한국   대만   중국   일본 
Tristura - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Tristura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Home amosando tristura.

A tristura ou tristeza [ 1 ] e unha das seis emocions basicas descritas por Paul Ekman , xunto coa felicidade , a ira , a sorpresa , o medo e o noxo . Tratase dunha dor emocional asociada a sentimentos de desvantaxe , perda ou impotencia que a miudo se manifesta a traves do pranto . O choro e a miudo unha indicacion de tristura. [ 2 ]

Na infancia [ editar | editar a fonte ]

Tristura na infancia
Desolacion, aflicion na adolescencia

A tristura e unha experiencia comun na infancia. Reconecer estas emocions pode axudar a detectar problemas emocionais graves, ainda que algunhas familias poden ter unha regra (consciente ou inconsciente) que non considere apropiado a exteriorizacion deste sentimento, o cal pode favorecer un comportamento maniaco no neno.

A tristura e parte do proceso de evolucion do neno que se manifesta, por exemplo, cando este se vai distanciando da nai para ser mais independente. Cada vez que o neno se separa un pouco mais, el ou a nai teran que facer fronte a unha pequena perda e este feito axuda a madurez do individuo, pois aprende a lidar coa tristura por si mesmo.

A pediatra Selma Friberg suxire que e importante respectar o dereito do neno a experimentar unha perda, total e profundamente.

Neuroanatomia [ editar | editar a fonte ]

A tristura pode estar orixinada por diversos motivos, poren, con independencia da sua orixe, parece que pode seguir un patron semellante en todolos casos.

Os estimulos desagradables poden exercer un efecto sobreexcitador nunha zona do cerebro chamada hipotalamo , de xeito que as neuronas desa zona producen unha substancia denominada FLC . Esta molecula e capaz de facer que o cerebro segrege a hormona do crecemento o torrente sanguineo e que esta chegue as glandulas suprarrenais . Na parte mais externa destas glandulas, a hormona de do crecemento estimula a sintese dunha molecula chamada cortisol e esta predispon o corpo, tanto fisica como psiquicamente para o estres . Dentro dos cambios inducidos polo cortisol estarian o insomnio , a inquietude nerviosa , a ansiedade e toda unha serie de sintomas depresivos .

A nivel nervioso, unha diminucion dos neurotransmisores noradrenalina e serotonina no cerebro, seria responsable da aparicion da sensacion de tristura.

Non se sabe con precision a relacion causa-efecto, e dicir, non se sabe por que un baixon de serotonina conduce a sensacion de tristura, pero esta claro que, nos procesos depresivos, o emprego de farmacos que aumenten o nivel de serotonina no cerebro contribuen a recuperacion das depresions.

Mecanismos de adaptacion [ editar | editar a fonte ]

As persoas enfrontanse a tristura de distintas maneiras e esta e unha emocion importante porque axuda a motivar os individuos para facerlle fronte a sua situacion. Alguns mecanismos de adaptacion incluen: buscar apoio nos demais, pasar o tempo cunha mascota ou participar nalgunha actividade que lle axude a expresar ese sentimento. Outras persoas poden excluirse temporalmente do contorno social mentres non se recuperan do decaemento.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tristura .
  2. Jellesma F.C., & Vingerhoets A.J.J.M. (2012). Sex Roles (Vol. 67, Iss. 7, pp. 412-421). Heidelberg, Germany: Springer

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]