한국   대만   중국   일본 
Teofrasto - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Teofrasto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTeofrasto

Teofrasto de Ereso
Nome orixinal (grc) Θε?φραστο? ?ρ?σιο? Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento c.   371 a. C. Editar o valor em Wikidata
Eresos, Grecia Editar o valor em Wikidata
Morte 287 a. C. Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Antiga Atenas Editar o valor em Wikidata
Educacion Escola peripatetica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Botanica Editar o valor em Wikidata
Ocupacion botanico , filosofo , fisico , escritor Editar o valor em Wikidata
Periodo de tempo Periodo helenistico Editar o valor em Wikidata
Movemento Escola peripatetica Editar o valor em Wikidata
Profesores Aristoteles e Platon Editar o valor em Wikidata
Alumnos Estratao de Lampsaco (pt) Traducir, Bion de Boristenes , Camaleao (pt) Traducir, Neleu de Escepsis (pt) Traducir, Timagoras of Gela (en) Traducir, Praxiphanes (en) Traducir, Menandro , Demetrio de Falero e Metrocles de Maroneia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lingua Grego antigo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Abreviacion dun autor en botanica Theophr. Editar o valor em Wikidata

BNE: XX907112 Bitraga: 4461

Teofrasto (en grego : Θε?φραστο? , Theophrastos ), Ereso , nado en Lesbos ca. -371 e finado en Atenas ca. -287 a.C. [ 1 ] foi un filosofo da Antiga Grecia .

Marchou a Atenas a ainda mozo, e inicialmente estudou na Escola de Platon . Despois da morte deste relacionouse con Aristoteles . O seu nome real era Tirtamo , pero conecese polo alcume Teofrasto , que lle puxo Aristoteles ?segundo se di? para indicar a sinxeleza e beleza das suas disertacions. [ 2 ]

Aristoteles legou a Teofrasto os seus escritos, e designouno como seu sucesor no Liceo , do que foi director desde o -322 ao 288 a. C. Considerase a Teofrasto como o fundador da botanica en tanto que estudou as plantas en si mesmas, e non polas suas utilidades. E foi reputado como naturalista , ou ainda como alquimista . Segundo o quimico aleman Lippmann, o medico e matematico grego do seculo V a. C. Hipocrates e Teofrasto foron os primeiros en describir a tecnica do bano maria . [ 3 ]

Teofrasto presidiu a escola peripatetica durante 36 anos, nos que a escola floreceu grandemente. Tras a sua morte, os atenienses honrarono cun funeral publico.

Vida [ editar | editar a fonte ]

Busto de Teofrasto coa inscricion "Theophrastos Melanta Eresios" .

Despois de recibir a sua primeira introducion a filosofia en Lesbos por parte dun tal Leucipo ou Alcipo, foi a Atenas onde foi un membro do circulo platonico. Despois da morte de Platon , vinculouse con Aristoteles e con toda probabilidade o acompanou a Estaxira .

A intima amizade de Teofrasto con Calistenes de Olinto , o alumno e companeiro de Alexandre Magno , a mencion feita no seu testamento duna terra da sua propiedade en Estaxira e os repetidos apuntamentos da cidade e dos seus museos na Historia das Plantas son feitos que conducen a esta conclusion.

Aristoteles nomeouno no seu testamento como titor dos seus fillos, legandolle a sua biblioteca e os orixinais dos seus traballos, e designandoo como o seu sucesor no Liceo coa sua propia separacion a Calcis . Eudemo de Rodas tamen fai alusions a esta situacion e dise que Aristoxeno estaba resentido por esta decision de Aristoteles.

Teofrasto presidiu a escola peripatetica durante trinta e cinco anos e morreu en ca. 287 a. C. Baixo a sua direccion, a escola floreceu admirablemente ?houbo un tempo no que tina mais de 2.000 estudantes? e a sua morte legoulle a sua casa con xardin e columnatas como lugar permanente de ensino.

Menandro estivo entre os seus alumnos. A sua popularidade puxose de manifesto no respecto que lle profesaban Filipo , Casandro e Ptolemeo e pola desestimacion total dun cargo de irrelixiosidade interposto contra el.

Foi honrado cun funeral publico, e "a totalidade da poboacion de Atenas honrouno grandemente, seguindo o cortexo funebre ate a tumba", segundo relata Dioxenes Laercio .

Obra [ editar | editar a fonte ]

Historia plantarum , 1549

Nas listaxes dos antigos se estenden as suas actividades en todos os campos do conecemento do seu tempo. Os seus escritos difiren probabelmente pouco do tratamento aristotelico dos mesmos temas, ainda que con detalles suplementarios.

Influiu no seu tempo como un gran divulgador da ciencia . O mais importante dos seus escritos son dous voluminosos tratados botanicos:

Capa dunha edicion latina ilustrada, de 1644, da Historia das plantas ( De Historia Plantarum ), de Teofrasto.
  • De Historia Plantarum ( Historia das plantas ), en nove libros (orixinalmente dez).
  • De Causis Plantarum ( Sobre as causas das plantas ), en seis libros (orixinalmente oito).

Estes tratados constituen a mais importante contribucion a ciencia botanica de toda a antiguidade ate o Renacemento .

Tamen chegaron a nos fragmentos doutra parte da sua obra, como unha Historia da fisica , un tratado Sobre as pedras , un traballo Sobre as sensacions ( De sensibus ) e un sobre metafisica Airoptai , que probabelmente formou parte dun tratado sistematico. Alguns fragmentos cientificos mais pequenos recompilaronse nas edicions de J. G. Schneider ( 1818 - 21 ) e F. Wimmer ( 1842 - 62 ) e na de peto Analecta Theophrastea .

A obra Caracteres, traducida ao galego por Iria Pedreira e publicada en 2017 por Rinoceronte Editora , [ 4 ] merece unha mencion a parte. O traballo consiste nun breve, vigoroso e mordaz esbozo dos tipos morais, que conten unha invalorabel descricion da vida do seu tempo. Tratase, en definitiva, do primeiro intento escrito dunha sistematica de caracteres. O libro esta considerado por alguns especialistas como un traballo independente; outros, inclinanse por soster que son bosquexos que escribiu de tanto en vez e que foron recompilados e editados despois da sua morte; outros son da opinion de que Caracteres formaba parte dun traballo sistematico mais amplo, pero o estilo do libro contradi esta opinion.

Teofrasto tivo moitos imitadores desta maneira de escribir, notabelmente Hall ( 1608 ), Sir Thomas Overbury ( 1614 - 16 ), Bishop Earle ( 1628 ) e Jean de La Bruyere ( 1688 ), quen incluso traduciu Caracteres .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Tiziano Dorandi, capitulo 2: "Chronology", en Algra et al. (1999): The Cambridge History of Hellenistic Philosophy , paxs. 52-53. Cambridge: Cambrigdge Univ. Press.
  2. Das voces gregas θε?? , theos , 'deus', e φραστ?ρ , phraster , 'lustrador, iluminador').
  3. Edmund von Lippmann: "Zur Geschichte des Wasserbades", en Abhandlungen und Vortage zur Geschichte der Naturwissenschaft (2 Vols.) 1906-1913, pax. 62.
  4. "≪LA CONDICION HUMANA SIGUE HACIENDO GALA DE UNA GRAN IMPERICIA ETICA Y POR ESO ES PERTINENTE RECUPERAR A TEOFRASTO, TAMBIEN EN GALLEGO≫. Entrevista a Iria Pedreira Sanjurjo - Mundos antiguos digitales" (en castelan ) . 2021-07-25 . Consultado o 2023-04-07 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]