Valenciano

Esta páxina está semiprotexida
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Zonas de predominio linguistico oficial valenciano (en verde escuro) e castelan (en verde claro).

O valenciano ( valencia ) e a denominacion historica, tradicional e estatutaria usada no Pais Valenciano e de xeito extraoficial na comarca murciana do Carche para referirse a mesma lingua que se denomina catalan en Cataluna , as Illas Baleares , a Franxa de Aragon , Andorra , a Cataluna Norte e a cidade sarda de L'Alguer . Constitue, por outra banda, unha entidade linguistica propia, denominada moitas veces xa desde a Idade Media lingua valenciana [ 1 ] , sen prexuizo de constituir unha das principais variantes dialectais do idioma catalan [ 2 ] , canda o catalan central e o catalan balear.

O Pais Valenciano conta coa Academia Valenciana da Lingua (AVL) como entidade oficial encargada de elaborar a normativa linguistica da lingua dende a propia modalidade valenciana, canda o Institut d'Estudis Catalans (IEC). Este organo foi creado pola Generalitat Valenciana en 1998 co consenso maioritario das Cortes Valencianas .

O valenciano, dialectoloxicamente falando, non se pode considerar un dialecto encadrado no marco politico-administrativo do Pais Valenciano. O feito de que os dialectos da lingua catala formen un continuum linguistico fai que moitos dos trazos valencianos cheguen alen das Terras do Ebro catalas e aragonesas catala-parlantes, asi e todo, chegando ao Baix Camp e ao Baix Cinca , podense incluir as falas desta zona dentro do valenciano.

Subdialectos do valenciano.

Denominacion e entidade

De acordo coa lei de creacion da Academia Valenciana da Lingua, o valenciano: forma parte do sistema linguistico que os correspondentes estatutos de autonomia dos territorios hispanicos da antiga Coroa de Aragon reconecen como lingua propia. Este reconecemento teno o valenciano no Pais Valenciano e o catalan nas Illas Baleares e en Cataluna, e o sistema linguistico que conxuntamente forman so recibe academicamente o nome de lingua catala. A AVL segue as Normas de Castellon, asinadas en 1932 .

O 9 de febreiro de 2005, a AVL aprobou por unanimidade de todos os seus membros presentes un ditame conecido popularmente como "Dictamen del Dimecres de Cendres" no que se establecen os principios e criterios para a denominacion e a entidade do valenciano, considerando que "a lingua propia e historica dos valencianos, dende o punto de vista da filoloxia, e tamen a que comparten as comunidades autonomas de Cataluna (a excepcion do val de Aran , de lingua occitana ) e das Illas Baleares e o Principado de Andorra. Asi mesmo e a lingua historica e propia de outros territorios da antiga Coroa de Aragon (a faixa oriental aragonesa, a cidade sarda de l'Alguer e o departamento frances dos Pireneos Orientais a excepcion da comarca da Fenolleda , que e de lingua occitana)".

Este mesmo ditame tamen avala e xustifica o uso da denominacion de valenciano tanto para todo o conxunto do dominio da lingua (lingua catala), como para a modalidade dialectal falada no Pais Valenciano. Ademais, a AVL considera que esta modalidade "ten a mesma xerarquia e dignidade que calquera outra modalidade territorial do sistema linguistico, e presenta unhas caracteristicas propias que a AVL preservara e potenciara de acordo coa tradicion lexicografica e literaria propia, a realidade linguistica valenciana e a normativizacion consolidada a partir das Normas de Castellon". Por tanto, a AVL asume a unidade linguistica dende un punto de vista do polimorfismo dunha lingua que ten duas denominacions.

