한국   대만   중국   일본 
Touro de Osborne - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Touro de Osborne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Touro de Osborne preto de Las Cabezas de San Juan ( provincia de Sevilla ).

O touro de Osborne e un reclamo publicitario do brandy de Xerez Veterano , en forma de silueta dun touro de lida . Tenen un tamano duns 14 metros de altura e estan situadas en outeiros a caron das estradas de Espana .

Ainda que a funcion inicial era publicitaria, co paso do tempo e o arraigo cultural foi mudando, traspasando os limites da marca comercial da empresa, nun simbolo cultural de Espana [ 1 ] [ 2 ] . Existen reclamos similares, pero co nome do brandy Magno impreso sobre eles, nas estradas de Mexico [ 3 ] . En 2011 colocouse o primeiro touro de Osborne en terras africanas, na cidade de Melilla , visible desde Marrocos [ 4 ] .

Historia [ editar | editar a fonte ]

En 1956 a axencia Azor Publicidad realiza, por encargo do Grupo Osborne, o deseno dun simbolo que servise para representar o brandy Veterano en vallas publicitarias de estrada. O artista Manolo Prieto , director da axencia, foi quen propuxo a figura do touro bravo [ 5 ] . Os primeiros carteis comezaron a colocarse en novembro de 1958. Estaban fabricados en madeira e median 4 metros de altura. Tinan os cornos pintados de branco e un rotulo que anunciaba a bebida. En 1961 os carteis comezaron a construirse en metal , xa que as condicions meteoroloxicas adversas danaban os de madeira. O seu tamano aumentou ate os 7 metros. En 1962 o seu tamano pasou aos 14 metros de altura, logo dun cambio na normativa dos carteis publicitarios de estrada.

En xullo de 1988 a Ley Xeral de Estradas obrigaba a retirar a publicidade de calquera lugar visible desde as estradas estatais. Poren, os touros de Osborne mantiveronse. En setembro de 1994 publicouse o Regulamento Xeral de Estradas, que ordenaba retirar estes reclamos. Varias comunidades autonomas , numerosos municipios, asociacions culturais, artistas, politicos e xornalistas pronunciaronse a favor do mantemento dos reclamos. A Xunta de Andalucia pediu a sua catalogacion como Ben Cultural e a Comunidade Foral de Navarra amparouse nunha Lei Foral para manter o touro existente no seu territorio. Nese mesmo ano foi declarado polo Congreso dos Deputados ≪patrimonio cultural e artistico dos pobos de Espana≫. [ 2 ] . Isto provocou que en decembro de 1997 o Tribunal Supremo ditase sentenza a favor do mantemento dos touros de Osborne. Asi, desde 1998 o touro de Osborne deixou de ser un simbolo estritamente comercial.

Esta considerado un simbolo asociado ao nacionalismo espanol e a identidade de Espana, e recibe boicot por parte de movementos nacionalistas . Asi, o unico touro existente en Cataluna foi derrubado en numerosas ocasions [ 6 ] . En 2008 o touro existente en Abavides ( Trasmiras ) foi pintado de laranxa nunha accion contra a simboloxia espanola [ 7 ] .

Un dos cinco touros de Osborne de Galicia.

Distribucion [ editar | editar a fonte ]

Numero de touros de Osborne por provincias.

En 2011 existian 91 touros de Osborne. Existe unha concentracion arredor do Marco de Xerez, nas provincias de Cadiz e Sevilla . O resto estan dispersados de forma non sistematica: asi, mentres que algunhas comunidades autonomas carecen deles ( Cantabria , Cataluna , Ceuta e a Rexion de Murcia ) ou tenen exclusivamente un ( Baleares , Canarias , Melilla , Navarra e Pais Vasco ), existen outras pequenas concentracions en torno a Asturias , Zaragoza ou Alacant .

En Galicia existen cinco touros de Osborne, situados en Abavides ( Trasmiras ) a caron da N-525 e da A-52 ; Feas ( Aranga ) a caron da N-VI ; Petan ( A Caniza ) xunto a N-120 ; Ponte Sampaio ( Pontevedra ) pegado a N-550 ; e Cadoalla ( Becerrea ) a caron da N-VI e da A-6 .

Comunidade Autonoma Cantidade Comunidade Autonoma Cantidade
Andalucia 23 Estremadura 5
Aragon 6 Galicia 5
Asturias 5 Madrid 2
Illas Baleares 1 Melilla 1
Illas Canarias 1 Rexion de Murcia 0
Castela-A Mancha 13 Navarra 1
Castela e Leon 14 A Rioxa 2
Cantabria 0 Comunidade Valenciana 11
Cataluna 0 Pais Vasco 1
Ceuta 0 TOTAL 91

Folclore [ editar | editar a fonte ]

A imaxe do touro de Osborne adoita aparecer noutros ambitos a marxe do publicitario: aparece en adhesivo en coches, en recordos de viaxe (camisetas, gorras, chaveiros, cinceiros, postais...). En ocasions aparece sobreimpreso na bandeira espanola a modo de escudo , e e portado por seareiros en eventos deportivos.

Propiedade industrial e intelectual [ editar | editar a fonte ]

Dado que e un logotipo comercial, ningunha empresa allea ao Grupo Osborne pode reproducir a imaxe do touro sen unha autorizacion. En setembro de 2005 unha xuiz penal de Sevilla absolveu varios comerciantes acusados do seu uso ilegal en artigos de agasallo destinados a persoas que ven na figura do touro un simbolo nacional e non a marca concreta dunha empresa . Poren, a Audiencia Provincial de Sevilla revogou a primeira sentenza en xaneiro de 2006, condenando aos comerciantes, aclarando que a carga cultural e simbolica que o touro de Osborne indubidablemente ten, non podia implicar un desapoderamento dos dereitos de autoria sobre a imaxe.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Rivera, J., Molero, V., Rivera Camino, J., Arellano Cueva, R. e Molero Ayala, V. C. (2009): Conducta del consumidor: Estrategias y politicas aplicadas al marketing . ESIC Editorial. ISBN 9788473565936 (en castelan ) .
  2. 2,0 2,1 Gran Enciclopedia de Espana Enciclopedia de Espana, S.A. Zaragoza, 1990. 84-87544-01-0 (obra completa) (en castelan ) .
  3. "El Toro de Osborne, de icono publicitario a simbolo de la Espana cani , artigo en El Mundo , 23 de xaneiro de 2007 (en castelan ) .
  4. "El toro de Osborne cruza el charco para instalarse en Melilla" , artigo en El Mundo , 7 de febreiro de 2011 (en castelan ) .
  5. Eguizabal, R. (2010): ' Industrias de la conciencia: Una historia social de la publicidad en Espana (1975-2009) . Ediciones Peninsula. ISBN 9788483079140 (en castelan ) .
  6. "Derribado el unico toro de Osborne que queda en Cataluna" , noticia en El Mundo , 13 de outubro de 2002 (en castelan ) .
  7. "Pintam de laranja touro de osborne de Abavides" , artigo na web de AGAL , 22 de xaneiro de 2008.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]