한국   대만   중국   일본 
The Road to Los Angeles - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

The Road to Los Angeles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Road to Los Angeles
Autor/a John Fante
Orixe Estados Unidos
Lingua ingles
Xenero(s) Novela , Realismo sucio
Editorial HarperCollins
Data de pub. 1933 (publicada en 1985)
Seguido por Wait until Spring, Bandini
editar datos en Wikidata  ]

The Road to Los Angeles ("Camino a Los Angeles") e unha novela escrita en 1933 polo italo-americano John Fante , publicada por vez primeira en 1985. E o primeiro volume (o cuarto por orde de publicacion) da tetraloxia con Arturo Bandini como protagonista.

Trama [ editar | editar a fonte ]

Arturo Bandini e un rapaz de dezaoito anos, orfo de pai (ainda que Svevo aparece na precuela de 1937 ), que vive coa sua nai enferma e coa sua irma Mona, fanatica relixiosa. O seu sono e ser un grande escritor, pero traballa nunha fabrica de conservas, sendo esta a unica fonte de ingresos do fogar tras a morte do seu pai, xunto con algunhas achegas do irman da nai.

Le autores como Friedrich Nietzsche ou Oswald Spengler , pero so por pura megalomania , pois non entende a metade. Estas lecturas servenlle para ter unha falsa erudicion verbal, con moitos termos cultos pero libre de substancia, o que fai que se ridiculice a si mesmo.

Colecciona imaxes eroticas de mulleres espidas, as que idolatra como deusas. Poren, un dia destrueas nun ataque de moralidade, que lle chega por unha frustracion contra a intolerancia monacal perenne da sua irma e as responsabilidades inquietantes da nai.

Narracion [ editar | editar a fonte ]

Arturo e un rapaz novo, megalomano, groseiro, racista e intolerante. O autor parece delinear un anti heroe negativo, mesquino e soberbio, pero o que emerxe e un personaxe que se ri dos seus propios gromos neuroticos, mal adaptado as convencions da vida civilizada.

A obra esta narrada en primeira persoa , pero isto non contribue a identificarse co protagonista: a fina e aspera ironia que xorde do contraste entre as intencions claras de Arturo e os acontecementos que finalmente tenen lugar. A narracion converte a novela nunha satira da forma de ver o mundo solipsista e egocentrico, fronte ao mundo real ao que non logra adaptarse

A trama desenvolvese nos Anxeles ( California ), entre o barrio pobre onde viven e a factoria conserveira situada no peirao. Esta ambientada a comezos da decada de 1930, durante a Gran Depresion .