Historia

O catalan foi implantado no Pais Valenciano polos colonos catalans que se estableceron neste territorio a raiz da Conquista feudal, levada a cabo por Jaume I o Conquistador. Estes colonos procedian de todas as rexions de Cataluna e o feito de que foran minimamente superiores en numero aos colonos aragoneses explica que se fale catalan na maior parte do Pais Valenciano. Nas comarcas mais proximas a Aragon , pola contra, unha minima superioridade do numero de colonos aragoneses fixo que o castelan fora a lingua predominante. Unha nova repoboacion no seculo XVII, despois da expulsion dos mouriscos e maioritariamente con castelans, definiu a fala castela no resto de bisbarras do interior que ainda hoxe a falan. Asi e todo, o valenciano e historicamente a lingua predominante e administrativa no Pais Valenciano.

Ata fai pouco pensabase que a primeira referencia documental da utilizacion do termo valenciano para referirse a lingua propia dos valencianos encontrabase na traducion de Valeri Maxim realizada por Antoni Canals en 1395, onde se di: perque yo, a manament de vostra senyoria, el l’he tret de lati en nostra vulgada lengua materna valenciana aixi com he pogut, jatssessia que altres l’hagen tret en lengua cathalana. Recentemente atopouse unha referencia anterior, un proceso xudicial de Menorca contra Gil de Lozano, datado entre 1343 e 1346, no que se di que a nai do acusado, Sibila, falaba valencianesch porque era de Oriola . No se volveu documentar mais a palabra acabada en ?esch.

No seculo XV, o denominado Segle d'Or , o nome valenciano era xa a denominacion usual da lingua predominante do Reino de Valencia , e as denominacions de vulgar , romance ou catalan caeran en desuso. Joanot Martorell, autor da novela Tirant lo Blanch , afirma: atrevereime a expor: no solament de lengua anglesa en portuguesa. Mas encara de portuguesa en vulgar valenciana: perco que la nacio don yo soc natural sen puxa alegrar.

Dende un punto de vista dialectal, o valenciano pertence as falas meridionais-occidentais do sistema linguistico occitano-catalan. Por tanto, comparte moitos trazos co catalan falado nas comarcas de ponente e tamen nas terras do Ebro. Tamen presenta trazos propios, dependendo das comarcas e caracteristicas compartidas co occitano que foran perdidas en Cataluna .

Dende a transicion , a autonomia ou heteronomia do valenciano respecto do catalan ten sido motivo de debate e polemica entre os valencianos, normalmente con intereses politicos. Os filologos e linguistas son partidarios da union das comunidades linguisticas valenciana e catala pero existe unha parte da opinion publica valenciana que e partidaria da autonomia por motivos politicos. Tamen existe unha normativa linguistica secesionista alternativa, as Normas de El Puig, elaborada pola Real Academia de Cultura Valenciana, institucion fundada en 1915 pola Deputacion de Valencia, pero o seu uso e marxinal.

Sociolinguistica

O valenciano era durante o seculo XIX a lingua usada maioritariamente no territorio declarado actualmente coma de predominio linguistico valenciano. [ 3 ] Ainda que foi sufrindo un proceso de minorizacion linguistica, [ 4 ] sobre todo por motivos politicos e movementos inmigratorios, que afectou principalmente no conecemento da lingua escrita, e de forma mais acusada nas grandes concentracions urbanas.

Poren, hoxe en dia o conecemento do valenciano incrementouse notabelmente dende 1982 , cando a Generalitat implanta tanto o ensino do valenciano, como tamen as linas de escolarizacion en valenciano no seu sistema educativo. Dende enton, a porcentaxe de alfabetizados pasou dun 4% en 1982 ao 38% en 2001, segundo o censo. Asi mesmo, ao redor do 84% afirman entendelo, cerca do 47% afirman saber falalo [ 5 ] e, ademais, o seu dominio aumentou tamen no territorio de predominio linguistico castelan.

