한국   대만   중국   일본 
Templo do Pobo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Templo do Pobo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Templo do Pobo , [ Compre referencia ] foi unha organizacion relixiosa fundada nos Estados Unidos no ano 1955 polo reverendo James Warren Jones (Jim Jones), baixo a denominacion de Igrexa Cristiana de Pentecostal , pero que en cuestion de anos cambiou as suas crenzas relixiosas para chegar a soster unha mestura de comunismo e cristianismo , cunha doutrina eclectica que integraba a oposicion ao racismo, a deificacion do seu lider, a organizacion dunha comunidade marxista autarquica e a efectiva prohibicion da apostasia dentro de dito culto.

O Templo do Pobo estaba afiliado coa denominacion protestante Discipulos de Cristo a cal se uniu Jim Jones en 1952 , ate que fundou a sua propia comunidade relixiosa no ano 1955 , usando a denominacion de Templo do Pobo na cidade de Indianapolis , Illinois , nos Estados Unidos onde Jones patrocinaba programas de beneficiencia en favor de pobres e xente sen fogar, ademais de abrir a sua congregacion a poboacion negra da cidade, rexeitando asi a segregacion racial imperante enton no pais. Cara a 1959 o Templo do Pobo comezou a requirirlle os seus adherentes que intensificasen os seus vinculos deixando asi de lado as relacions cos seus familiares alleos a congregacion, prohibindo que as festividades relixiosas fosen celebradas con persoas alleas a congregacion. Mentres tanto as ideas comunistas de Jones pasaron a ser o fundamento da orde relixiosa, ainda que os lideres do Templo do Pobo (incluido o propio Jim Jones) loitaron por evitar que a doutrina marxista da sua congregacion fose demasiado visible para os seus fieis.

En 1963 , o Templo do Pobo comezou a aceptar oficialmente a idea de crear unha comunidade agraria autosuficiente e illada do resto da sociedade, baseada no comunismo e convocando todos os seus crentes a unirse a este esforzo e sair da zona de Indianapolis. O punto elixido por Jim Jones para a nova sede da organizacion relixiosa foi a localidade de Ukiah en California , en 1965 , cando xa a metade da congregacion estaba formada por xente de raza negra. A partir desta data, rotas as relacions amigables e familiares dos fregueses, Jim Jones manifestou a ruptura coa Biblia cristia e denunciou os Estados Unidos e o capitalismo coma o anticristo , proclamando que tan so o comunismo era a doutrina que aseguraba a salvacion dos seguidores do Templo do Pobo.