한국   대만   중국   일본 
Tiroide - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Tiroide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir coa cartilaxe tiroide da larinxe.
Situacion da glandula tiroide.

A tiroide [ 1 ] e unha glandula endocrina , situada xusto debaixo da noz de Adan xunto a cartilaxe tiroide e sobre a traquea . Pesa entre 15 e 30 gramos no adulto, e esta formada por dous lobulos en forma de bolboreta a ambos os dous lados da traquea, ambos lobulos unidos polo istmo . A glandula tiroide regula o metabolismo do corpo por medio da producion de hormonas tiroides e regula a sensibilidade do corpo a outras hormonas .

Historia [ editar | editar a fonte ]

A glandula recibe o seu nome da palabra grega thyreoeides ou escudo, debido a sua forma bilobulada.

Os italianos da epoca do Renacemento xa documentaran a tiroide. Leonardo da Vinci incluiuna nalguns dos seus debuxos na forma de duas glandulas separadas unha a cada lado da larinxe .

Foi identificada polo anatomista Thomas Wharton en 1656 e descrita no seu texto Adenographia . En 1776 Albrecht von Haller describiu a tiroide como unha glandula sen conduto. Atribuiaselle a tiroide varias funcions imaxinativas, incluindo a lubricacion da larinxe, un reservorio de sangue para o cerebro e un organo estetico para mellorar a beleza do pescozo feminino.

A tiroxina foi identificada no seculo XIX.

A cirurxia da tiroide sempre foi un procedemento perigoso con elevadas taxas de mortaldade. O primeiro relato dunha operacion de tiroide foi en 1170 por Roger Frugardi . Cara a metade do seculo XIX , apareceron avances en anestesia , antisepsia e no control da hemostase , o que lle permitiu aos cirurxians operar na tiroide con taxas de mortaldade reducidas. Os cirurxians de tiroide mais conecidos da epoca foron Emil Theodor Kocher (1841-1917) e C. A. Theodor Billroth (1829-1894).

Notas [ editar | editar a fonte ]