한국   대만   중국   일본 
Tratado de Trianon - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Tratado de Trianon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palacio de Versalles , lugar do asinamento.

O Tratado de Trianon (en frances : Traite de Trianon; en hungaro : Trianoni bekeszerz?des ) foi un tratado de paz asinado no palacio do Grand Trianon , en Versalles , Francia , o 4 de xuno de 1920 entre as forzas aliadas na Primeira guerra mundial e o Reino de Hungria , tralo remate da guerra.

O tratado regularizaba a situacion dos antigos territorios do Reino de Hungria, trala desaparicion do Imperio Austrohungaro , do que formaba parte, trala derrota na primeira guerra mundial. Os ganadores do tratado foron as "Forzas aliadas" (os Estados Unidos , o Reino Unido , Francia , Italia , e o Xapon ) ademais das "Forzas asociadas" (os beneficiarios do tratado: Romania , o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos , e Checoslovaquia ). O unico perdedor do tratado foi Hungria , que perdeu o 77% da sua superficie e o 66% da sua poboacion.

Clausulas do Tratado [ editar | editar a fonte ]

Fronteiras de Hungria [ editar | editar a fonte ]

Disgregacion do Imperio Austrohungaro trala Primeira guerra mundial e perdas territoriais de Hungria.

Hungria proclamou a sua independencia fronte a Austria o 16 de novembro de 1918 . [ 1 ] As fronteiras temporais ≪ de facto ≫ de Hungria foron as mesmas que as trazadas polas linas do armisticio de novembro de 1918. En comparacion co antigo Reino de Hungria, esas fronteiras non incluian:

A Tripla Entente pediu a Hungria que reconecese os novos territorios pertencentes a Romania, a traves dunha lina trazada ao longo do rio Tisza . Sen a posibilidade de rexeitar eses termos, pero tampouco querendo aceptalos, os lideres da Primeira Republica Hungara dimitiron e os comunistas chegaron ao poder. Formouse a Republica Sovietica Hungara e organizouse rapidamente un Exercito Vermello Hungaro . Ese Exercito tivo, nun principio, exito contra as lexions checoslovacas e chegou preto da antiga fronteira de Galitzia (polaca), separando dese xeito as tropas checoslovacas das forzas romanesas. O 1 de xullo de 1919 asinouse o cesamento de hostilidades entre o Exercito Vermello e as tropas checoslovacas, mentres que as tropas romanesas cruzaron o rio Tisza, derrotaron ao Exercito Vermello hungaro e ocuparon Budapest o 4 de agosto de 1919.

O Estado hungaro foi restablecido pola Tripla Entente, quen axudou ao almirante Horthy a chegar ao poder, no mes de novembro de 1919. En decembro de 1919, unha delegacion hungara foi invitada a Conferencia de Paz de Versailles. [ 3 ] As condicions expostas no tratado foran aprobadas polos vencedores o 26 de febreiro de 1919, pero so presentaronse a delegacion hungara un ano mais tarde, o 16 de xaneiro de 1920. [ 4 ] As protestas do Goberno magiar de Karoly Huszar foron presentadas o 10 de febreiro e incluian a peticion de plebiscitos nas zonas que debian ser cedidas aos paises vecinos e o rexeitamento a asuncion de que as minorias desexaban separarse de Hungria. [ 4 ] As alegacions hungaras foron rexeitadas o 6 de maio, indicandose aos seus representantes que a redaccion do tratado considerabase definitiva. [ 4 ] Contrario a aceptar as condicions esixidas, o Goberno de Huszar dimitiu pouco despois, o 14 de marzo. [ 4 ]

As fronteiras definitivas de Hungria foron fixadas polo Tratado de Trianon, asinado o 4 de xuno de 1920, [ 4 ] que deixaban fora do pais a case 3 millons de maxiares (maioritarios en moitos distritos e municipios fronterizos). [ 4 ] Ademais dos territorios mencionados anteriormente, Hungria perdeu outros territorios ocupados como parte do Imperio Austrohungaro:

  • O resto de Transilvania, que pasou a Romania.
  • Rutenia , que pasou a Checoslovaquia, conforme ao Tratado de Saint-Germain de 1919.
  • A maior parte de Burgenland , que chegou a ser parte do novo Estado de Austria , tamen conforme ao Tratado de Saint-Germain; o distrito de Sopron optou por quedar como parte de Hungria logo dun plebiscito organizado en decembro de 1921.
  • Međimurje e Prekmurje , que chegaron a ser parte do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos.

Conforme ao Tratado de Trianon, as cidades de Pecs, Mohacs, Baja e Szigetvar, temporalmente baixo administracion iugoslava, pasaron a Hungria. Un comite asignou pequenas partes do norte dos antigos distritos Arva e Szepes a Polonia , posto que ai vivia unha maioria de poboacion polaca.

En total, dun territorio en vesperas da guerra mundial de 325 000 quilometros cadrados, o novo Estado independente so conservaba 93 036, mentres que Romania obtivo 103 093, Checoslovaquia 61 633, Iugoslavia 63 092 e Italia, Austria e Polonia porcions menores. [ 5 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Szilassy (1971), p. 24
  2. Szilassy (1971), p. 29
  3. Szilassy (1971), p. 70
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Szilassy (1971), p. 72
  5. Szilassy (1971), p. 73

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]