Evolucion linguistica nas zonas consideradas historicamente valenciano-falantes [ 6 ]
Ano Castelan Valenciano Bilingue Outros
1989 49,6% 45,8% 4,5% 0,1%
1992 45,0% 50,4% 4,6% 0,0%
1995 47,2% 50,0% 2,8% 0,0%
2005 54,5% 36,4% 6,2% 2,9%
2008 56,8% 32,3% 7,6% 3,3%

A Generalitat dispon de datos sociolinguisticos que foi realizando en diversos estudos e son so referentes ao territorio de predominio linguistico valenciano, exceptuando o conecemento, que se analiza en toda a Comunidade Valenciana. Non se conecen, por tanto, datos sociolinguisticos concisos sobre o uso social do valenciano en anos anteriores a 1982, nin no territorio de predominio linguistico castelan, ainda que se sabe que foi diminuindo ao longo de todo o seculo XX como consecuencia dos procesos de substitucion linguistica e polo saldo migratorio, positivo en todas as decadas, que atraeu a moitos habitantes de Castela-A Mancha , Andalucia e a Rexion de Murcia cara Valencia.

Con respecto aos estudos existentes, o uso das duas linguas mantivose estable durante as decadas dos 80 e 90 do seculo XX , mais nos ultimos anos aumentou lixeiramente a porcentaxe de castelan-falantes, asi como o de bilingues e falantes doutras linguas, baixando significativamente a porcentaxe de valenciano-falantes. Isto pode deberse a forte inmigracion dos ultimos anos, procedente maioritariamente de Iberoamerica e do Magreb , a primeira das rexions de lingua castela, polo que a balanza tende a inclinarse a favor deste idioma. [ 7 ]

Ademais, por outra banda, dase a circunstancia de que o Partido Popular goberna na Comunidade Valenciana dende 1995 , ano da anterior sondaxe ao ultimo de 2005 , polo que diversas entidades sindicais [ 8 ] e culturais [ 9 ] asocian o descenso do uso social a motivos politicos. [ 10 ] Recentemente, en agosto de 2007, o Sindicato de Traballadores da Ensinanza do Pais Valenciano (STEPV) afirmou que o numero de linas en valenciano na educacion quedou estancado dende 1997 [ 11 ] a pesar do crecemento vexetativo da poboacion experimentado nunha decada.

Caracteristicas linguisticas do valenciano

Caracteristicas propias da lingua no Pais Valenciano en comparacion co catalan falado en Cataluna .

Fonetica

  • Vocalismo atono:
    • Neutralizacion minima das vogais atonas. Existen as 5 vogais atonas [a, e, i, o, u] tipicas do catalan occidental e non existe a vogal neutra [?] , tipica del catalan oriental.
  • Vocalismo tonico:
    • Coma en todo o bloque occidental da lingua catala, pronuncianse as ? ("e" longas) e ? ("i" breves) tonicas do latin con "e" pechada como ale [a'le] (alento), que [ke] (que) con "e" pechada, mentres que no catalan oriental "e" e aberta nestas verbas.
    • O ditongo ui e xeralmente crecente: cuina ['kwina] (cocina), hui ['wi] (en Cataluna avui , hoxe). No valenciano alacantino, na Marina Baixa , no Comtat , no Alcoia e na meirande parte do tortosi, ditongo ui e ditongo decrecente: cuina ['kujna] (cocina), buit: ['bujt] (baleiro) a excepcion de hui [wi] que si e crecente.
  • Consonantismo:
    • Non existe a ioditzacio (A ioditzacio, e unha caracteristica historicamente propia do bloque oriental de dialectos do catalan que consiste na articulacion como [j] (i consonantica) da evolucion dos grupos latinos C'L, G'L, LLE, LLE (con i consonantica), un grupo que nunca aparece a principio de palabra e e escrito coma "ll", algunhas palabras con ioditzacio son ull (ollo), palla (palla), fulla (folla))
    • O g diente de "e" e "i" e a j tenen a pronuncia de [d?]
    • O r final nunca se enmudece (excepto en boa parte do Maestrat e a zona do Vinalopo ).
    • O t dos grupos finais - nt , - lt nunca se enmudece; acontece nunha parte do dialecto balear. Hai excepcions co valenciano castellonenco, tortosi, na Costera , Val de Albaida, o Alcoia e no Vinalopo Mitja.
    • Mantense o valor labiodental do v (esta caracteristica tamen acontece no balear ). Ainda asi, en moitas zonas do territorio tende a pronunciarse coma bilabial , e dicir, coma o b do galego.
    • O grupo - tll - do catalan do norte e - tl - nalgunhes verbas (pronunciado -l·l- ou sinxelamente - l - no valenciano (este feito tamen acontece no balear e no tortosi): ametla/ametlla (amendoa), vetlar/vetllar (velar).
    • O d intervocalico, especialmente na forma ad(vogal) , non se adoita pronunciar: mocador [mo·ka·'o?] (pano), cadira [ka·'i·?a] (cadeira). A terminacion - ada do participio feminino singular pronunciase -a: cremada [k?e'ma] (queimada).
  • Outros fenomenos:
    • O pronome feble ho ten unha pronunciacion especial dependendo da situacion do pronome. Xeralmente pronunciase diante do verbo [u] e detras [o] (despois de consoante) e [u]/[w] (despois de vogal): Carles ho sap ['kar·le·zu sap] (Carles sabeo), canvia-ho ja [can·'vi·aw ja] (trocao xa), se n'anat a donar-ho [se·na·'nat a do·'na·ro] (foise a darllo); cando o fonema posterior e unha vogal, pasa a [w]: No ho has endevinat [no was an·de·vi'nat] (non o adivinache); cando se produce unha contraccion cun outro pronome diante ou detras do verbo pronunciase [ew] : No m'ho has dit [no me·waz dit] (no mo dixeche), Dona-m'ho ['do·na·mew] (damo).

