한국   대만   중국   일본 
Western (cinema) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Western (cinema)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe tomada do filme Great train robbery (O gran roubo do tren) .
John Wayne , unha das iconas do western , en The Searchers (1956).

O western e un dos xeneros cinematograficos mais populares do cinema estadounidense . A palabra western , orixinariamente un adjectivo derivado de West (Oeste, en ingles ), substantivouse para facer referencia as obras, fundamentalmente cinematograficas , ainda que tamen literarias (vexase Novela do Oeste ) e de banda desenada (vexase Banda desenada do Oeste , que estan ambientadas no antigo Oeste estadounidense.

En galego , western e un anglicismo , de amplo uso, ainda que non aceptado de momento polo Dicionario da Real Academia Galega , polo que debe escribirse sempre en cursiva , como se fai con todo estranxeirismo .

Non existe ningunha outra voz para facer referencia ao concepto que a palabra western representa, polo que habitualmente moitos falantes usan expresions como "pelicula do oeste" ou "pelicula de vaqueiros".

Xenero [ editar | editar a fonte ]

En principio un filme incluiase neste xenero simplemente por estar a sua accion nun contexto determinado: a exploracion e o desenvolvemento do territorio centrooccidental dos Estados Unidos de America durante o seculo XIX .

Monument Valley , localizacion presente en numerosos westerns .
Reconstrucion dun pobo do western nos estudos da Universal, en Hollywood .

Poren, co tempo, as caracteristicas de dito contexto historico foronse estendendo aos personaxes desas historias, condicionando o seu modo de vida e definindo a sua idiosincrasia.

Ao estaren as peliculas moitas veces ambientadas en territorios inexplorados ou indomitos baixo a ameaza latente dun ataque dos indios , ou en cidades sen lei nas que os bandidos vivian a doutan, o xenero foise enfocando cara a confrontacion dos diversos personaxes, adquirindo un caracter cada vez mais psicoloxico .

E habitual tamen que alguns deses personaxes representen o ben sen ambaxes, daquelas xentes que viaxaban esperanzadas a esas terras coa utopia de forxar un hogar e vivir en paz, e outros, pola contra, representasen o lado malvado, os que se aproveitaban dos indefensos para faceren a sua propia vida mais facil. Por toda esta serie de temas fundamentais e trazos comuns e polo que non se considera necesario que unha pelicula estea ambientada necesariamente no oeste estadounidense para que poida ser cualificarla de western , ainda que iso poida ser sempre unha apreciacion algo sui generis .

O western usaouse a miudo polo cine estadounidense para escribir a epica do seu propio pais, unha narracion lendaria do proceso de fundacion dos Estados Unidos protagonizada por heroes que encarnan alguns dos valores mais arraigados da sua cultura, sempre baixo a inspiracion do destino manifesto e cunha iconografia caracteristica (sombreiro texano, pistolas, chalecos, cabalos, deserto, cidades-rua, saloon , ranchos, dilixencias, indios...).

Dentro do western e habitual diferenciar diversas tendencias ou subxeneros, tales como o chamado western crepuscular ( Arthur Penn e Pequeno gran home ; Sam Peckinpah e Maior Dundee ; Clint Eastwood e Sen perdon ou Lawrence Kasdan e Silverado ), o spaghetti western , cuxo mais importante director foi Sergio Leone ( Per qualche dollaro in piu , O bo, o feo e o malo etc.) ou o chili western realizado en Mexico.

Alguns directores e actores especializaronse no xenero ate o punto de converterse en iconas modernas d este tipo de cine como, por exemplo John Ford , Randolph Scott ou John Wayne .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Orixe [ editar | editar a fonte ]

O pai do western cinematografico foi Edwin S. Porter , quen, en 1903 , realizou The Great Train Robbery (O gran roubo do tren) [vexase fotograma no cabezallo], pelicula que iniciou o xenero. Este filme pode considerarse como a primeira obra importante, con argumento de ficcion, do cinema americano. A pelicula emprega, de forma algo rudimentaria, a montaxe paralela e, ainda que a accion adoita transcorrer de cara ao espectador, observase un uso narrativo da profundidade. A sua ultima escena, un primeiro plano dun pistoleiro disparando as suas armas cara ao espectador, causou unha impresion parecida a que puido facer no seu dia o tren dos irmans Lumiere . A pelicula foi un grande exito.

