한국   대만   중국   일본 
Thomas Nast - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Thomas Nast

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaThomas Nast

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 27 de setembro de 1840 Editar o valor em Wikidata
Landau in der Pfalz (Reino de Baviera) Editar o valor em Wikidata
Morte 7 de decembro de 1902 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Guayaquil, Ecuador Editar o valor em Wikidata
Causa da morte Febre amarela Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Cemiterio de Woodlawn Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Estados Unidos de America
Reino de Baviera Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion caricaturista , xornalista , artista , ilustrador Editar o valor em Wikidata
Partido politico Partido Republicano Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
Conxuxe Sarah Edwards
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Paxina web thomasnast.com Editar o valor em Wikidata
WikiTree: Nast-8 Find a Grave: 6522488 Editar o valor em Wikidata


Thomas Nast , nado en Landau in der Pfalz ( Palatinado renano ) o 27 de setembro de 1840 e finado en Guayaquil ( Ecuador ) o 7 de decembro de 1902 , foi un debuxante aleman - estadounidense do seculo XIX . Esta considerado un dos pais da caricatura politica dos Estados Unidos .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Xuventude e formacion [ editar | editar a fonte ]

Thomas Nast naceu na cidade alema de Landau in der Pfalz, no Palatinado renano , fillo dun musico pertencente ao 9º Rexemento bavaro . En 1846 , cando tina 6 anos, a sua nai levouno a Nova York , onde estudou artes durante aproximadamente un ano con Alfred Fredericks e Theodore Kaufmann na National Academy of Design. Aos 15 anos comezou a traballar como desenador para Frank Leslie's Illustrated Newspaper , e tres anos despois para a revista Harper's Weekly .

Carreira [ editar | editar a fonte ]

Fotografia de Nast.

Nast debuxou para a Harper's durante dous periodos, o primeiro de 1859 a 1860 e o segundo de 1862 a 1886 . En 1860 viaxou a Inglaterra por conta do New York Illustrated News para presenciar un combate de boxeo entre Heenan e Sayers, e despois uniuse a Garibaldi en Italia como artista do Illustrated London News . As vinetas e artigos de Nast sobre a campana militar para unificar Italia captaron a imaxinacion popular nos Estados Unidos. En 1861 casou con Sarah Edwards.

O seu primeiro traballo serio en caricaturas foi a historieta "Peace" contra os do Norte que se opuxeran a continuacion da Guerra civil . Esta e outra das suas bandas desenadas feitas durante os dias da guerra e da Reconstrucion foron publicadas en Harper's Weekly . Era conecido por debuxar campos de batalla na fronteira e nos estados do sur. Estes valeronlle o interese do publico e do presidente Abraham Lincoln que o chamou "o noso mellor sarxento de recrutamento". [ 1 ] En consecuencia, Nast mais tarde oponerase firmemente ao presidente Andrew Johnson e a sua politica de reconstrucion. [ 2 ]

Campana contra o "Tweed Ring" [ editar | editar a fonte ]

As ilustracions de Nast contribuiron a caida do politico de orixe irlandesa - escocesa William Tweed , tamen conecido como "Boss" . [ 3 ] Tweed tina tanto medo ao lapis de Nast que enviou a un emisario que lle ofreceu un suborno de 500.000 dolares para rematar a sua campana anti-Tweed e abandonar o pais. [ 4 ] Nast rexeitou a oferta e redobrou os seus ataques. Tweed foi arrestado en 1873 e condenado por fraude . Cando o Boss tentou escapar da xustiza en decembro de 1875 , fuxindo a Cuba e de ali a Galiza , os funcionarios encargados da sua detencion en Vigo puideron identificalo grazas aos debuxos de Nast. [ 5 ]

Para Nast, as comunidades de inmigrantes irlandeses permitiran que o nome Tweed se fixera popular. Por iso, e tamen porque Nast era anticatolico e nativista ?e dicir, estaba en contra da chegada de inmigrantes aos Estados Unidos?, adoitaba burlarse da comunidade irlandesa e o clero catolico. En 1875, nunha das suas ilustracions titulada The American River Ganges , Nast representaba aos bispos catolicos como crocodilos dispostos a atacar as familias estadounidenses.

