한국   대만   중국   일본 
Stonehaven - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Stonehaven

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaStonehaven
Imaxe

Localizacion
Mapa
  56°58′N 2°13′O  /  56.96, -2.21 Coordenadas : 56°58′N 2°13′O  /  56.96, -2.21
Estado Reino Unido
Pais Escocia
Concello Aberdeenshire (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Poboacion 11.170 (2016) Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Banado por Cowie Water (en) Traducir e Stonehaven Bay (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Paxina web stonehavenguide.net Editar o valor em Wikidata

Stonehaven ( Steenhive no dialecto dorico do escoces e Cala na Creige en gaelico ), e unha pequena vila costeira do nordeste de Escocia , na area municipal de Aberdeenshire . Tina 9.577 habitantes no censo de 2001. A cidade mais proxima e Aberdeen , a uns 25 km ao norte.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Stonehaven tivo poboamento prehistorico como o demostran os achados do Castelo de Fetteresso e a ceramica neolitica atopada nas escavacions da area de Spurryhillock. A aldea debeu de ser unha vila de pescadores na Idade de Ferro , pero debeu de medrar ao abeiro da estrada de Causey Mounth , que xunguia os poboados medievais ao sur de Aberdeen. Este camino antigo conectaba Bridge of Dee co Castelo de Cowie pasando por Portlethen Moss e polo medio de Stonehaven.

Esta foi a ruta que fixo precisamente o exercito dos 9.000 Aliados , guiados polo duque de Mariscal e marques de Montrose , para combateren na primeira das batallas da Guerra Civil Escocesa , en 1639 . Os aliados perderon e foron presos no Castelo de Dunottar , onde moitos deles morreron. Outros castelos proximos son o de Fetteresso e o de Muchalls , que na actualidade pertencen a familias privadas e non estan abertos o publico. A unica estrutura antiga que queda na vila de Stonehaven e o posto de peaxe , proximo ao porto, que logo foi usado como prision e que agora funciona como museo.

Stonehaven foi a capital do antigo condado de Kincardineshire .

Economia [ editar | editar a fonte ]

As principais fontes de recursos economicos de Stonehaven son a pesca e o turismo , co castelo de Dunnottar como grande atraccion. Durante os ultimos tempos, o boom do petroleo no Mar do Norte fixo que aumentase tamen a poboacion de Stonehaven como residencia tranquila da proxima Aberdeen.

Vida e cultura [ editar | editar a fonte ]

A vila ten unha grande praia ao Mar do Norte nunha costa chea de cantis, cons, enseadas e pequenas pozas de mar. Na metade da praia, separandoa en dous anacos, abrese o porto de Stonehaven, con dous peiraos, que serve de entrada a parte mais antiga e concorrida da cidade. Ao parecer, un dos avos do escritor Robert Louis Stevenson participou no deseno do porto moderno.

Unha das suas peculiaridades son as duas piscinas ao aire libre, unha moderna e outra de 1934 , construida en estilo modernista, e que funciona con auga quente mesturando a traida con auga marina depurada.

As duas festas principais de Stonehaven son a noite de fin de ano , cun desfile de bolas de lume que reune milleiros de persoas, e os Xogos da Terra Alta , que se celebran todos os meses de xullo. Os participantes tenen que vestir o traxe tradicional escoces e defrontar probas coma o martelo, o levantamento de pedras ou o guindamento de troncos.

Tamen tenen o seu festival folk , a sua feira tradicional (o primeiro sabado de xuno) e unha carreira de coches clasicos en honra do inventor do pneumatico.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]