Idade de ouro [ editar | editar a fonte ]

John Ford en 1946.

Considerase que a epoca dourada (e clasica) do western corresponde fundamentalmente ao cinema estadounidense dos anos 1950 e anteriores. O director mais reconecido do xenero e John Ford , autor de peliculas como A dilixencia , 1939; My darling Clementine , 1945; Centauros do deserto , 1956; ou O home que matou a Liberty Valance , 1962.

Outros titulos e autores de especial relevancia son Howard Hawks , cos seus rios ( Red River , Rio Bravo ...); William Wellman ( Caravana de mulleres ); Bud Boetticher ( Os cativos ); Anthony Mann ( Winchester '73 ), asi como directores que se acercaron ocasionalmente ao xenero, como Raoul Walsh ( Morreron coas botas postas ); Fred Zinnemann , con So ante o perigo (1952); Nicholas Ray ( Johnny Guitar ); Delmer Daves ( Frecha rota ); King Vidor ( Duelo ao sol ); George Stevens ( Raices profundas ); Robert Aldrich ( Veracruz ) etcetera.

Decadencia [ editar | editar a fonte ]

Coincidindo cunha sensacion progresiva de perda de interese por parte do publico foronse desenvolvendo novas vertentes, as veces dentro do conxunto dos directores mais clasicos, por exemplo, o western crepuscular, que adoita falar con nostalxia e romanticismo sobre o fin desa epoca, contraponendoa case sempre a chegada dunha civilizacion personificada na locomotora e, outras veces, "desde fora", xa fose desde outros paises (Italia: o spaghetti western , que se centraba no aspecto mais elexiaco e autoparodico) ou desde a vision dunha xeracion mais nova que introduciu novos elementos no xenero.

Actualidade [ editar | editar a fonte ]

Cabe tamen agregar que o western como xenero novelistico adquiriu especiais caracteristicas durante a chamada Guerra silenciosa . [ 1 ] Durante esta, por exemplo, os caracteres manifiestanse de formas mais marcadamente dicotomicas. En canto ao cine, o numero de westerns foi descendiendo conforme ao paso dos anos, ate o punto de ser un dos xeneros do cinema clasico estadounidense que case desapareceu (ao igual que os musicais, por exmplo).

Asi e todo, nos ultimos anos houbo esporadicos intentos de resucitar o xenero (tamen o musical), ben tratando de recuperar as raices clasicas ( Sen perdon , Open Range ) ou aproximandose a formas narrativas e/ou visuais experimentais ( Dead Man , Blueberry ).

Ademais, o legado do western considerase de grande importancia e non e dificil ver as suas pegadas no cine contemporaneo (por exemplo en peliculas como Unha historia de violencia , Non e un pais para vellos ou Os tres enterros de Melquiades Estrada , ainda que os exemplos serian incontabeis).

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Schmidt-Welle, Friedlhelm: The Good and the Bad Guys: El Intertexto del Western en la guerra silenciosa, en: Armas y Letras 59 : 93-99.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Bellour, Raymond (dir.) (1966): Le Western, sources, mythes, auteurs, acteurs, filmographies . Paris: Union generale d'editions.
  • Cowie, Peter (2004): John Ford and the American West . Nova York: Harry Abrams Inc. ISBN 0-8109-4976-8 .
  • McMahan, Alison e Alice Guy-Blache (2002): Lost Visionary of the Cinema . Nova York: Continuum.
  • Nash Smith, Henry (1950): Virgin Land: The American West as Symbol and Myth . Cambridge, Mass: Harvard University Press.
  • Newman, Kim (1990): Wild West Movies . Bloomsbury.

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]