Terremoto e tsunami de Sendai de 2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O terremoto e tsunami de Sendai en 2011 (東北地方太平洋沖地震, Terremoto da rexion de T?hoku e da zona costeira do Oceano Pacifico) foi un sismo ocorrido as 14:46:23 (05:46:23 UTC) do venres 11 de marzo de 2011 , que alcanzou unha magnitude provisional de 8,9 na escala sismoloxica de magnitude de momento (MW). O domingo 13 de marzo recalificouse pola axencia sismoloxica xaponesa nun 9 na escala sismoloxica de magnitude de momento (MW), o que o fai o cuarto maior terremoto do que se ten constancia na historia. O epicentro do terremoto situouse no mar, fronte a costa de Honshu , 130 km ao leste de Sendai, na prefectura de Miyagi , Xapon . Nun primeiro momento calculouse a sua magnitude en 7,9 graos MW, que foi posteriormente incrementada a 8,8 e finalmente a 8,9 graos polo Servizo Xeoloxico dos Estados Unidos. A enerxia liberada equivaleu a 200 millons de toneladas de TNT . [ 1 ]

Ainda non se puido establecer unha cifra oficial definitiva de vitimas mortais, pero segundo o Ministerio de Defensa xapones e moi probable que se supere o milleiro.

Dous dias antes, este terremoto fora precedido por outro tremor importante, pero de menor magnitude, ocorrido o mercores 9 de marzo de 2011, as 02:45:18 UTC na mesma zona da costa oriental de Honshu, Xapon e que tivo unha magnitude de 7,2 graos na escala de Richter, cunha profundidade de 14,1 quilometros. Tamen ese dia as autoridades da Axencia Meteoroloxica do Xapon deron unha alerta de tsunami , pero so local, para a costa leste dese pais.

A JAXA solicitou formalmente e ao abeiro da Carta Internacional Espazo e Grandes Desastres [ 2 ] , a activacion do sistema mundial de satelites para grandes desastres unha hora despois do sismo [ 3 ] , polo que todas as axencias espaciais asinantes estan a orientar os satelites na area do Xapon para mellorar no posible a capacidade de resposta ante o desastre.

As 20:00 hora galega rexistrouse unha nova replica de 6,6 graos na escala de Richter na costa noroeste, xusto a oposta a que sufriu o primeiro sismo.

O tsunami [ editar | editar a fonte ]

Simulacion da NOAA da propagacion do tsunami.

Tras o sismo xerouse unha alerta de tsunami para a costa pacifica do Xapon e outros paises, incluidos Nova Zelandia , Australia , Rusia , Guam , Filipinas , Indonesia , Papua Nova Guinea , Nauru , Hawai , Illas Marianas do Norte , Estados Unidos , Taiwan , America Central , Mexico e as costas de Suramerica , especialmente o Peru e Chile .

As 9:28pm ( HAST ), o Servizo Meteoroloxico Nacional dos Estados Unidos emitiu unha alerta de tsunami ate as 7am para todo Hawai .

As 11:33pm ( PST ), o Servizo Meteoroloxico Nacional emitiu un aviso de tsunami para a costa de Alasca desde a baia de Chignik ate a Illa de Attu , e vixilancia de tsunami para toda a costa pacifica do Canada e Estados Unidos desde a baia de Chignik a fronteira de California con Mexico. Esperase que as primeiras ondas cheguen a Illa Shemya as 12:13am (AST).

Despois do terremoto, unha das primeiras alertas de tsunami foi para a Illa de Pascua ; a onda chegaria as 17:55 (hora local). Toda a costa de Chile esta en alerta.

O presidente Correa de Ecuador recomendou a evacuacion de todas as costas do pais, emitiu un estado de excepcion para as illas Galapagos , para as cales recomendou a poboacion ir a terras altas, de polo menos 50m de altura.

O tsunami atinxiu as costas de Hawai as 3.30am hora local, onde as autoridades ordenaran a evacuacion de todas as zonas costeiras 90 minutos antes, mais con escaso impacto. Esta declarada a alerta no estados de California e Oregon e na provincia canadense da Columbia Britanica [ 4 ]

Tamen se atopan en diferentes graos de estado de alarma diversos paises centroamericanos coma Guatemala , Costa Rica , O Salvador e Nicaragua . As autoridades panamenas , ainda que non declararon oficialmente ningun estado de alerta, si ordenaron a suspension das actividades escolares na costa pacifica do pais. Agardase que o tsunami chegue ao istmo centroamericano contra as 16:00 hora local (23:00 hora galega). [ 5 ]

Localizacion de persoas [ editar | editar a fonte ]

Google puxo a disposicion do publico en xeral unha web para localizacion de persoas na area do sismo. [ 6 ]

Crise nuclear [ editar | editar a fonte ]

Xapon posue 17 centrais nucleares con 55 reactores de multiples modelos. 11 reactores pecharon a sua actividade polo terremoto. Destes 11 os situados na centrais de Fukushima I (con 6 reactores de vapor de auga, unha tecnoloxia dos anos 70) e Fukushima II (da mesma tecnoloxia e con outros 4 reactores), situados a uns 80 quilometros do epicentro recibiron numerosos danos na sua estrutura. Na central Fukushima I perderon o sistema de refrixeracion de emerxencia do primeiro reactor (pola chegada do Tsunami unha hora despois do tremor) e comenzou a fusionarse o nucleo (emitindo cesio ), estoupando a cupula exterior do reactor o sabado 12 de marzo de 2011 as 6 da tarde (hora local do Xapon). O goberno xapones ordenou bombear auga de mar para evitar a fusion total do nucleo. Outro reactor da mesma central tamen esta a fallar, e temese outra fusion do nucleo deste reactor. O fallo cualificouse pola Axencia internacional da Enerxia Atomica como de nivel 4. Existe un perimetro de emerxencia de 20 quilometros na central Fukushima I e outro de 10 quilometros na central Fukushima II. [ 7 ]

Asi mesmo, o primeiro ministro xapones Naoto Kan reclamou o 6 de maio de 2011 o peche da central nuclear xaponesa de Hamaoka, pois esta situada nunha zona onde converxen varias placas sismicas e conta con risco de sufrir un sismo de 8 graos [ 8 ] , polo que a empresa electrica que a xestiona aceptou tal peticion.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Xornal de Galicia" . Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2011 . Consultado o 11 de marzo de 2011 .  
  2. "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2014 . Consultado o 11 de marzo de 2011 .  
  3. http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Activado/sistema/mundial/agencias/espaciales/grandes/desastres/elpepusoc/20110311elpepusoc_8/Tes
  4. "Xornal de Galicia" . Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2011 . Consultado o 11 de marzo de 2011 .  
  5. "Xornal de Galicia" . Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2011 . Consultado o 11 de marzo de 2011 .  
  6. "Buscador en ingles, xapones e outros idiomas" . Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2011 . Consultado o 11 de marzo de 2011 .  
  7. http://www.world-nuclear-news.org/RS_Battle_to_stabilise_earthquake_reactors_1203111.html
  8. http://www.abc.es/20110509/internacional/rc-planta-nuclear-hamaoka-suspendera-201105090956.html

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]

  • BBC
  • [1] Paxina web da Axencia de Seguridade Nuclear e Industrial Xaponesa.
  • Mapas satelitais do desastre, fonte: DLR [2]