Tupolev Tu-104

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tupolev Tu-104
Tu-104A no museo Kbely, en Praga
Tipo Pasaxeiros
Fabricante Tupolev
Primeiro voo 17 de xuno de 1955
Introducido 15 de setembro de 1956 ( Aeroflot )
Retirado 1981
Principais usuarios Aeroflot
Producion 1956 - 1960
Unidades construidas 201
Variantes Tupolev Tu-110
Tupolev Tu-124

O Tupolev Tu-104 (alcumado pola OTAN como Camel ) foi un avion de pasaxeiros de dous motores e medio rango sovietico. Despois do britanico de Havilland Comet e do canadense Avro Canada C102 Jetliner , o Tu-104 foi o terceiro reactor de pasaxeiros en voar e o segundo en facer un servizo regular. Despois dos problemas descubertos no Comet, que o mantiveron en terra por razons de seguridade, entre os anos 1956 e 1958 o Tu-104 foi o unico reactor comercial operativo do mundo. [ 1 ]

O seu deseno xestouse combinando unha nova fuselaxe de grande diametro coa cola, as as e os motores do bombardeiro Tu-16 Badger . O feito de non ser un deseno totalmente novo acelerou o seu proceso de desenvolvemento, e fixo o seu primeiro voo o 17 de xuno de 1955 , entrando en servizo coa aerolina rusa Aeroflot en setembro de 1956 .

A configuracion de clase mixta permitia levar 50 pasaxeiros e as versions de clase unica chegaban ata os 80. Versions posteriores, como o alongado Tu-104B, chegaban as 100 prazas.

Calculase que se construiron uns 200 exemplares, servindo a meirande parte deles en Aeroflot . O unico usuario estranxeiro do Tu-104 foi a aerolina checoslovaca CSA, que empregou seis avions entre 1957 e 1980 .

Deseno e desenvolvemento [ editar | editar a fonte ]

A comezos dos anos 50 a aerolina sovietica Aeroflot necesitaba un avion de pasaxeiros moderno con mais capacidade e mellor rendemento que os aparellos de piston que estaban en servizo. Da solicitude de deseno encargouse Tupolev OKB , que baseou o nova avion no seu bombardeiro estratexico Tu-16 'Badger' . O avion mantivo as as, os motores e as superficies de cola do Tu-16, pero o novo deseno adoptou unha fuselaxe presurizada mais ancha desenada para poder acomodar a 50 pasaxeiros. O prototipo voou por vez primeira o 17 de xuno de 1955 . Estaba equipado cun paracaidas de freado para acurtar a distancia de aterraxe en ata 400 metros, xa que na epoca poucos aeroportos tinan pistas o suficientemente longas. [ 1 ] O primeiro Tu-102 de serie fixo o seu primeiro voo o 5 de novembro de 1955. [ 2 ]

O Tu-104 estaba impulsado por dous turborreactores Mikulin AM-3 situados nas raices das as (cunha configuracion semellante a do de Havilland Comet ). A tripulacion de voo estaba formada por cinco persoas: dous pilotos, un navegante (sentado no nariz acristalado), un enxeneiro de voo e un operador de radio (despois eliminado). O avion despertou gran curiosidade polo seu luxoso interior "victoriano", como o definiron alguns observadores occidentais, debido ao uso de caoba, cobre e encaixes. [ 1 ]

Os pilotos do Tu-104 adestrabanse no bombardeiro Il-28 , e despois realizaban voos transportando correo nun bombardeiro Tu-16 desarmado coas cores de Aeroflot , entre Moscova e Sverdlovsk . Os que xa tinan experiencia previa no Tu-16 pasaban ao Tu-104 con relativa facilidade. O Tu-104 era considerado dificil de voar, xa que era pesado aos controis e era algo rapido na aproximacion final, e a baixas velocidades tina unha tendencia a entrar en perda, unha caracteristica comun das as en frecha. A experiencia co Tu-104 levou a oficina de deseno Tupolev a desenvolver o primeiro avion de pasaxeiros fabricado en serie con turboventiladores , o Tupolev Tu-124 , desenado para o mercado local, e despois o mais exitoso comercialmente Tu-134 .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 1,2 Lopez Ortega, Antonio. ([1999]). Reactores comerciales : dibujos del autor . Madrid: Agualarga. ISBN   84-95088-87-8 . OCLC   47809267 .  
  2. "Tu 104 That Started The Era Of Jet Airliners In the USSR" . English Russia (en ingles ) . 2011-11-29 . Consultado o 2020-12-27 .