한국   대만   중국   일본 
Sputnik 2 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Sputnik 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sputnik 2
Tipo Tecnoloxico / cientifico
Organizacion OKB 1
Destino actual Reentrado na atmosfera. [ 1 ]
Data de lanzamento 3 de novembro de 1957, 2:30 GMT [ 1 ] [ 2 ] [ 3 ] [ 4 ]
Foguete portador Sputnik 8K71PS [ 3 ] [ 5 ]
Sitio de lanzamento Cosmodromo de Baikonur [ 3 ] [ 6 ]
Duracion da mision 162 dias [ 6 ]
Obxectivo da mision Segundo satelite artificial , primeiro ser vivo en orbita. [ 3 ] [ 6 ]
Decaemento 14 de abril de 1958 [ 1 ]
NSSDC ID 1957-002A
Masa 508,3 kg [ 3 ]
Dimensions Cono de 4 m de altura e diametro de 2 m na base [ 5 ]

O Sputnik 2 foi a segunda nave espacial posta en orbita o redor da Terra, as 19:12h do 3 de novembro de 1957 , sendo a primeira nave en orbita en transportar un ser vivo. Era unha capsula conica de 4 metros de alto cunha base de 2 metros de diametro. Contina varios compartimentos destinados a aloxar transmisores de radio, un sistema de telemetria , unha unidade programabel, un sistema de control de rexeneracion e temperatura en cabina e instrumental cientifico. Nunha cabina selada e separada do resto viaxaba a cadela Laika .

Os datos bioloxicos e de enxeneria transmitianse mediante o sistema telemetrico Tral_D, que podia enviar datos a Terra durante 15 minutos por cada orbita. A bordo habia dous espectrometros destinados a medir a radiacion solar (emisions ultravioleta , raios X ) e raios cosmicos ). O Sputnik 2 non levaba camara de television.

Perfil da mision [ editar | editar a fonte ]

O Sputnik 2, mediante un R-7 ICMB practicamente similar o empregado para o Sputnik 1 , foi posto nunha orbita a 212 x 1660 km cun periodo de 103,7 minutos. Tras acadar a sua orbita, o nariz do cono foi expulsado, pero o nucleo do bloque A non se separou como estaba previsto. Isto inhibiu o funcionamento do sistema de control de temperatura. Ademais, algunhas das placas termoillantes se desprenderon, co que a temperatura interior alcanzou os 40 °C. Crese que Laika so sobreviviu unhas poucas horas, en troques dos dez dias previstos inicialmente, a causa da calor. A orbita do Sputnik 2 decaeu e reingresou a atmosfera o 14 de abril de 1958 , tras 162 dias en orbita.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "SPUTNIK 2" (en ingles) . Consultado o 11 de decembro de 2017 .  
  2. "Letter dated 24 March 1962 from the Acting Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Acting Secretary-General" (PDF) (62-0623). 24 de marzo de 1962: 4 . Consultado o 11 de decembro de 2017 .  
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 NASA (21 de marzo de 2017). "Sputnik 2" (en ingles) . Consultado o 11 de decembro de 2017 .  
  4. Claude Lafleur (2010). "Sputnik 2 / PS 2" (en ingles) . Consultado o 11 de decembro de 2017 .  
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Sputnik 2 (PS-2 #1)" (en ingles) . Consultado o 11 de decembro de 2017 .  
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "Sputnik 2" (en ingles) . Consultado o 11 de decembro de 2017 .