Morfoloxia

  • Os artigos son el , la , els , les .
  • O artigo non se emprega nunca diante dos nomes propios de persoa : Ha vingut Joan en troques de Ha vingut en Joan (Viu Xoan).
  • Conservacion dos tres graos nos demostrativos e adverbios locativos (coma no castelan , ainda que non e un castelanismo ) e das formas non reforzadas dos demostrativos de primeiro e segundo grao: este, eixe, aquell; aco, aixo, allo; aci, aqui, alli ou alla .
  • Os pronomes febles presentan a forma plena (me, te, se en troques de em, et e es) diante das formas verbais que comezan en consoante: me dutxe, te dic, se pentina (duchome, digoche, peitease) (este feito non se da en todalas variantes, asi no alacantino e a meirande parte do meridional (temos: em dutxe, et dic, es canvia, se sap, se certifica ), comprobase que so se conserva a forma plena cando o verbo comeza por s ou ce/ci . O pronome feble "ens" (nos) estandar pasa na lingua oral, coma en todo o resto do bloque occidental, a " mos " (non admisibel na lingua escrita). Por extension, no valenciano oral non existen as formas "ens" e "us", substituidas por " mos " e "vos". A forma "vos" aceptase no valenciano estandar en posicion diante do verbo pola Academia Valenciana de la Llengua .
  • O pronome feble li (le) (que substitue ao complemento indirecto) sempre precede ao pronome feble que substitue ao complemento directo (cando este existe), cosa que orixina as combinacions li'l (se lo) ( li'l done > l'hi dono ), li la ( li la done > la hi dono ), li'ls ( li'ls done > els hi dono ), li les ( li les done > les hi dono ).
  • A primeira persoa do presente de indicativo dos verbos da primeira conxugacion toma o morfema - e : jo cante (en troques de jo cant, eu canto). As conxugacions segunda e terceira toman o morfema zero (e dicir un monema que non costa de ningun fonema, e dicir do verbo dorm (durmir): jo dorm): jo tem, jo dorm (eu teno, eu durmo) (este feito non se da na meirande parte do Maestrat , onde estas formas toman o morfema - o , coma no resto do catalan occidental: jo canto, jo temo, jo dormo ).
  • O presente de subxuntivo non toma nunca os morfemas en -i propios do catalan central: son - e , - es , - e , - em , - eu , - en para a primeira conxugacion ( que jo cante, que tu cantes, que ell cante ...) e - a , - es , - a etc. para a segunda e a terceira ( que jo tema, dorma, que tu temes, dormes, que ell tema, dorma ...).
  • O preterito imperfecto de subxuntivo toma os morfemas coa r feble: - ara , - ares , - ara , - arem , - areu , - aren : jo cantara, tu cantares etc.
  • No valenciano central ou valenciano apitxat e nas zonas do valenciano alacantino (Vinalopo) conservase o preterito perfecto simple do catalan clasico: jo canti/jo vaig cantar (eu cantei), jo fiu/jo vaig fer (eu fixen).

