한국   대만   중국   일본 
Uretra - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Uretra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A uretra masculina atravesa a prostata e o pene.

En anatomia , a uretra (do grego ο?ρ?θρα , ourethra ) e un tubo que conecta a vexiga urinaria co exterior e serve para expulsar a urina (en ambos os sexos) e para expulsar o seme (no sexo masculino). Nos machos, a uretra esta conectada tanto co aparato urinario coma co reprodutor, atravesa lonxitudinalmente o pene e acaba no seu extremo. Nas femias a uretra e mais curta, e independente do aparato reprodutor, e acaba no perineo por diante do orificio vaxinal.

O esfinter uretral externo esta ao inicio da uretra, formado por fibras musculares estriadas, e permite o control voluntario da miccion.

Anatomia [ editar | editar a fonte ]

Uretra feminina [ editar | editar a fonte ]

Na muller, a uretra mide so de 2,5 cm a 4 cm [ 1 ] [ 2 ] de lonxitude (a cifra varia algo segundo as fontes), e abrese ao exterior entre o clitoris e a vaxina . Esta situada detras da sinfise pubiana, incrustada na parede anterior da vaxina, e a sua direccion e oblicua cara a abaixo e adiante; esta lixeiramente curvada coa concavidade dirixida cara a adiante.

A uretra consta de tres capas: muscular (externa), lamina propia conxuntiva, e mucosa (interna). O seu revestimento (mucosa) ten un epitelio estratificado escamoso, que se vai facendo de transicion preto da vexiga urinaria, e ten pregamentos lonxitudinais e numerosas invaxinacions , e algunhas celulas mucosas. A lamina propia e un tecido conxuntivo laxo sen papilas e con moitas fibras elasticas e moitos plexos venosos. A capa muscular e unha continuacion da da vexiga, consta de fibras de musculo liso que son lonxitudinais as exrternas e circulares as capas mais externas. Entre a fascia superior e inferior do diafragma uroxenital, a uretra feminina esta rodeada polo esfinter uretral. A innervacion (consciente e voluntaria) do sistema nervioso somatico do esfinter uretral externo procede do nervio pudendo .

Uretra masculina [ editar | editar a fonte ]

No macho humano, a uretra abrese ao final do pene (normalmente, pero ver hipospadia ). A uretra e a via de saida da urina durante a miccion e do seme durante a exaculacion . Os datos da lonxitude da uretra masculina son variables segundo as fontes e adoitan estar entre 18 e 22 cm [ 1 ] [ 3 ] A uretra ten forma de S invertido, xa que baixa en vertical atravesando a prostata, inclinase cara a adiante e penetra no bulbo do pene. Normalmente as paredes da sua luz estan en contacto, agas cando pasa liquido. A uretra pode dividirse en catro partes no macho, denominadas:

Rexion Descricion Epitelio
Uretra preprostatica Esta e a parte intramural da uretra e varia entre 0,5 e 1,5 cm de lonxitude dependendo do chea que estea a vexiga. Nalguns textos non se considera esta parte, xa que esta incluida na parede vesical. Transicional .
Uretra prostatica Atravesa a prostata . Presenta unha crista media (crista uretral) e varias aberturas para os seguintes condutos: (1) o conduto exaculador , que recibe os espermatozoides do conduto deferente e o fluido exaculado da vesicula seminal , (2) varios condutos prostaticos polos que se descarga a secrecion prostatica, (3) o utriculo prostatico , que e simplemente unha indentacion (homologa embrioloxicamente do utero feminino). Esta zona das aberturas denominanse en conxunto coliculo seminal (verumontano). Transicional
Uretra membranosa Unha pequena porcion (1 ou 2 cm) pasa a traves do esfinter uretral externo . Este e a parte mais estreita da uretra. Vai desde o polo inferior da prostata ao bulbo do corpo esponxoso . As glandulas bulbouretrais (ou de Cowper) estan na parte posterior desta rexion pero abrense na uretra esponxosa . Columnar pseudoestratificado
Uretra esponxosa (ou uretra do pene ) Percorre toda a lonxitude do pene, pero non polo seu centro, senon pola sua parte inferior ou ventral. Ten uns 15?16 cm de lonxitude, e situase dentro do corpo esponxoso do pene. Os condutos das glandulas uretrais (ou de Littre) desembocan aqui, e tamen estan aqui as desembocaduras das glandulas bulbouretrais. [ 4 ] Alguns libros subdividen a uretra esponxosa en duas partes, a uretra bulbosa e a pendulosa. O lume uretral e mais estreito na parte final, o orificio ou meato uretral externo. A parte final correspondente a glande esta alargada formando a fosa navicular, que e mais vertical. Isto produce un fluxo espiral de urina, o que contribue a limpar o meato uretral externo. As mulleres non tenen un mecanismo equivalente, o que en parte explica por que tenen infeccions do tracto urinario mais frecuentemente. Columnar pseudoestratificado na zona proximal, e escamoso estratificado na distal

