한국   대만   중국   일본 
Tahiti - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Tahiti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tahiti
vista da illa
Localización
Localizacion
Situacion
Pais Francia
Colectividade de ultramar Polinesia Francesa
Arquipelago Illas da Sociedade
Mar Oceano Pacifico
Coordenadas 17°40′S 149°30′O  /  -17.667, -149.500 Coordenadas : 17°40′S 149°30′O  /  -17.667, -149.500
Xeografia
Superficie 1.042 km²
Longura maxima 61 km.
Largura maxima 29 km.
Punto mais alto 2.241 m. Monte Orohena
Demografia
Capital Pape'ete
Poboacion 183.645 [ 1 ] (2012)
Densidade 176´24 hab./km²

Tahiti [ 2 ] (historicamente chamada Otaheite e antigamente, en Espana, conecida como a Illa de Manuel de Amat e Junyent ), e a illa maior da Polinesia Francesa , un territorio de ultramar frances localizada nas Illas da Sociedade , ao sur do oceano Pacifico . A sua capital e Papeete , situada na costa noroeste da illa, e consiste principalmente en duas porcions de terra conectadas polo istmo de Taravao : Tahiti Nui ou Gran Tahiti, situada ao noroeste, e Tahiti Iti ou Pequena Tahiti, situada ao sueste. No total, o territorio comprende uns 1.042 km² e o seu punto mais alto e o Monte Orohena , culmina a 2.241 m sobre o nivel do mar. O clima e quente e humido.

En 2012 a illa tina 183.645 habitantes, os cales se dedican principalmente a industria do turismo. A lingua oficial e frances .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Estimase que Tahiti foi ocupada por polinesios entre os seculos IV e IX , provenientes de Tonga e Samoa , ainda que alguns historiadores cren que o establecemento foi anterior. A fertilidade dos chans e os recursos marinos proveron alimentacion a poboacion.

Ainda que a illa foi avistada por primeira vez por un navio espanol en 1606 , Espana non fixo esforzo ningun por comercializar ou colonizar a illa. Samuel Wallis , un capitan ingles, chegou a Tahiti o 18 de xuno de 1767 , e e considerado como o primeiro europeo en visitar a illa. A natureza relaxada dos habitantes tahitianos e a caracterizacion do lugar como un paraiso impresionou enormemente aos primeiros visitantes europeos, dando pe para a romantizacion da imaxe de Tahiti, que prevalece mundialmente ata os nosos dias.

Wallis foi sucedido en 1768 polo explorador frances Louis Antoine de Bougainville , quen completou a primeira circunvalacion francesa por mar. Bouganville deu fama a Tahiti en Europa cando publicou a bitacora da sua viaxe en Voyage autour du Monde (en galego , "Viaxe ao redor do Mundo"). Ai describiu a illa como un paraiso terreal onde os homes e as mulleres vivian felizmente en inocencia, afastados da corrupcion da civilizacion. Isto ilustrou poderosamente o concepto do bo salvaxe , e ademais influiu nos pensamentos utopicos de filosofos como Jean-Jacques Rousseau antes da Revolucion Francesa .

En 1774 , o Capitan James Cook visitou a illa, estimando a poboacion nuns 200.000 habitantes. Esta cifra e probablemente moi alta; outra estimacion para a mesma epoca foi de 121.500 habitantes soamente. Tras a visita de Cook, varios barcos europeos atracaron frecuentemente na illa. O mais conecido deles foi o " HMS Bounty ", cuxa tripulacion se amotinou brevemente logo de abandonar Tahiti en 1789 . A influencia occidental provocou importantes trastornos a sociedade tradicional insular, traendo prostitucion , enfermidades venereas e alcoholismo . Entre as enfermidades introducidas figuraron o tifo e vexigas , que ocasionaron a morte de moitisimos tahitianos en 1797 , cando a poboacion era de so preto de 16.000 persoas. Posteriormente este numero diminuiria ainda mais, por baixo dos 6.000 habitantes.

Petit-Thouars arribando a Tahiti o 9 de setembro de 1842.

En 1842 , o almirante Abel Aubert du Petit-Thouars , actuando independentemente do goberno frances, foi capaz de convencer a raina de Tahiti Pomare IV de aceptar o protectorado de Francia . George Pritchard, un misionario anglicano e consul britanico, atopabase lonxe no momento do acordo. Con todo, regresou a traballar na evanxelizacion dos tahitianos, incentivando o desprezo polo catolicismo. En 1843 , Petit-Thouars (de novo actuando a modo persoal) enviou marineiros a illa, anexandoa formalmente a Francia. Logo mandou a Pritchard a prision, para posteriormente devolvelo severamente a Gran Bretana. As noticias destes sucesos chegaron a Europa no inicio de 1844 . O estadista frances Francois Guizot , apoiado polo rei Lois Filipe I de Francia , denunciou con vehemencia a anexion da illa. Poren, a guerra entre Francia e os tahitianos continuou ata 1847 . A illa permaneceu baixo o protectorado frances ata o 29 de xuno de 1880 , cando o rei Pomare V ( 1842 - 1891 ) foi forzado a ceder a soberania de Tahiti e as suas dependencias a Francia. En 1946 , a illa, xunto a toda a Polinesia Francesa, converteuse nun territorio de ultramar. En 2003 , este status foi cambiado polo de colectividade de ultramar .