En xeral, as suas vinetas politicas apoiaban os indios norteamericanos, os chineses americanos e defenderon a abolicion da escravitude . Nast tamen tratou temas relacionados coa segregacion racial e a violencia do Ku Klux Klan , tratados nunha das suas vinetas mais famosas, "Worse than Slavery" ( Peor que a escravitude ), na que representaba a unha familia negra cuxa casa e destruida por incendio premeditado , ao mesmo tempo vese dous membros do Ku Klux Klan dandose a man en sinal de vitoria polo seu acto destrutivo contra a propiedade dos negros americanos .

Politica [ editar | editar a fonte ]

A revista Harper's Weekly e Nast desempenaron papeis esenciais nas eleccions de Ulysses S. Grant en 1868 e en 1872 . Na campana de 1872 a ridiculizacion, por parte de Nast, da candidatura de Horace Greeley foi desapiadada. Nast converteuse nun amigo persoal do presidente Grant e as suas familias compartiron ceas regulares ate a morte de Grant ( 1885 ). Por outra banda, Nast animou ao expresidente a escribir a sua autobiografia mentres loitaba contra o cancro . [ 6 ]

O rio Ganges americano .

Nast trasladouse a Morristown, Nova Jersey , en 1872 e viviu ali durante moitos anos. En 1873 , viaxou polos Estados Unidos dando conferencias e presentando as suas obras; reiterou estas actividades en 1885 e 1887 .

Compartiu as opinions politicas do seu amigo Mark Twain e mantivose fiel as ideas republicanas durante moitos anos. Nast opuxose a inflacion da moeda e, para ilustrar a situacion, caricaturizou a un bebe con farrapos. Desempenou un papel importante nas eleccions presidenciais de Rutherford B. Hayes en 1876. Hayes afirmou mais tarde que Nast era "'a axuda mais potente' que recibira nunca". [ 7 ] Pero o ilustrador pronto acabou perdendo as suas ilusions sobre Hayes, que criticaba a politica de pacificacion do Sur e a sua situacion na revista foi mudando pois Harper's negouse a permitir a Nast que atacase a Hayes.

A partir de 1877, coa morte de Fletcher Harper, e a falta do seu apoio, as suas contribucions fixeronse cada vez menos frecuentes polo que Thomas Nast concentrouse nas pinturas ao oleo e na ilustracion de libros, pero tal producion non se pode comparar coas suas vinetas. En 1890 publicou Thomas Nast's Christmas Drawings for the Human Race . Tamen achegou ilustracions a diversas publicacions, pero debido as novas tecnicas de ilustracion e a chegada de novos talentos, non gozou do exito que tivo en anos anteriores.

En 1892 tomou o control dunha revista en decadencia, chamada New York Gazette , renomeandoa como Nast's Weekly . De volta ao bando republicano, Nast usou a sua revista para publicar vinetas en apoio de Benjamin Harrison , un candidato a reeleccion presidencial. Pero a revista tivo pouco impacto, e a publicacion cesou pouco despois da derrota de Harrison.

En 1902 Theodore Roosevelt nomeouno Consul Xeral dos Estados Unidos en Guayaquil ( Ecuador ). Durante un brote mortal de febre amarela , Nast cumpriu as moitas misions diplomaticas e comerciais que lle foron encomendadas. Aos 62 anos, en 1902 , morreu de febre amarela contraida en Guayaquil. O seu corpo regresou aos Estados Unidos e foi sepultado no cemiterio de Woodlawn no Bronx , Nova York.

Escolma de traballos [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Paine, 1974, p.69
  2. "Caricatures sur Johnson, par Th. Nast." . Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2022 . Consultado o 13 de novembro de 2022 .  
  3. "The Political Corruption Cartoons of Thomas Nast" . web.archive.org . 2007-09-11. Archived from the original on 11 de setembro de 2007 . Consultado o 2022-11-13 .  
  4. Paine, 1974, pp. 181-182
  5. Paine, 1974, pp. 336-337
  6. Estas memorias saldran en 1885-1886 bajo el titulo de Personal Memoirs of U. S. Grant .
  7. Paine, 1974, p. 349.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]