한국   대만   중국   일본 
The Last of Us - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

The Last of Us

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Last of Us
Desenvolvedor(es) Naughty Dog
Distribuidora(s) Sony Computer Entertainment
Director(es) Bruce Straley
Neil Druckmann
Desenador(es) Jacob Minkoff
Artista(s) Erick Pangilinan
Nate Wells
Compositor(es) Gustavo Santaolalla
Motor In-house engine [ 1 ]
Havok (fisicas)
Lanzamento 14 de xuno de 2013
Xenero Accion, aventura, supervivencia e horror
Modos de xogo Un xogador e multixogador
Clasificacion PEGI
CERO
USK
Plataforma(s) PlayStation 3
Formato(s) Blu-ray , descarga
Na rede
Paxina oficial
IMDB: tt2140553 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata  ]

The Last of Us e un videoxogo de accion e horror desenvolvido por Naughty Dog e distribuido por Sony Computer Entertainment exclusivamente para a PlayStation 3 . Foi estreado oficialmente o 10 de decembro de 2011 , durante a Spike TV Video Game Awards e a sua estrea mundial fixose o 14 de xuno de 2013 .

O xogador ten o control de Joel (voz e movementos de Troy Baker ), que esta viaxando a traves duns Estados Unidos postapocalipticos no ano 2033, coa fin de acompanar a Ellie (voz e movementos de Ashley Johnson ) cara a un grupo de resistencia, os Fireflies, que segundo cre Ellie, pode ser a chave para atopar a cura da infeccion que devastou o mundo. O xogador debe defender a personaxe de criaturas semellantes a zombis, que foron infectadas por unha mutacion do fungo Cordyceps , asi como de humanos hostis como bandidos e canibales. Para iso, debera empregar armas de fogo e o sixilo, asi como pola capacidade dunha representacion visual do son coa fin de escoitar os inimigos agochados nos distintos lugares. O xogador tamen poden crear armas e obxectos medicos pola combinacion de elementos recollidos polo mundo.

The Last of Us recibiu criticas que louvaron o seu guion, a actuacion de voz, o deseno do son e direccion de arte. A sua narrativa foi aclamada pola caracterizacion das personaxes e a descricion da condicion humana , que atinxe temas coma o sacrificio, a lealdade, o destino e a esperanza.

En 2022 rodouse unha serie homonima en Alberta , Canada , baseada no videoxogo e emitida en HBO . [ 2 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. PS3 (20 de maio de 2012). Playstationlifestyle.net, ed. "Naughty Dog on The Last of Us’ Graphics Engine Improvements" . Consultado o 12 de xullo de 2013 .  
  2. Sepinwall, Alan; Sepinwall, Alan (2023-01-10). " ' The Last of Us': A Finer Version of 'The Walking Dead' and HBO's Next Big Hit" . Rolling Stone (en ingles ) . Consultado o 2023-02-01 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]


Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre videoxogos e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.