Villarreal Club de Futbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Villarreal CF ≫)
Villarreal
Nome Villarreal Club de Futbol
Alcume(s) Submarino Amarillo
Fundacion 1942
Estadio Estadio de la Ceramica ,
Vila-real , Espana
Inauguracion 1923
Capacidade 25.000
Presidente España Fernando Roig
Adestrador España Unai Emery
Liga Primeira Division
2019?20
Vestimenta Xtep
Na rede
http://www.villarealcf.es/
Facebook: villarrealcf Twitter: VillarrealCF Instagram: villarrealcf Youtube: UC0MLWyQ0L7uEZY8wbkDSTkw TikTok: villarrealcf Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O Villarreal Club de Futbol (en valenciano : Vila-real Club de Futbol ) e un club de futbol espanol da cidade de Vila-real , na provincia de Castello . Foi fundado no ano 1923 e compite na Primeira Division .

En 2008 acadou o subcampionato de Liga e en 2021 conseguiu o seu primeiro titulo, ganando a final da Europa League contra o Manchester United . Anteriormente, na tempada 2005 - 06 , chegou ata as semifinais na Liga de Campions da UEFA , convertendose no mellor equipo debutante da competicion baixo ese nome, sendo adestrador Manuel Pellegrini , o tecnico mais exitoso da historia do club, que tamen foi subcampion de liga.

Historia [ editar | editar a fonte ]

O equipo xogou en divisions inferiores ata que na tempada 1997?98 acabou cuarto da Segunda Division . Na promocion de ascenso a Primeira Division xogou contra o SD Compostela , empatando os dous partidos, pero grazas ao valor dobre dos goles en campo contrario ascendeu a primeira categoria. O gol que supuxo o ascenso fixoo Alberto Saavedra . Debutou por primeira vez neste torneo o 31 de agosto de 1998 contra o Real Madrid CF .

Ganou a Copa Intertoto no veran de 2003 clasificandose asi para a Copa da UEFA . Na seguinte tempada o Villarreal acadou as semifinais da Copa da UEFA 2003?04, perdendo ante o seu vecino e finalmente campion Valencia CF . Con todo, ese veran volveu ganar a Copa Intertoto de novo, clasificandose para a Copa da UEFA da seguinte tempada, na que lograrian un novo grande exito.

Na tempada 2004?05 quedou terceiro na Primeira Division, tralo FC Barcelona e o Real Madrid CF, o que lles levou a xogar a Liga de Campions . Na fase de grupos, conseguiu eliminar a clubs de prestixio mundial coma o Manchester United ingles, o Glasgow Rangers escoces, ou o Inter de Milan italiano. O sono da final quedou frustrado polo Arsenal que eliminou o Villareal nas semifinais.

Na tempada 2007?08 cun balance de 17 vitorias, 5 empate e 7 derrotas en 29 xornadas, o Villarreal asinou o seu mellor arranque ligueiro da historia, con 56 puntos, a tan so 6 puntos do Real Madrid CF. O 4 de maio de 2008 , tras ganar ao Recreativo de Huelva no Nuevo Colombino (0?2), e tras a derrota do FC Barcelona no Santiago Bernabeu (4?1), o Villarreal asegurouse matematicamente o subcampionato ligueiro a falta de duas xornadas, co que participarian por segunda vez na sua historia na Liga de Campions da UEFA, esta vez sen disputar a fase previa. E isto de man de Manuel Pellegrini .

Partido disputado entre o Deportivo da Coruna e o Villarreal CF.

Na tempada 2011?12 , tras cambiar de adestrador en duas ocasions ( Juan Carlos Garrido comezou a campana, sendo substituido por Jose Francisco Molina e este por Miguel Angel Lotina ) e tras xogar doce anos consecutivos na maxima categoria, o Villarreal CF retornou a Segunda Division . O descenso consouse na derradeira xornada do campionato cunha derrota en El Madrigal contra o Atletico de Madrid (0?1).

O 6 de xuno de 2012  anunciouse que o adestrador na nova etapa en Segunda Division seria Manuel Preciado , falecendo un dia despois, sen chegar a ser presentado. [ 1 ] Finalmente foi Julio Velazquez o adestrador, que seria substituido logo dunha primeira volta irregular por Marcelino Garcia Toral . O equipo acabou en segunda posicion, volvendo a Primeira Division so un ano despois do descenso.

Uniforme [ editar | editar a fonte ]

  • Uniforme titular: Camiseta amarela, pantalon amarelo e medias amarelas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta azul, pantalon azul e medias azuis escuras.

Estadio [ editar | editar a fonte ]

Vista do Estadio de la Ceramica .
Artigo principal : Estadio de la Ceramica .

O estadio no que xoga o equipo e o estadio de la Ceramica . Inaugurouse o 17 de xuno de 1923 baixo o nome de Campo del Villarreal , cun partido entre o CD Castellon e o Cervantes. En 1925 pasou a chamarse El Madrigal , nome que manteria ata 2017 , na honra dos antigos terreos onde se atopa o recinto deportivo. Actualmente ten unha capacidade de 25.000 espectadores e unhas dimensions de 105 por 68 metros.

