas ( Wikipedia:Romper a edicion , Wikipedia:Non fagas ataques persoais )
  3. Os bloqueos por falta de civismo deben aplicarse cando os motivos son obvios e claros, cando o editor en cuestion cruza a lina de forma obvia para o resto de editores.
  4. Os usuarios deben recibir advertencias previas de forma clara na maioria de circunstancias antes de seren bloqueados, dandoselle tempo suficiente para que se retracten ou expliquen de forma axeitada. As excepcions a isto poden incluir aqueles usuarios que violen de forma clara a norma, fagan ameazas persoais ou xa tenan recibido advertencias multiples anteriormente.

Vexase tamen [ editar a fonte ]