한국   대만   중국   일본 
Sunrise: A Song of Two Humans - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Sunrise: A Song of Two Humans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sunrise: A Song of Two Humans
Poster do filme.
Ficha tecnica
Titulo orixinal Sunrise: A Song of Two Humans
Director F. W. Murnau
Produtor William Fox
Guion Carl Mayer
Baseado en "Die Reise nach Tilsit" de Hermann Sudermann
Interpretes George O'Brien
Janet Gaynor
Margaret Livingston
Musica Hugo Riesenfeld
Erno Rapee
Fotografia Charles Rosher
Karl Struss
Montaxe Harold D. Schuster
Estudio William Fox Studio
Distribuidora Fox Film Corporation
Estrea 23 de setembro de 1927
Duracion 95 minutos
Orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Xenero Drama e romance
Na rede
IMDB: tt0018455 Filmaffinity: 357856 Allocine: 115 Rottentomatoes: m/sunrise Allmovie: v47698 TCM: 326478 Metacritic: movie/sunrise-1927 Netlix: 60011651Editar o valor em Wikidata

Sunrise: A Song of Two Humans (tamen conecido como Sunrise ) e un filme estadounidense de 1927 dirixido polo aleman F. W. Murnau e protagonizado por George O'Brien , Janet Gaynor e Margaret Livingston . A historia foi adaptada por Carl Mayer a partir dunha historia curta, "Die Reise nach Tilsit", de Hermann Sudermann . [ 1 ] [ 2 ] Murnau optou por empregar o daquela novo sistema de son Movietone , facendo de Sunrise: A Song of Two Humans unha das primeiras longametraxes cunha banda sonora e efectos sonoros sincronizados. O filme inclue a composicion de Charles Gounod de 1872 Marche funebre d'une marionnette .

Obtivo tres Oscar na primeira edicion dos premios en 1928 . [ 3 ] Pertence a era muda do cinema. En 1989 , o filme foi considerado ≪cultural, historica e esteticamente significativo≫ pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e escollido para a sua preservacion no National Film Registry . [ 4 ]

Na enquisa de 2012 realizada por Sight and Sound do British Film Institute , criticos de cinema votarono como o quinto mellor filme. [ 5 ]

Sinopse [ editar | editar a fonte ]

Unha familia rural, formada por un matrimonio cun neno de pouca idade, ve transformada a sua vida coa chegada a aldea en que viven dunha sofisticada muller de cidade que vai pasar as vacacions. O campesino namorase dela e obsesionase tanto que descoida os seus labores e a sua familia, gasta dineiro, arruina a granxa e a xente comeza a darse de conta. Con todo, o peor ven cando a muller lle pide que se desfaga da sua dona para poder marchar con ela a cidade. O home decide planear todo para cumprir os plans da sua amante, simulando un accidente coa barca no medio do lago no que afogara a sua esposa.

Cando chega o momento do asasinato non e quen de facelo e leva a barca a beira do lago. A sua muller, horrorizada, foxe e el seguea ata a cidade implorando o seu perdon. Entran nunha igrexa en que se esta a celebrar unha voda e renovan os seus votos matrimoniais. Ela perdonao e pasan o dia na cidade como se acabasen de casar. Pola noite volven a casa atravesando o lago cando se inicia unha terrible tormenta e o home, pensando so na salvacion da sua esposa, atalle uns feixes de xuncos a cintura, pensados orixinariamente para salvarse el no seu esquecido plan criminal, antes de que a barca afunda.

Elenco [ editar | editar a fonte ]

Estilo [ editar | editar a fonte ]

Sunrise foi dirixida por F. W. Murnau , director aleman que fora unha das principais figuras do expresionismo aleman , estilo que emprega desenos distorsionados para efectos simbolicos. Murnau foi invitado por William Fox para realizar un filme expresionista en Hollywood. O filme resultante inclue escenarios estilizados que crean un mundo esaxerado de conto de fadas; so a construcion das ruas da cidade custaron mais de 200 000 dolares e foi empregado despois en moitas producions da Fox, como Four Sons , de John Ford (1928). [ 6 ] Gran parte da rodaxe de exteriores tivo lugar en Lake Arrowhead, California .

Chea de innovacions cinematicas, a innovadora fotografia (de Charles Rosher e Karl Struss ) foi loada particularmente polos travellings . Os intertitulos aparecen moderadamente, con longas secuencias de accion pura e o groso da historia contada co estilo de Murnau. O extenso uso da perspectiva forzada e sorprendente, especialmente nas escenas da cidade, con xente de estatura media e decorados de tamano normal en primeiro plano e figuras mais baixas en escenarios mais pequenos no fondo.

As personaxes non tenen nome, proporcionandolles unha universalidade simbolica. [ 7 ] Veit Harlan comparouno co remake aleman Die Reise nach Tilsit (1939), indicando que o simbolismo de Sunrise convertiao nun poema, mentres que o realista Die Reise nach Tilsit era un filme. [ 8 ]

Premios [ editar | editar a fonte ]

Sunrise ganou o premio Oscar a Pelicula Singular e Artistica na 1ª edicion dos Oscar en 1929. [ 9 ] Janet Gaynor ganou o primeiro Oscar a mellor actriz pola sua interpretacion no filme, ademais das suas actuacions no filme de 1927 7th Heaven e no de 1928 Street Angel ). [ 10 ] Charles Rosher e Karl Struss ganaron tamen o Oscar a mellor fotografia .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "The Screen" , Mordaunt Hall, The New York Times , 24 de setembro de 1927.
  2. "New Pictures: Oct. 3, 1927" Arquivado 17 de febreiro de 2012 en Wayback Machine ., Time , 3 de outubro de 1927
  3. "NY Times: Sunrise: A Song of Two Humans" . The New York Times .  
  4. "U.S. National Film Registry Titles" . U.S. National Film Registry (en ingles) . Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007 . Consultado o 18 de xuno de 2009 .  
  5. "Sight & Sound Revises Best-Films-Ever Lists" . studiodaily . 1 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2021 . Consultado o 1 de agosto de 2012 .  
  6. Gallagher, Tag John Ford: The Man and his Films (University of California Press, 1986), p.55
  7. Molly Haskell , From Reverence to Rape: The Treatment of Women in the Movies pax. 46 ISBN 0-03-007606-4
  8. Cinzia Romani, Tainted Goddesses: Female Film Stars of the Third Reich p86 ISBN 0-9627613-1-1
  9. Este premio, outorgado so na primeira edicion era no momento tan prestixioso como o de filme destacado , pero a Academia decidiu que o honor mais alto fose a Wings , ganadora nesta ultima categoria.
  10. Bird, David (15 de setembro de 1984). "Janet Gaynor Is Dead At 77; First 'Best Actress' Winner" . nytimes.com . Consultado o 30 de marzo de 2015 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]