Tokusatsu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Preparando a filmacion de Godzilla (1954)

Tokusatsu ( 特撮 ) e a palabra xaponesa para denominar os efectos especiais e que fora do Xapon identifica os filmes e series xaponesas que fan un considerable uso dos efectos especiais como filmes ou series de imaxe real tales como os de superheroes , como son as series de Metal Hero ; kaijus como Godzilla ; as de mecha , como Giant Robot ou aquelas producions que combinan dous ou mais destes xeneros, como Ultraman ou Super Sentai . En xeral abrangue temas que tenen que ver coa ficcion cientifica , fantasia e terror . Constitue unha das formas de entretemento mais populares do Xapon, pero fora de Asia apenas tenen exito uns poucos filmes e series, ainda que si conta cun importante numero de afeccionados en todo o mundo.

Etimoloxia e orixe [ editar | editar a fonte ]

A orixe da palabra e unha contraccion da expresion tokushu satsuei ( 特殊撮影 ), literalmente fotografia especial , ainda que a palabra e recente a orixe do tokusatsu hai que buscala no kabuki coas suas escenas de accion e loita e no bunraku , coa sua utilizacion dos monicreques