A lonxitude da uretra masculina e o feito de que tena unha curvatura prominente, fai que a cateterizacion da uretra masculina sexa mais dificil. A integridade da uretra pode determinarse por un procedemento chamado uretrograma retrogrado .

Histoloxia [ editar | editar a fonte ]

O epitelio da uretra empeza sendo transicional na saida da vexiga. Despois convertese nun epitelio estratificado columnar, e mais adiante, preto do meato urinario, un epitelio estratificado escamoso. No epitelio superficial hai pequenas glandulas secretoras de mucus , que axudan a protexer o epitelio da urina. A superficie da membrana mucosa ten moitos diverticulos (lagoas de Morgagni), que se continuan con tubulos profundos e ramificados, que son as glandulas de Littre , presentes sobre todo na parte esponxosa. [ 1 ]

A lamina propia e un tecido conxuntivo laxo con moitas fibras elasticas e alguns feixes espallados de musculo liso, principalmente lonxitudinais, mais tamen circulares. Non ten papilas estendidas dentro do epitelio.

Orixe embrionaria [ editar | editar a fonte ]

O seo uroxenital embrionario orixina a uretra (e outras partes) e pode dividirse en tres componentes. A primeira das tres e a porcion cranial que e continua co alantoide e forma a propia vexiga. A porcion pelvica do seo forma a uretra prostatica, o epitelio, a uretra membranosa e as glandulas bulbouretrais do macho e a uretra membranosa e parte da vaxina das femias.

Enfermidades [ editar | editar a fonte ]

Micrografia dun cancer uretral, unha enfermidade rara da uretra.
  • A hipospadia e epispadia son formas de desenvolvemento anormal da uretra masculina, nas que o meato urinario non esta localizado no extremo do pene, senon que aparece na parte inferior (hipospadia) ou superior (epispadia). En casos severos a uretra pode desembocar entre o pene e o escroto .
  • A infeccion da uretra e a uretrite , que e mais comun nas femias. A uretrite e unha causa comun da disuria (dor durante a miccion).
  • Relacionada coa uretrite esta a sindrome uretral .
  • O paso de calculos renais pola uretra para a sua expulsion pode ser doloroso, e pode producir estenoses na uretra.
  • O cancer de uretra e pouco comun.
  • A entrada de corpos estranos na uretra e pouco comun, pero poden producir danos. [ 5 ]

A endoscopia da vexiga denominase cistoscopia e debe realizarse por via uretral.

Outras imaxes [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 1,2 D. W. Fawcett. Tratado de Histologia. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edicion. Paxinas 797-799. ISBN 84-7605-361-4 .
  2. Zacharin RF (1963). "The suspensory mechanism of the female urethra" . J. Anat. 97 (Pt 3): 423?7. PMC   1244203 . PMID   14047361 .  
  3. Kohler TS, Yadven M, Manvar A, Liu N, Monga M (2008). "The length of the male urethra" . International Braz J Urol 34 (4): 451?4; discussion 455?6. PMID   18778496 .  
  4. Atlas of Human Anatomy 5th Edition, Netter.
  5. Stravodimos, Konstantinos G; Koritsiadis, Georgios; Koutalellis, Georgios (2009). "Electrical wire as a foreign body in a male urethra: a case report" . Journal of Medical Case Reports 3 : 49. PMC   2649937 . PMID   19192284 . doi : 10.1186/1752-1947-3-49 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]