한국   대만   중국   일본 
Union General de Trabajadores - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Union General de Trabajadores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Union General de Trabajadores (UGT)
Logo da UGT
Sindicato de Espana
Lider Pepe Alvarez
(secretario xeral)
Fundacion 1888
Sede Hortaleza, 88. 28004, Madrid España Espana
Ideoloxia Socialdemocracia
Filiacion internacional Confederacion Europea de Sindicatos
Afiliados 1.242.200 (setembro de 2010 )
Delegados sindicais 113.797 (36,2%) (22 de agosto de 2011)
Publicacion Revista Union
www.ugt.es

A confederacion sindical Union General de Trabajadores de Espana , mais conecida como Union General de Trabajadores ( UGT ), en galego Union Xeral de Traballadores , e unha organizacion sindical obreira espanola , de orientacion socialista de practica socialdemocrata e que comparte orixe historica co Partido Socialista Obrero Espanol (PSOE). Tras rematar o ciclo electoral en decembro de 2019, quedou como a segunda central sindical do pais, detras de CC.OO ., conseguindo o 32% dos delegados. [ 1 ]

Historia [ editar | editar a fonte ]

Pablo Iglesias, fundador da UXT e do PSOE.
Manifestacion da UXT en Madrid.

A UGT foi fundada por Pablo Iglesias Posse en Barcelona o 12 de agosto de 1888 , coincidindo coa celebracion da Exposicion Universal de Barcelona de 1888 , que empregara a miles de persoas en tarefas de construcion, traballando en duras condicions que lles concienciou da necesidade de organizarse para defender os seus intereses.

A UGT naceu en intima relacion co socialismo marxista a pesar do seu apoliticismo estatutario. Ata o seu XIV Congreso de 1920 non asumiu a loita de clases como principio basico da accion uxetista, ainda que nunca chegou a establecer un organo mixto de conexion institucional co Partido Socialista Obrero Espanol (PSOE), o sindicato si estivo relacionado co partido dende o seu nacemento, xa que ata a decada dos 80 a sindicacion a UGT supuna a afiliacion o PSOE e viceversa. No periodo da primeira guerra mundial producironse tacticas de achegamento e unidade de accion cos anarco-sindicalistas da Confederacion Nacional do Traballo (CNT) e os comunistas , interrompidas bruscamente coa chegada da ditadura de Primo de Rivera e o seu rexime de monopolio sindical, cando a CNT opta polo enfrontamento radical co rexime, sendo polo tanto prohibida, mentres a UGT, ainda que desconforme coa ditadura, adopta unha postura de certa colaboracion para poder seguir funcionando. A radicalizacion da a de Largo Caballero durante a epoca da II Republica , cando a UGT superou o millon de afiliados, e o cruento estoupido da guerra civil afondaron as fisuras internas e provocaron a saida de Largo Caballero da Secretaria Xeral en 1937 .

O exilio acontecido tras a vitoria franquista pechou medio seculo de historia desta central sindical, rexurdida da clandestinidade no marco da transicion democratica e que, xunto con Comisions Obreiras (CCOO), constituen as opcions con maior raigame entre os traballadores na Espana actual. Convocou xunto a CCOO as folgas xerais de 1988 , 1992 , 1994 e 2002 , e e a segunda central sindical en numero de delegados.

O historico sindicalista Nicolas Redondo foi secretario xeral dende a Transicion ata 1994 , sendo substituido por Candido Mendez , reelixido en 1995 , 1998 , 2002 e 2005 .

No ano 1994 tivo que hipotecar todo o seu patrimonio nun credito do ICO para cubrir as debedas xeradas pola sua cooperativa de vivendas PSV trala sua quebra, que afectou a mais de 6.000 cooperativistas. Mais tarde, a UGT foi eximida de toda a responsabilidade penal polo Tribunal Supremo .

No ano 2005 , o goberno de Jose Luis Rodriguez Zapatero continuou coa devolucion do patrimonio sindical incautado durante e tras a guerra civil os sindicatos UGT e CNT . Na oposicion conservadora, alguns colectivos sociais e medios de comunicacion principalmente, cualificouse esta devolucion como unha mostra de favoritismo a UGT, pois de feito a anarco-sindical, CNT, en 1936 o numero de afiliados era similar, o goberno devolveulle ese ano 4 millons de euros mentres que a UGT devolvialle unha cantidade realmente superior. Asi, o diario ABC ( [1] [ Ligazon morta ] ) destacaba que o dineiro (151,3 millons de euros) que o 25 de novembro acordouse entregar a UGT correspondiase case exactamente cos 148,44 millons de euros que debia entregar para saldar a sua debeda co Instituto del Credito Oficial (ICO), consistente no capital (63,35 millons de euros) e os intereses (85,09 millons) do prestamo solicitado, para solucionar a crise da PSV (Promotora Social de Viviendas), antes do 30 de novembro . Esquerda Unida votou en contra desta medida. CC.OO. tamen protestou por non ter sido consultado. Antonio Gutierrez , exsecretario xeral de Comisiones e actual deputado socialista, abstivose, rachando a disciplina de voto (El Pais, [2] [ Ligazon morta ] ).

Obxectivos [ editar | editar a fonte ]

A UGT e unha institucion eminentemente de traballadores, organizados por grupos afins de oficios e profesions liberais que, para manterse en solida conexion, respecta a mais ampla liberdade de pensamento e tactica dos seus componentes sempre que estes tendan a transformacion da sociedade, para establecela sobre bases de xustiza social, de igualdade e de solidariedade.

Organizacion interna [ editar | editar a fonte ]

Candido Mendez, quen foi secretario xeral da UXT desde 1994 ata 2016.

Dende a sua legalizacion como organizacion sindical no ano 1977 , a UGT esta estruturada como unha organizacion de caracter confederal, integrada por unions territoriais , federacions e unions estatais .

Organos confederais [ editar | editar a fonte ]

Sede da UXT na Avenida de America , Madrid .

A Union Xeral de Traballadores dispon de varios organos confederais elixidos polo Congreso Confederal, encargados de aplicar as politicas do sindicato e velar polo correcto funcionamento da organizacion.

A Comision Ejecutiva Confederal e a direccion do sindicato. Tras o ultimo congreso confederal, en 2005 , a composicion da CEC e a seguinte:

O Comite Confederal reune a direccion da CEC cos lideres das distintas unions territoriais, federacions e unions estatais do sindicato.

Outros organos confederais son a Comision de Garantias e a Comision de Control Economico .

Outros organos [ editar | editar a fonte ]

Unions territoriais, federacions e unions estatais [ editar | editar a fonte ]

As Unions Territoriais axustanse o mapa autonomico espanol, habendo tantas unions como autonomias e cidades autonomas.

As Federacions e Unions Estatais son mais antigas, responden a agrupacion por oficios e son as seguintes:

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Manuel Gonzalez Probados (2006). A UGT na Galiza republicana (1931-1934). Distribucion cuantitativa e xeografica . Sada: Edicios do Castro . ISBN 84-8485-239-3 .  

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]

  1. Gonzalez Navarro, Javier (16 de xuno de 2020). "CC.OO. gana las elecciones sindicales por septima vez consecutiva con el 35,43% de los delegados" . abc.es (en castelan ) . Consultado o 12 de maio de 2021 .