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Mapa da Polinesia Francesa

De 45 km de longo entre os seus puntos extremos, ten aproximadamente 1.045 km², dos cales so 150 estan habitados e explotados. O pico mais alto, e o Monte Orohena , de 2.241 m. Atopase aproximadamente nos 17 graos de latitude sur e 150 graos oeste. A sua capital, Papeete , esta situada na costa noroeste. A illa componse de duas partes mais ou menos redondas centradas nas montanas volcanicas, conectadas por un brazo curto da terra, o istmo de Taravao . A maior delas na parte noroeste e a chamada Tahiti Nui (Gran Tahiti) e a outra no sueste Tahiti Iti (Pequeno Tahiti) ou Taiarapu. Tahiti Nui esta densamente poboada ao redor da costa (especialmente ao redor de Papeete) cos beneficios das estradas e autoestradas. O interior de Tahiti Nui esta case deshabitado. Tahiti Iti mantivose illado, a sua metade sueste (Te Pari) e accesible so por barco. Un camino serpea ao redor da illa principal entre as montanas e o mar e unha estrada interior sobe as granxas leiteiras e plantacions de citricos, con vistas panoramicas. Tahiti ten moitas correntes rapidas, incluindo Papenoo no norte. Tahiti ten exuberantes selvas.

Tahiti e a illa mais poboada da Polinesia francesa , co 70% da poboacion total. A poboacion da Polinesia francesa era de 260.338 persoas en 2007 . A area urbana da capital, Papeete , ten 128.000 habitantes. O idioma oficial e o frances .

A 15 km ao oeste de Tahiti, atopase a illa irma de Moorea , que se pode ver perfectamente desde o oeste de Tahiti Nui. Moitos traballadores viven en Moorea e van traballar a Tahiti en transbordador todas as manas.

De novembro a abril e a tempada de choivas, o mes mais chuvioso e xaneiro, con 335 mm. en Papeete. Agosto e o mais seco, con 48 mm.. A temperatura media mais baixa e de 21 °C e a media mais alta alta e de 31 °C, con pouca variacion estacional. A temperatura mais baixa en Papeete foi de 16 °C e a mais alta de 34 °C.

Localidades Tahitianas [ editar | editar a fonte ]

Mapa de Tahiti e Moorea
Mapa de Tahiti e Moorea

As actuais comunas de Tahiti son:

Dividense do seguinte xeito:


Tahiti na actualidade [ editar | editar a fonte ]

Os tahitianos son cidadans franceses con completo acceso a dereitos civis e politicos. Tanto a lingua tahitiana como o frances son usados polos habitantes da illa. Tahiti fai parte da Polinesia Francesa ( Polynesie Francaise ), cuxo status e o dun territorio semiautonomo de Francia, coa sua propia Asemblea, Presidente, orzamento e leis. A influencia da metropole limitase a prover subsidios, educacion e seguridade. O actual Presidente da Polinesia Francesa , Oscar Temaru , e partidario da total independencia de Francia, con todo so cerca do 20% da poboacion esta a favor de devandita idea.

Panoramica cara ao Leste de Papeete

Durante unha conferencia de prensa en xuno de 2006 , no marco da segunda Reunion Francia-Oceania, o presidente Jacques Chirac dixo que non cria que a maioria dos tahitianos quixesen a independencia. Remitiuse a afirmar que manteria a porta aberta para un posible referendo no futuro.

As eleccions para a Asemblea da Polinesia Francesa efectuaronse o 23 de maio de 2004 . Nun resultado sorpresivo, a coalicion progresista independentista de Oscar Temaru formou goberno cunha maioria dun so escano no parlamento (obtivo 29 escanos contra 28 do Partido Conservador encabezado por Gaston Floose). En outubro dese ano, este partido presentou unha mocion de censura contra o goberno, provocando unha crise politica. Un punto maior de controversia e se o goberno nacional frances poderia ou non usar o seu poder excepcional de chamar a eleccions anticipadas para un novo goberno local, en caso dunha grave crise politica.

Cultura e economia [ editar | editar a fonte ]

Festival Cultural anual de Heiva, en Papeete

O pintor frances Paul Gauguin viviu en Tahiti nos anos 1890 , plasmando nas suas obras varias paisaxes tahitianas. Hoxe, a vila de Papeari ten un pequeno museo con obras de Gauguin. Tahiti posue unha universidade, a Universite da Polynesie Francaise . Con todo o turismo e a actividade mais importante, sobre todo nas illas de Bora Bora e Moorea . Cada mes de xullo, o Festival de Heiva en Papeete celebra a cultura polinesica e a conmemoracion da toma da Bastilla en Francia.

O cultivo de perlas negras e tamen unha fonte substancial de ingresos. A maioria das perlas son exportadas para o Xapon , Europa e os Estados Unidos .

Recentemente, xurdiu unha forte presion por revivir o modo de vida mais tradicional de outrora e por redescubrir os costumes culturais. Os instrumentos musicais tradicionais incluen o pahu , os toere ( tambores ) e o vivo (especie de frauta nasal). As guitarras e ukeleles foron introducidos polos europeos, pero incorporaronse ao folclore local, que ten bastante similitude coa musica popular de Hawai , debido a que se trata de duas culturas moi emparentadas no idioma e nos costumes. A indumentaria tipica para bailar ( tamure ) volveu aparecer na vida dos polinesios, pero, lamentablemente, a arte de facer tapa (papel de cortiza e roupa), practicado en todo o Pacifico, xa case non se utiliza.

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Population des communes de Polynesie francaise" . INSEE . Consultado o 13 de outubro de 2013 .  
  2. Lopez Martinez , Maria Cruz (2005). Gran dicionario seculo 21 da lingua galega . Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN   9788482893419 .