Lexico

Subdialectos do valenciano
  • Verbas caracteristicas del valenciano:
Valenciano Catalan Galego
vesprada tarda tarde
bou toro touro
brossat mato requeixo
corder xai ano
creilla patata pataca
eixir sortir sair
hui avui hoxe
llaurador (pron. llauraor) pages labrego
pareixer semblar semellar
xiquet nen neno
roig vermell vermello
espill/lluna mirall espello

As verbas coma "roig" e "eixir" non son as unicas variedades posibeis no valenciano, xa que "vermell" podese atopar na Marina, entre outros lares, e "sortir" podese atopar no valenciano de transicion.

  • Variantes formais
Valenciano Catalan Galego
cementeri cementiri cemiterio
deposit diposit deposito
renyo ronyo ril
seua / teua / meua seva / teva / meva sua / tua / mina
servici servei servizo
xarcia xarxa rede

Notas

  1. Joan Veny Els parlars catalans . Moll, 1998, paxina 106
  2. Manuel Sanchis Guarner La llengua dels valencians . Eliseu Climent, 19ª ed., 1996, paxina 39
  3. El valencia , Butlleti de Dialectologia Catalana VII, Barcelona 1921, referenciado por Josep Giner i Marco en Obra filologica (1931-1991), a cargo de A. Ferrando coa colaboracion de Santi Cortes, Valencia: Institut Interuniversitari de Filologia Valenciana
  4. Palomero, Josep. Valenciano y castellano en la Comunidad Valenciana , Rosario 2005, III Congreso Internacional de la Lengua Espanola: Identidad y Globalizacion, [1] , 2007
  5. Datos estatisticos do censo do ano 2001, do Institut Valencia d'Estadistica, Generalitat Valenciana [2] Arquivado 06 de setembro de 2005 en Wayback Machine .
  6. Fonte: Servizo de Investigacion e Estudos Sociolinguisticos , [3] , da Conselleria de Cultura, Generalitat Valenciana. Datos de "lingua que fala na casa".
  7. Idem, Josep Palomero
  8. STEPV-IV considera que a situacion do valenciano e perigosa xa que diminue o seu uso a as actitudes linguisticas non son favorabeis (en catalan ) , 25 de febreiro de 2005
  9. Miles de persoas esixen ao Consell mais apoio para a lingua Arquivado 23 de febreiro de 2009 en Wayback Machine . (en catalan ) , nota de prensa da Federacio d'Escoles Valencianes , marzo de 2005:
    [Traducion] Tal e como denunciou o presidente de Escola Valenciana , Diego Gomez, "a Generalitat non fai nada pola lingua, encargase de instalar cortinas de fume que poden acabar por diminuir de forma alarmante o seu uso, e de feito, os ultimos datos asi o confirman".
  10. A Academia urxe a firmar un "novo pacto civico" ante o retroceso social do valenciano , El Pais da Comunidade Valenciana, 26 de outubro de 2005 .
  11. Unha carta parte dos alumnos estuda en valenciano tras 24 anos de Llei d'Us , El Pais da Comunidade Valenciana, 25 de agosto de 2007:
    [Traducion] Explica Vicent Mauri, do STEPV, [...] que o Goberno do PP apenas ofrece mais linas en valenciano dende que Fernando Villalonga deixou de ser conselleiro de Educacion en 1997. "No hai unha politica de promocion do valenciano por parte da Administracion", funcion que pasan a desempenar o profesorado e colectivos sociais como Escola Valenciana.

Vexase tamen

Ligazons externas