한국   대만   중국   일본 
Tertuliano - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Tertuliano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTertuliano

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (la) Quintus Septimius Florens Tertullianus Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento c.   160 Editar o valor em Wikidata
Roman Carthage (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Morte c.   240 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Roman Carthage (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
Relixion Montanismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Filosofia Editar o valor em Wikidata
Ocupacion escritor , teologo , filosofo Editar o valor em Wikidata
Periodo de tempo Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Galiciana: 55213 BNE: XX873455

Quintus Septimius Florens Tertullianus , conecido como Tertuliano , nado en Cartago (actual Tunes ) cara ao 160 e finado na mesma cidade cara ao 220 , foi un apoloxista cristian considerado o maximo representante da literatura cristia anterior a Agostino de Hipona .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Os poucos datos acerca da sua vida provenen dalgunhas referencias na sua obra e de autores posteriores, polo que estan sometidos ainda a debate. Ao parecer, o seu pai era centurion, e Tertuliano recibiu unha esmerada educacion en dereito , filosofia e retorica . Educouse en Cartago, animado centro cultural. A sua intelixencia, aberta a verdade e a beleza exquisitamente dialectica , facilitaballe tanto ao exercicio da retorica unha esplendida erudicion como o emprego dos recursos xuridicos mais refinados. A fusion de ambos elementos haberia de permitirlle poner un selo singular na literatura apoloxetica , que xa anteriormente tina acadado un notable desenvolvemento na lingua grega .

Nas suas obras atopanse algunhas testemunas acerca das suas desviacions xuvenis: Tertuliano confesa ter sido pecador, asiduo de espectaculos inmorais e adultero. Viviu un tempo en Roma , onde probablemente exerceu como avogado, e se interesou polo cristianismo , ainda que a sua conversion tivo lugar ao seu regreso a Cartago, ao redor do 190. A partir deste momento, despregou unha notable actividade polemica contra os pagans e os herexes e en defensa do cristianismo a traves de numerosos escritos. Certas alusions do autor permiten crer nunha posible e intensa influencia nel da heroica serenidade dos cristians no martirio, unida ao que Tertuliano denomina o seu poder de exorcismo : os martires son a simple verdade posta ante os ollos, a cal non se pode resistir. Contraeu matrimonio, e pediu a sua muller, nun texto dirixido a ela, que non celebrara segundas nupcias; isto supon xa un dos trazos da sua ideoloxia rigorosa. Tertuliano converteuse nunha figura destacada na Igrexa do norte de Africa , ainda que e dubidoso que chegara a ser ordenado sacerdote.

Cara ao 213 afastouse da Igrexa e aproximouse, atraido pola sua intransixencia e o seu rigor moral, a herexia dos apocalipticos de Montano ( montanismo ), que propugnaba un retorno a verdadeira fe. O seu austero ascetismo e a sua rixidez levoulle, incluso dentro da seita frixia, a establecer unha faccion que seria chamada a dos tertulianistas, que perdurou como unha igrexa independente ata o seculo V . Non cabe pensar que Tertuliano volveria a Igrexa, opinion insinuada por alguns. Segundo Xerome de Estridon , faleceu moi vello (en torno ao ano 240), e foi "exemplo famoso, na Antiguidade cristia, da dolorosa caida a cal se atopan expostas algunhas intelixencias ilustres".

Pensamento [ editar | editar a fonte ]

O seu pensamento esta exposto nunhas trinta obras doutrinais, apoloxeticas, asceticas e morais. Nos seus escritos elaborou unha prosa latina orixinal e desenvolveu o vocabulario que mais tarde utilizaria no pensamento cristian. Tertuliano reconeceu e apreciou os valores da cultura grecorromana como a maioria dos cristians cultos da sua epoca, e discriminou entre os que considerou aceptables e aqueles que debian rexeitarse. Empregou o fervor da sua alma e a lucidez da sua intelixencia nunha serie de obras nas que mostra brillantemente as suas dotes de polemista, doutor e moralista baixo un aspecto formal de tipo academico rico nos medios expresivos, que as veces raian na pesadez, pero que sempre son utilizados con vigor e orixinalidade.

A sua mensaxe caracterizase polo seu rigorismo moral e a sua enfase na superioridade da revelacion e da fe sobre a razon, manifestada na afirmacion de que, asi como os profetas son os patriarcas dos cristians, os filosofos sono dos herexes . Os seus escritos sentaron asi mesmo a tese de que as Sagradas Escrituras so podian ser interpretadas por membros cualificados pola igrexa.

Obras [ editar | editar a fonte ]

Opera omnia, 1598

Apoloxetica [ editar | editar a fonte ]

  • Apologeticus pro Christianis .
  • Dissertatio Mosheim in Apol .
  • Libri duo ad Nationes .
  • De Testimonio animae .
  • Ad Martyres .
  • De Spectaculis .
  • De Idolatria .
  • Accedit ad Scapulam liber .
  • Dissertatio D. Le Nourry in Apologet. libr. II ad Nat. et libr. ad Scapulam .

Polemica [ editar | editar a fonte ]

  • De Oratione .
  • De Baptismo .
  • De Poenitentia .
  • De Patientia .
  • Ad Uxorem libri duo .
  • De Cultu Feminarum lib. II .

Dogmatica [ editar | editar a fonte ]

  • De Corona Militis .
  • De Fuga in Persecutione .
  • Adversus Gnosticos Scorpiace .
  • Adversus Praxeam .
  • Adversus Hermogenem .
  • Adversus Marcionem libri V .
  • Adversus Valentinianos .
  • Adversus Judaeos .
  • De Anima .
  • De Carne Christi .
  • De Resurrectione Carnis .

Sobre moralidade [ editar | editar a fonte ]

  • De velandis Virginibus .
  • De Exhortatione Castitatis .
  • De Monogamia .
  • De Jejuniis .
  • De Pudicitia .
  • De Pallio .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]