한국   대만   중국   일본 
Tommaso Campanella - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Tommaso Campanella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTommaso Campanella

Retrato de Tommaso Campanella, coleccion de Camillo Caetani, Sermoneta, Italia
Biografia
Nacemento (it) Giovan Domenico Campanella Editar o valor em Wikidata
4 de setembro de 1568 Editar o valor em Wikidata
Stilo (Reino de Napoles) Editar o valor em Wikidata
Morte 21 de maio de 1639 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Paris (Reino de Francia) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Reino de Napoles Editar o valor em Wikidata
Relixion dominicos
Educacion Universidade de Padua Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Filosofia Editar o valor em Wikidata
Ocupacion filosofo , escritor de ciencia ficcion , relixioso , astrologo , escritor , poeta , teologo Editar o valor em Wikidata
Influencias
Pseudonimo literario Settimontano Squilla Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua latina e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosa Orde dos Predicadores Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Conxuxe sen valor

BNE: XX1165951 Discogs: 2765087 Editar o valor em Wikidata
Tommaso Campanella.

Tommaso Campanella , nado en Stilo ( Calabria ) o 5 de setembro de 1568 e finado en Paris o 21 de maio de 1639 , foi un filosofo e poeta italiano. Con el conclue o pensamento renacentista . Tratou de edificar unha sintese entre metafisica, teoloxia, maxia e utopia.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Aos quince anos entrou na orde dominicana (o seu nome de pila era Giandomenio, pero no momento da entrada ao convento foi cambiado por Tome). Mago e astrologo, dominado por unha ansia de reforma universal, extraordinariamente culto era capaz de escribir e reescribir as suas obras cunha forza indomable. Estudou filosofia e teoloxia e despois dirixiuse a Napoles . En 1591 publicou ali a sua primeira obra, Philosophia sensibus demonstrata , na defensa de Telesio , sufrindo pouco tempo despois a primeira sospeita de herexia , e sendo procesado pola sua propia Orde ao ano seguinte. Sometido a torturas e encarcerado en diversas ocasions, evadiuse dunha condena a morte finxindo estar tolo. Debido a isto non acabou na fogueira, e despois de pasar case a metade da sua vida no carcere (27 anos) en 1626 o rei de Espana ordenou a sua excarceracion, pero a sua liberdade durou moi pouco tras ser de novo levado a prision en Roma . A requirimento da propia Orde Dominicana foille outorgada a liberdade total polo papa Urbano VIII . Finalmente, un inopinado triunfo en Francia coroou a sua axitada existencia.

Pensamento [ editar | editar a fonte ]

Campanella comezou sendo telesiano, pero a sua maneira. Para el, a mensaxe de Telesio significaba un contacto directo, a traves dos sentidos, coa natureza, unica fonte de conecemento, e polo tanto unha ruptura coa cultura libresca. A Carta a Monsenor Antonio Quarengo , de 1607, mostra algunhas das ideas esenciais do programa de Campanella, que afirma, a diferenza de Telesio, que todo conecemento deriva da sensibilidade e a ela reducese. O conecemento sensorial proporciona certeza absoluta e polo tanto non require probas de ningunha clase. O escepticismo non ten sentido porque hai unha facultade innata na alma que nos asegura principios indudibales, o primeiro e que existimos, pensamos, queremos e podemos. Este conecemento de si mesmo esta presuposto en calquera conecemento das cousas exteriores. Conecemonos, ante todo, a nos mesmos, e so conecemos as cousas exteriores en canto nos conecemos modificados ou impresionados por elas; e Campanella estende esta conciencia a todos os seres.

Nas suas reflexions sobre o conecemento, que se atopan no primeiro libro da Metafisica , Campanella brindounos unha refutacion do escepticismo, baseandose na autoconciencia. Esta nocion tivo un grande exito entre os seus interpretes posteriores. Segundo Campanella, o conecemento de si mesmo non e unha prerrogativa do home en canto ao pensamento, senon de todas as cousas. O conecemento que as cousas tenen do distinto de si e unha sapientia illata , unha sabedoria que se adquire por contacto coas demais cousas, xa que cada cousa e modificada por outra. O sentinte non sente calor, senon a si mesmo modificado pola calor.

Manifestouse contra a escolastica e combinaba as ideas do sensualismo e o deismo con concepcions mistico-relixiosas. Foi perseguido pola Inquisicion debido a sua liberdade de pensamento. Sonaba cunha humanidade libre e prospera. Fundamentou o seu ideal comunista no mandato da razon e nas leis da natureza. Imaxinou unha sociedade comunista tanto no referente ao rexime da propiedade como na pertenza de mulleres e fillos. Moitas das suas propostas filosoficas foron semellantes as adoptadas despois por Rene Descartes e por Immanuel Kant . Defende que a existencia de Deus deducese da existencia da sua idea no home. Campanella, partindo unha vez mais de Telesio, e da sua doutrina da animacion universal das cousas, avanza moito mais que el, non so movendose na direccion conceptual dos neoplatonicos , senon mesturando con ela visions nacidas na sua ardente fantasia, coa cal formula unha doutrina maxico-animista moi extrema. As cousas, segundo Campanella, falan e comunicanse entre elas de forma directa. Por exemplo a estrela, ao lanzar os seus raios, comunica os seus conecementos.

Obras [ editar | editar a fonte ]

Metaphysica , 1638

As obras de Campanella abarcan moitos campos da filosofia. De entre os seus 82 escritos podemos destacar:

  • Philosophia sensibus demonstrata (1591).
  • Del sentido de las cosas y la magia (1604).
  • Apologia pro Galileo (1616, pero publicada en 1622).
  • Epilogo magno (1604-1609).
  • Civitas Solis (1602).
  • Metafisica en 18 libros (da que Campanella fixo cinco redaccions, chegando a nos a version latina publicada en Paris no 1638).
  • Teoloxia en trinta libros (1613-1624).

A cidade do sol [ editar | editar a fonte ]

Na Civitas Solis Campanella reflicte, ao mesmo tempo, as aspiracions de renovacion espiritual e as suas conviccions maxico-astroloxicas. Os circulos das murallas son tantos como os planetas e a cidade esta construida de forma que lle permita conseguir os influxos favorables que proceden do ceo. Este cidade representa a sumas das aspiracions de Campanella.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]