Westland Lynx

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Westland Lynx
Tipo helicoptero militar multiproposito
Fabricante Westland Helicopters
AgustaWestland
Primeiro voo 21 de marzo de 1971
Introducido 1978
Producion 1978 - presente
Unidades construidas 450 (en 2009) [ 1 ]

O Westland Lynx e un helicoptero militar multiproposito britanico desenado e construido por Westland Helicopters na sua fabrica de Yeovil . Orixinalmente pretendia ser un aparello utilitario tanto para uso civil como naval, pero o interese militar fixo que se desenvolvese tanto para uso naval como para o campo de batalla. O Lynx entrou en servizo en 1977 e posteriormente foi adoptado polas forzas armadas dunha ducia de paises, servindo principalmente como helicoptero utilitario no campo de batalla, anti-blindaxe, busca e rescate e guerra antisubmarina.

O Lynx e un helicoptero con capacidades acrobaticas coa habilidade de realizar loops e toneis. [ 2 ] En 1986 un Lynx especialmente modificado estableceu o record de velocidade para helicopteros (na categoria que exclue aos helicopteros compostos) da Federation Aeronautique Internationale, acadando os 400,87 km/h, [ 3 ] [ 4 ] que no 2020 permanecia imbatido. [ 5 ]

Fabricaronse varias versions terrestres e navais do Lynx xunto con alguns derivados maiores. O Westland 30 fabricouse como un helicopter utilitario civil; non tivo un grande exito comercial e so se fabricaron 41 unidades nos anos 80. No seculo XXI desenouse unha version modernizada do Lynx como un helicoptero de combate multi-rol, designada AgustaWestland AW159 Wildcat , que substituira aos Lynx ainda en servizo. O Lynx segue sendo fabricado por AgustaWestland , o sucesor de Westland Helicopters.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Gibbings 2009, p. 140
  2. Jeram-Croft, Larry,. The Royal Navy Lynx : an Operational History . Barnsley, South Yorkshire. ISBN   978-1473862517 . OCLC   990609785 .  
  3. "Fai Record File" . web.archive.org . 2013-12-03. Archived from the original on 03 de decembro de 2013 . Consultado o 2020-12-04 .  
  4. "AgustaWestland G-Lynx helicopter to be recognised for maintaining world speed record since 1986" . Western Gazette . 2014-12-28. Archived from the original on 28 de decembro de 2014 . Consultado o 2020-12-04 .  
  5. "Helicopter speed record 30th anniversary" . BBC News (en ingles ) . Consultado o 2020-12-04 .