Durante a sua historia sufriu varias remodelacions. A primeira remodelacion levou a cabo no veran de 1952 . Durante os anos 60 o club construiu unha pequena cuberta, e durante os anos 1971/72 as gradarias da parte sur do estadio foron terminadas. No 1988 a galeria foi demolida para construir unha nova. Para o 75º aniversario do estadio, o club comezou novas renovacions. As gradarias do sur foron novamente demolidas, para instalar unhas novas con cuberta e un anfiteatro, tamen un centro VIP. A cabeceira norte foi reconstruida, culminando os traballos na Liga do ano 1999-00 .

Datos do club [ editar | editar a fonte ]

Historial por tempadas [ editar | editar a fonte ]

Tempada Categoria Posto Copa do Rei
de 29?30 Rexional ?
ata 55?56 Rexional ?
1956/57
1957/58
1958/59
1959/60 12º
1960/61 14º
from 61?62 Rexional ?
to 66?67 Rexional ?
1967/68
1968/69
1969/70 3ª Rolda
1970/71 16º 1/16
1971/72 17º 1/32
1972/73 12º 1/64
1973/74 12º 1/64
1974/75 1/64
1975/76 13º 1/64
1976/77 Rexional
1977/78 15º 1ª Rolda
Tempada Categoria Posto Copa do Rei
1978/79 13º 1/64
1979/80 1/64
1980/81 16º 1ª Rolda
1981/82
1982/83 14º
1983/84 13º
1984/85 14º
1985/86
1986/87 1/16
1987/88 2ªB 2ª Rolda
1988/89 2ªB 1ª Rolda
1989/90 2ªB 18º
1990/91 2ª Rolda
1991/92 2ªB 2ª Rolda
1992/93 13º 1/4
1993/94 16º 1/16
1994/95 10º 1/16
1995/96 15º 1/64
1996/97 10º 1/16
1997/98 1/64
Tempada Categoria Posto Copa do Rei LC UEFA
1998/99 18º 1/8
1999/00 1/8
2000/01 1/64
2001/02 15º 1/4
2002/03 15º 1/32
2003/04 1/8 1/2
2004/05 1/32 1/4
2005/06 1/8 1/2
2006/07 1/8
2007/08 1/4 1/16
2008/09 1/16 1/4
2009/10 1/8 1/16
2010/11 1/4 1/2
2011/12 18º 1/16 1/16
2012/13 2ª Rolda
2013/14

Xogadores [ editar | editar a fonte ]

Categoria principal: Xogadores do Villarreal CF .

Cadro actual [ editar | editar a fonte ]

Actualizado a 30 de xaneiro de 2020.
Posto Pais Xogador
1 POR España Sergio Asenjo
2 DEF España Mario Gaspar
3 DEF España Raul Albiol
4 DEF España Pau Torres
6 DEF Ramiro Funes Mori
7 MED España Gerard Moreno
8 MED España Santi Cazorla
9 DIA Carlos Bacca
10 MED España Vicente Iborra
11 MED Nixeria Samuel Chukwueze
13 POR España Andres Fernandez
14 MED España Manu Trigueros
Posto Pais Xogador
15 MED España Manu Morlanes
16 DEF España Xavi Quintilla
17 DIA España Paco Alcacer
18 DEF España Alberto Moreno
19 MED Andre-Frank Zambo Anguissa
20 DEF España Ruben Pena
21 MED España Bruno Soriano
22 DEF Sofian Chakla
23 MED España Moi Gomez
24 MED España Javi Ontiveros
25 POR Mariano Barbosa
26 MED Uruguai Ramiro Guerra

Palmares [ editar | editar a fonte ]

Torneos rexionais [ editar | editar a fonte ]

  • Campionato Rexional de Afeccionados (1): 1951

Torneos nacionais [ editar | editar a fonte ]

Torneos internacionais [ editar | editar a fonte ]

Premios e distincions [ editar | editar a fonte ]

  • Mellor equipo do mundo do mes de decembro de 2004 segundo a IFFHS . [ 2 ]
  • Premio o Fomento e Promocion do Deporte en 2007 para a Escola de Futbol do Villarreal na Iª Edicion dos Premios Nostresport. [ 3 ]

Filiais [ editar | editar a fonte ]

Villarreal B [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Villarreal B .

O Villarreal Club de Futbol B e o primeiro equipo filial do Villarreal. Foi fundado no ano 1999 e xurdiu coa idea de fornecer xogadores para o primeiro persoal do club. Debutou en Terceira Division na tempada 2003 - 2004 , ascendeu a Segunda Division B na 2006 - 2007 e a tempada 2008 - 2009 ascendeu a Segunda Division A . En 2012 descendeu novamente a Segunda B polo descenso do primeiro equipo a Segunda.

Villarreal C [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Villarreal CF C .

O Villarreal Club de Futbol C e o segundo equipo filial do Villarreal. Foi fundado no ano 2002 . Debutou en Rexional Preferente na tempada 2004 - 2005 e ascendeu a Terceira Division na 2006 - 2007 .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. " " Muere Manolo Preciado que acababa de fichar por el Villarreal " " . Arquivado dende o orixinal o 09 de xuno de 2012 . Consultado o 07 de xuno de 2012 .  
  2. "O Club do Mes do Mundo" (en espanol e ingles) . IFFHS . Consultado o 21 de xaneiro de 2008 .  
  3. "Iª Edicion dos Premios Nostresport" . Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2008 . Consultado o 13 de febreiro de 2010 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]