한국   대만   중국   일본 
Tecido cartilaxinoso - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Tecido cartilaxinoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localizacion do tecido cartilaxinoso no corpo humano

O tecido cartilaxinoso e unha variante especializada do tecido conxuntivo , caracterizado por posuir unha matriz intercelular solida elastica, constituida por fibras de colaxeno , grazas as que adquire certa rixidez. Non esta vascularizado nin posue innervacion . Nos mamiferos constitue a maior parte do esqueleto fetal e, no estado adulto, permanece en certos organos e nas superficies articulares . As pezas constituidas por tecido cartilaxinoso denominanse cartilaxes .

O elemento condr- , de orixe grega , chondros , forma parte de termos tecnicos relativos as cartilaxes ( condrite , inflamacion ; condroma , tumor; condrectormia , extirpacion). Por veces adopta a forma condro- ( condrodistrofia , raquitismo fetal; condromalacia , rebrandecemento patoloxico).

O tecido cartilaxinoso cumpre a funcion de protexer e dar estrutura a certos organos (como a larinxe ou a traquea ) ou reducen o rozamento entre as superficies articulares e amortece os traumatismos sobre estas. Noutros casos dan forma a certas estruturas, coma o nariz ou o pavillon auricular.

Estrutura [ editar | editar a fonte ]

As celulas cartilaxinosas denominanse condrocitos e condroblastos , e ocupan os espazos ou lagoas abertas dentro da matriz de colaxeno, que poden conter unha ou mais celulas. Como a cartilaxe non posue vasos sanguineos, a nutricion destas celulas producese por difusion desde os vasos capilares que irrigan o pericondrio (a membrana fibrosa que cobre a superficie das cartilaxes).

O colaxeno e unha proteina animal con funcion estrutural. Esta proteina e rica nalguns aminoacidos , coma a glicina , a alanina , a prolina ou a hidroxiprolina , pero non conten outros, coma o triptofano . Outra proteina presente no tecido cartilaxinoso e a condrina .

Tipos de tecido cartilaxinoso [ editar | editar a fonte ]

Articulacion sinovial cun menisco

Existen tres variedades de tecido cartilaxinoso segundo o seu contido en fibras e as caracteristicas destas:

  • Hialino: de aspecto abrancazado ou azulento. Presenta pericondrio e os condrocitos reunidos en grupos. O colaxeno e de tipo II. E o mais abundante e atopase na larinxe , na traquea , nos bronquios , nas costelas ou nos extremos articulares dos osos longos .
  • Elastico: mais elastico e flexible co hialino, e de cor amarelenta. Posue fibras de colaxeno tipo II e pericondrio. Esta presenta na epiglote , na larinxe, nas paredes do conduto auditivo externo e na trompa de Falopio .
  • Fibroso (ou fibrocartilaxe): unha forma de transicion entre o tecido conxuntivo denso e o tecido cartilaxinoso hialino, con fibras de colaxeno tipo I. Esta presente nos discos intervertebrais , bordos das articulacions, meniscos, puntos de insercion de ligamentos e tendons ou na sinfise da pube . Carece de pericondrio.

Algunhas pezas cartilaxinosas reconecense cun nome propio:

Na linguaxe popular, as cartilaxes denominanse cadrelo , oso maimino ou oso molar [ 1 ] . Estas ultimas formas, xunto coa de oso rilladeiro , designan tamen as pezas cartilaxinosas que poden acompana-la carne, entendida como comida.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Coas variantes mamino , memo e mol .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • SANTAMARINA, Anton (ed. e dir.): Diccionario de diccionarios . Fundacion Pedro Barrie de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.
  • VARIOS: Diccionario galego de termos medicos . Conselleria de Educacion e Ordenacion Universitaria, Santiago de Compostela, 2002.