한국   대만   중국   일본 
Silverio, papa - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Silverio, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Silverio ≫)
Infotaula de personaSilverio, papa

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 477 Editar o valor em Wikidata
Frosinone (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte 20 de xuno de 537 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Ponza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
58º Papa
10 de xuno de 536 ? marzo de 537 (Gregoriano)
←  Agapito I ? Vixilio  → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Relixion Igrexa catolica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupacion sacerdote catolico Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosa Orde de San Bieito Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Dia de festividade relixiosa 20 de xuno Editar o valor em Wikidata
Familia
Pais Hormisdas Editar o valor em Wikidata  e  wife of Hormisdas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

BNE: XX5279267 WikiTree: Frusino-1

Silverio , nado en Frosinone e finado en Palmarola o 11 de novembro de 537 , foi o papa numero 58 da Igrexa catolica de 536 a 537.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Fillo lexitimo do papa Hormisdas que estivera casado antes de ser ordenado sacerdote, Silverio era subdiacono en Roma cando o papa Agapito I faleceu mentres se atopaba en Constantinopla . Elixido Papa co apoio do rei ostrogodo Teodato , encontrouse co rexeitamento do emperador bizantino Xustiniano I quen, influenciado pola sua esposa Teodora, queria sentar no trono de San Pedro a Vixilio mais proximo as ideas monofisitas da emperatriz e que se encontraba nese momento en Constantinopla. Vixilio dirixiuse a Roma , sen conecer a eleccion de Silverio, portando cartas para o xeneral bizantino Belisario nas que se lle ordenaba que apoiase a sua eleccion como papa. Belisario dirixiuse a Roma a fronte do seu exercito e a cidade, tras expulsar os godos , abriulle, o 9 de decembro de 536 , as suas portas sen loita temendo un saqueo como o que sufrira Napoles as mans dos bizantinos . O rei Vitixes , que sucedera a Teodato , asediou enton a cidade de Roma deixando illado a Belisario no seu interior. Non obstante o feito de que non intentasen o asalto da cidade serviu de base para acusar a Silverio de estar a planear cos godos a rendicion da cidade facilitandolles a entrada. Esta acusacion serviu de escusa a Teodora para lograr o seu obxectivo de sentar a Vixilio na sede papal, xa que provocou o arresto de Silverio que foi despoxado das vestiduras pontificais en marzo de 537 e enviado ao exilio na cidade de Patara na actual Turquia . O bispo de Patara intercedeu a favor de Silverio ante o emperador Xustiniano e logrou que este anulase o desterro e lle permitise regresar a Italia para que intentase demostrar a falsidade da acusacion de traizon. Unha vez en Italia, foi non obstante recluido, por orde de Teodora, na illa de Palmarola onde faleceu o 11 de novembro de 537 .

Posteriormente foi beatificado e santificado, sendo patron da illa de Ponza , en Italia.


Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre Papas e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.