Virxilio Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVirxilio Blanco

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 24 de novembro de 1896 Editar o valor em Wikidata
Guisande, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 25 de xuno de 1948 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Guisande, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion pintor Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua galega Editar o valor em Wikidata

BNE: XX981709

Virxilio Blanco Garrido , nado en Guisande ( San Miguel de Presqueiras , Forcarei ) o 24 de novembro de 1896 e finado na mesma aldea o 25 de xuno de 1948 , foi un pintor e ilustrador galego.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

En 1912 emigrou a Cuba e dende 1914 residiu na Habana . Ali compaxinou o traballo cos estudos de pintura na Academia e no Centro Galego da Habana , onde coneceu a Laxeiro . En 1923 expuxo no Centro Galego, que lle concedeu unha bolsa de tres anos para estudar na Real Academia de Belas Artes de San Fernando , onde ingresou en 1924. En Madrid entrou en contacto con outros artistas galegos e participou na Exposicion de Arte galego do Ateneo de Vigo de 1924 e na de Santiago de Compostela de 1926. Finalizados os estudos de Belas Artes o Centro Galego da Habana concedeulle unha nova bolsa para viaxar a Paris . Participou na mostra de arte galego do Heraldo de Madrid en 1928 e na exposicion de arte galego dos centros galegos de Buenos Aires e Montevideo en 1929. Nese ano regresou de Paris e expuxo nas salas viguesas de Las Colonias e do Ateneo.

Alternou estancias en Vigo e Pontevedra , nas que participou nos faladoiros do Derby e o Savoy, con visitas a Santiago de Compostela . Relacionouse con Manuel Colmeiro e Arturo Souto , expuxo na sala das Oficinas de Turismo de Pontevedra en 1930. Ao ano seguinte desfrutou dunha bolsa para estudos de pintura da Deputacion de Pontevedra e fundou en Forcarei a revista literaria Alborear , da que foi director artistico. En 1932 volveu exponer en Vigo e recibiu unha bolsa da Deputacion de Pontevedra para ir a Madrid, onde perfeccionou o seu estilo seguindo a vangarda figurativa. Regresou a Galicia en 1934 e expuxo no Ateneo de Vigo, onde volveu exponer ao ano seguinte na Sociedad Liceo. En 1935 tamen expuxo na Asociacion de Artistas da Coruna e participou no Salon de Primavera de Pontevedra. Instalouse en Vigo, onde expuxo no Faro de Vigo en 1939, e compartiu unha mostra co debuxante Ramon Pena en Pontevedra en 1941. En 1944 a Deputacion de Pontevedra concedeulle unha bolsa de viaxe, pero debido a enfermidade que padecia, non puido desprazarse. Continuou pintando e en 1945 expuso no Casino de Vigo e en 1947 participou nunha exposicion en Santiago de Compostela con Laxeiro. En 1948, o ano da sua morte, volveu exponer en Compostela.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]