한국   대만   중국   일본 
Vixilio, papa - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Vixilio, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVixilio, papa

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (la) Vigilius PP. Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento valor desconecido Editar o valor em Wikidata
Roma (Reino ostrogodo) Editar o valor em Wikidata
Morte 7 de xuno de 555 Editar o valor em Wikidata
Siracusa (Imperio Bizantino) Editar o valor em Wikidata
59º Papa
31 de marzo de 537 ? 7 de xuno de 555 (Gregoriano)
←  Silverio ? Paio I  →
Papal apocrisiarius to Constantinople (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Relixion Igrexa catolica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupacion diplomatico , sacerdote catolico , autor Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
Pai Joao (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Irmans Reparato (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: John-3510
Vixilio

Vixilio foi papa entre o 29 de marzo do 537 e o 7 de xuno de 555 , nun periodo de dificultades no territorio italiano, dadas as axitacions que abalaban o Imperio romano . Propuxo a Pragmatica Sancion , emanada en realidade polo emperador Xustiniano .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Nacido sobre o 500 , Vixilio pertencia a unha distinguida familia romana. Seu pai, Xoan, era consul , titulo que recibira do emperador. Reparato , un irman de Vixilio, era un senador .

Vixilio foi designado como sucesor polo papa Bonifacio II , mais a oposicion a tal proceder levou a Bonifacio, nos anos seguintes, a retirar a sua decision de nomear un sucesor, queimando incluso o decreto que o istituia. O sucesor de Bonifacio, o papa Agapito I , nomeou a Vixilio representante papal en Constantinopla . A emperatriz Teodora buscou telo como aliado, para vingar a deposicion do patriarca monofisita de Constantinopla, Antimo I , e ademais para obter apoio nos seus esforzos a prol dos monofisitas. A emperatriz prometeu a Vixilio a Sede papal e unha grosa cantidade de dineiro. Logo da morte de Agapito, Vixilio regresou a Roma, levando consigo cartas da corte imperial bizantina.

Deposicion do papa Silverio [ editar | editar a fonte ]

Mentres, en 536 , fora nomeado papa, Silverio , merce a influencia do rei dos godos . Pouco despois, o xeneral bizantino Belisario meteu as suas tropas en Roma. Vixilio entregou a Belisario as cartas que lle foran entregadas en Constantinopla, que recomendaban ao mesmo Vixilio para ocupar a Sede papal, facendo asi que Belisario depora a Silverio ( 537 ). Poren a deposicion tina un segundo motivo. O godo Vitixes asediaba Roma, e para os bizantinos, Silverio aparecia como demasiado proclive ao xermano, sostendo Belisario que mesmo se entendia con el. Silverio foi recluido na illa Palmataria, onde faleceu nese mesmo ano de 537 o dia 2 de decembro .

Presions imperiais [ editar | editar a fonte ]

Xustiniano aproveitaria o favor feito co apoio concedido para pedir unha contraprestacion. No 543 solicitou que Vixilio aprobase o Edito dos tres capitulos , un documento emitido polo emperador no que condenaba certas proposicions de tres teologos do seculo V (Teodoro de Mopsuestia; Teodoreto de Cyrus; Ibas), acusados de nestorianismo . Con iso o monarca bizantino pensaba contentar os monofisitas, que gozaban de grande forza na cristiandade oriental. Poren Vixilio negouse a ratificar o documento, e ainda chegou a escomungar o patriarca de Constantinopla. Mais logo en 548 , Vixilio accedeu ao desexo de Xustiniano . Mais como a resitencia episcopal era forte en Occidente, especialmente entre os prelados norteafricanos, Vixilio retractouse. En resposta, convocouse un concilio en Bizancio , o II Concilio de Constantinopla ( 553 ), ao que Vixilio, e a maioria dos bispos occidentais se negaron a presentarse. A asemblea tivo lugar, presidida polo patriarca contantinopolitano, e con presenza sobre todo dos prelados orientais. Os "tres capitulos" foron anatematizados consonte queria o emperador.

Morte [ editar | editar a fonte ]

Vixilio foi conducido ao desterro nunha illa do mar de Marmara , por orde de Xustiniano. Nestas circunstancias Vixilio arrependeuse, e foi liberado, mais faleceu en Siracusa, cando viaxaba para Roma, o 7 de xuno de 555 .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]