한국   대만   중국   일본 
Voo 995 de Spantax - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Voo 995 de Spantax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 995 de Spantax
O avion do accidente.
Resumo
Data  13 de setembro de 1982
Causa  aborto de engalaxe
Lugar  Aeroporto de Malaga
Coordenadas   Coordenadas : 36°39′48″N 4°29′03″O  /  36.66333333, -4.48416667
Finados  50
Feridos  110
Aeronave
Tipo de aeronave McDonnell Douglas DC-10-30CF
Operador  Spantax
Rexistro  EC-DEG
Pasaxeiros  381
Tripulacion  13
Superviventes  344 [ 1 ]

O voo 995 de Spantax era un voo charter dende o Aeroporto de Madrid-Barajas ata o Aeroporto Internacional John F. Kennedy de Nova York con escala no Aeroporto de Malaga . Cando o avion, un McDonnell Douglas DC-10-30CF , estaba a engalar en Malaga, o piloto sentiu unha forte vibracion e abortou a engalaxe. A tripulacion perdeu o control do aparello e foi incapaz de paralo dentro da pista saindose dela e golpeando unha caseta de formigon perdendo un motor. Posteriormente cruzou a autoestrada entre Malaga e Torremolinos golpeando varios vehiculos antes de chocar contra un terraplen ferroviario e incendiarse. Realizouse unha evacuacion de emerxencia no avion, pero 50 dos 394 ocupantes morreron no seu interior.

A causa do accidente foi o desprendemento de fragmentos da banda de rodadura do pneumatico dereito do tren dianteiro, creando unha forte vibracion. Sen saber as causas da vibracion o piloto decidiu abortar a engalaxe, incluso cando superara a velocidade Vr (a velocidade de rotacion). Este non era un procedemento estandar pero era considerado razoable ante circunstancias anormais. [ 1 ] Destacouse que o adestramento do piloto ao cubria fallos de motor durante a engalaxe e habia unha falta de adestramento en fallos coas rodas.

O pasaxeiro Carlton Maloney, un especialista de audiovisuais da Pace University, estaba gravando unha cinta de son durante o accidente como parte dunha serie de gravacions de engalaxes e aterraxes. Cando se decatou de que algo ia mal comezou a informar do incidente e das suas consecuencias inmediatas. O locutor de Chicago Steve Dahl reproduxo a cinta de Maloney no seu podcast do 26 de marzo de 2010 . [ 2 ]

Avion [ editar | editar a fonte ]

O McDonnell Douglas DC-10-30CF , con rexistro EC-DEG, realizara o seu primeiro voo o dia 13 de abril de 1977 e posteriormente foi entregado a aerolina Overseas National Airlines o 6 de xuno dese ano. Spantax recibiria o avion o 24 de outubro de 1978 . [ 3 ] No momento do accidente o avion tina pouco mais de 5 anos, e segundo a ultima revision estaba en perfecto estado.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 Ministerio de Fomento (ed.). "Informe do accidente" (PDF) . Consultado o 29 de xaneiro de 2017 .  
  2. Time (ed.). "A Grisly Triptych of Disasters" . Consultado o 29 de xaneiro de 2017 .  
  3. Airfleets (ed.). "EC-DEG" . Consultado o 30 de xaneiro de 2017 .